AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE TELEFONÍA E BANDA ANCHA Imprimir
Noticias
Luns, 13 Xuño 2011 13:53

A partir desta data quedan abertas as seguintes torres que darán servizo a distintas zonas do Concello de Trabada:

Trabada:    O Picato
                 Monte-Sante
Vegadeo:   Grandameá (Abres)
Ribadeo:    Mondigo
Pontenova: Pontenova 1

Estas novas instalacións darán cobertura de telefonía e internet de banda ancha ás zonas de Ría de Abres, Sante, Valboa, Vilaformán e outras.

Os interesados, sexan particulares ou empresas, poden chamar xa aos seguintes números para pedir información dos produtos, prezos, cobertura e calquera dúbida que queiran plantexar:
Información comercial e instalacións: 661 712 722
Atención ao cliente: 900 850 808

Ademais poden ofrecer outros servizos coma centralitas, cámaras de videovixiancia, videoconferencia, etc.