FICHA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO URBANO 2018 - TRABADA Imprimir
Luns, 04 Xuño 2018 10:06

FICHA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO URBANO 2018 - TRABADA

· DATOS DO/A USUARIO/A

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………….

Idade: …………. DNI: ………………………. Nº S.S.: ……………………….…….

Período de asistencia ao campamento (marcar aquel ou aqueles que sexan, sendo posibles tanto un período como todos):

o Todo o período.

o Última semana de xuño.

o Do 1 ao 15 de xullo.

o Do 15 ao 30 de xullo.

o Do 1 ao 15 de agosto.

o Do 15 ao 30 de agosto.

o Primeira semana de setembro.

Alerxias ou intolerancias de calquera tipo (medicamentos, alimentarias,…): ...................

…………………………………………………………………………………………….

Sabe nadar? SI NON Nivel: ALTO MEDIO BAIXO

· DATOS DO PAI/NAI OU TITOR LEGAL DO USUARIO:

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………….

Idade: …………. DNI: ……………………….

Teléfono de contacto (2):

……………………………………..

……………………………………..

Persoa autorizada para recoller ao/a menor no caso de que non sexa a mesma que a anterior:

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

DNI: ……………………….

· DECLARACIÓN XURADA.

D/Dª.___________________________________________________, provisto/a de N.I.F._____________

  • DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Que segundo o Libro de Familia, esta está formada polo número de persoas:_________, dos cales,_________ necesitan o servizo.

2. Que un/dous proxenitores están en situación de alta laboral ou participando en procesos formativos para a integración laboral. (Marque a correcta)

· ADMISIÓN

Os/as nenos/as serán admitidos de acordo ás bases da convocatoria e terán preferencia as familias que cumpran os seguintes requisitos:

Situación sociofamiliar e ocupacional:

1. Por ser familias cun fillo único: 2,5 puntos.

2. Por ser familias con dous fillos: 5 puntos.

3. Por ser familias que teñan a condición de familia numerosa: 10 puntos.

4. Pola situación de alta laboral dun proxenitor: 5 puntos.

5. Pola situación de alta laboral dos dous proxenitores: 10 puntos

En caso de empate, terán preferencia aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.

  • CONDICIÓNS:

O Concello de Trabada, responsable do desenvolvemento e da execución destas actividades, dispón do meu consentimento expreso, polo que poderán utilizar fotografías tomadas no transcurso da participación nestas actividades e facer uso delas nas súas respectivas tarefas de información e difusión.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Europeo de Protección de Datos comunicámoslle que os datos que vostede nos facilite quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros titularidade do Concello de Trabada co fin de poderlle prestar os nosos servizos, así como para manterlle informado sobre cuestións relativas ás actividades. O Concello de Trabada comprométese a tratar de forma confidencial os datos de carácter persoal facilitados e a non comunicar ou ceder devandita información a terceiros. Así mesmo informámoslle da posibilidade que ten de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal mediante escrito dirixido a Concello de Trabada, Calle do Concello 15, 27765 Trabada.

 

Firma