Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo, 24 Novembro 2024  
LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA PDF Imprimir
Xoves, 09 Novembro 2006 09:57

Fotografía da área recreativa A Choza, en Ría de Abres
PROVINCIA: LUGO

COMARCA: A MARIÑA ORIENTAL

PARTIDO XUDICIAL: MONDOÑEDO

LÍMITES:

Norte: Barreiros e Ribadeo
Sur: A Pontenova e Asturias
Leste: Asturias
Oeste: Lourenzá e Riotorto


DISTANCIA Á CAPITAL PROVINCIAL: 75 Kilómetros.

SUPERFICIE: 82,7 Km.

De relevo accidentado, a superficie do termo municipal é unha continuidade de altos cumios que forman parte de serras como A Cadeira e profundos e fértiles vales, que decorren desde o alto de Cerrochán ( 776 metros) ata a Ría de Ribadeo en Ría de Abres (cota 0). Rega as súas terras o río Eo, xunto cos seus afluentes Trabada e Vilapena .

A nivel paisaxístico conta con lugares de grande beleza tanto nos entornos fluviais coma nos bosques, onde as fragas naturais conforman paraxes espectaculares.

O clima poderíase definir cunha característica: suavidade de temperaturas. A oscilación términa é mínima, co que os invernos son suaves e os veráns agradables debido, en grande medida, ás benignas influencias do mar.

A actividade económica xira en torno á agricultura, á gandeiría (na actualidade moi especializada no vacún de leite) e a un sector forestal cada día máis puxante.
A estrada N-640 comunica o municipio por carretera con Lugo e Ribadeo mediante un servicio regular de transporte de viaxeiros. A LU-132 cruza de Leste a Oeste o termo municipal, contribuíndo á súa total vertebración a intensa rede viaria provincial e municipal.

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada