Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo, 24 Novembro 2024  
HISTORIA E ARTE PDF Imprimir
Xoves, 09 Novembro 2006 10:08
Indexar artigo
HISTORIA E ARTE
Paxina 2
Paxina 3
Todas as páxinas

foto-7.jpg

 

Trabada, a antiga "Tabulata", menciónase no documento máis antigo existente en España. Nesa escritura, que se conserva no Arquivo da Catedral de León e leva data de 23 de agosto do ano 775, o Rei Silo fai doazón de terreos de dominio real, situados entre os ríos Eo e Masma, para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro.

A doazón, firme e irrevocable a un grupo de frailes e servos de Deus, foi feita, di o Rei, por medio de "nuestro fiel abad Sperautano , para que oreis por mi alma en la iglesia que allí se edificare". Nesas terras constituíuse un mosteiro que foi coñecido co nome de San Martín de Esperautano e do cal non quedan vestixios coñecidos.


Dentro do patrimonio histórico cabe destacar os castros de Trabada, Sante e Vidal, así como, diversas mámoas espalladas polo termo municipal, a día de hoxe sen escavar que testemuñan un pasado prerromano.

O "menhir" do Marco da Pena Verde aparece citado no Diploma do Rei Silo. Como confluencia de camiños representa o vestixio arqueolóxico máis coñecido.

Antigas linaxes do país - Rochas, Pardos, Montenegros, Aguiares, Aenlles, Barreras, Mirandas, Oyas, Regos ... - levantaron asFotografía do Pazo de Terrafeita súas casas solariegas nestas terras e aínda se conservan algunhas en mellor ou peor estado. As súas labras heráldicas móstrannos hoxe os blasóns destas linaxes. As máis antigas, cun belo estilo renacentista, pertencen ó século XVI. Entre estas podemos citar tres: a da casa de Rigoio, en Sante, coas armas puras dos Díaz de la Rocha. A do pazo e torre de Terrafeita, en Santa María de Trabada, que ostenta na súa adarga rodeada por unha coroa laureada os emblemas dos Rocha, Aguiar e Pardo e a ermida de San Martiño, en Ría de Abres, feita esculpir en 1585 por D. Pedro de Miranda y Villar e a súa dona María Osorio. Cuartela as armas dos Villar asturianos, Osorio, Miranda e Aguiar.

Do século XVII son, probablemente, outras dúas. A da casa chamada de Monasterio, en Sante, con blasóns dos Rocha, Baamonde, Luaces, Moscoso e outros non identificados e a da casa de Boca de Canle en Ría de Abres, con armas dos Rocha (?), Baamonde e Miranda. Mención destacada merecen as casonas de Vinxoi en Vilafernando - Valboa e a de Saavedra en Vilapena.

 



 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada