| Martes, 01 Setembro 2015 08:44 | 
| O venres, 4 de setembro ás 20h teremos o I Encontro coescritor Gonzalo Moure Trénor na Biblioteca Municipal de Trabada.
 Gonzalo Moure Trénor, é un escritor dedicado á literatura xuvenil,
 campo no que gañou premios tan importantes como o Gran Angular,
 o Ala Delta, o Primavera ou o Barco de Vapor, entre outros.
 Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou
 como periodista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida
 pola atención que presta a problemas de tipo social e tamén
 á relación entre pais e adolescentes. Actualmente vive en Asturias,
 indo a bibliotecas, institutos e colexios para dar charlas sobre os seus libros.
 Cabe constatar tamén a gran labor de cooperación que realiza,
 dando a coñecer ós xóvenes a situación do Sáhara Occidental,
 así como a través del Bubisher, un bibliobús que no seu primeiro
 ano de vida visitou todas as aulas dos campamentos!
 Esperámosvos!
    
 |