Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo, 24 Novembro 2024  
BIENVENIDA DE LA ALCALDESA PDF Imprimir
Xoves, 09 Novembro 2006 08:53

Benvidas e benvidos á páxina web do Concello de Trabada.

O Concello de Trabada quere ser un concello aberto, cercano ó día a día de todos os veciños e veciñas, e tamén moderno e eficaz, por eso os tres piares fundamentais do equipo de goberno que presido son a transparencia, a eficacia e a participación veciñal.

Trabada é un municipio da Mariña Oriental que ten moitas virtudes que a diferencian de outros concellos. A nosa riqueza paisaxística e natural. Unha ubicación privilexiada, con unha preciosa paisaxe de montaña e a apenas 15 minutos de algunhas das praias máis fermosas de todo o país. A súa potencial riqueza económica, con variadas fontes de recursos: a agricultura, a gandeiría, a industria forestal e unha potencialidade enorme para o turismo e o pequeno comercio.

O compromiso deste equipo de goberno para os próximos catro anos é que todos os veciños e veciñas sintan que o seu concello se preocupa por eles e que saiban que o noso único empeño é facilitarlles a vida e axudar a facer realidade os seus proxectos e expectativas logrando un pobo unido e solidario.

Desde aquí, mándovos un cordial saúdo.

A Alcaldesa.

Mayra García Bermúdez.

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada