Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo, 24 Novembro 2024  
PARROQUIAS PDF Imprimir
Xoves, 09 Novembro 2006 10:05

TRABADA (SANTA MARÍA)

Pertencente á diócese Mondoñedo-Ferrol, atópase delimitada por Fórnea e Vidal ó Norte,valtrab.jpg Vilapena e Asturias ó Sur, Sante ó Leste e o concello de Lourenzá ó Oeste. Conta con 510 habitantes asentandos nas entidades de poboación de A Abaira, Barreiros, A Cabana, A Cachopa, Canle,O Carballo, ,O Chao do Sevil, O Chao dos Nabais, Cima de Vila, Cotarelo, O Coto, A Ermida, A Escanarega, Espín, Fondo de Vila, Fontán, Foxos, A Granxa, A Lagoa, Lamelas, As Lóngaras, Mozandeo, Muín Queimado, A Órrea, O Outeiro, O Pacio, O Parladoiro, Paocabaleiro, A Penela, O Pibidal, Ponte Gorda, O Pontigal, O Porto do Malle, Redondo, Rego Rubio, A Ribela, O Río, Santo Estevo, Soenlle, Trabada (capitalidade do municipio), A Trapa, Vilapercide, O Vilar e Xuga.



A FÓRNEA (SANTO ESTEVO)

Dependente da diócese Mondoñedo-Ferrol. Limita ó Norte co concello de Barreiros, ó sur coa parroquia de Trabada; con Vidal polo Leste e o concello de Barreiros polo Oeste. VISTA PANORAMICA DA PARROQUIA DE FORNEAConta con 106 habitantes na única entidade de poboación da Fórnea. Dista 6 Km da capitalidade municipal.


 

 

RÍA DE ABRES (SANTIAGO)

Pertence eclesiasticamente á diócese de Oviedo. Delimita coa Valboa ao Norte, Sante e Asturias ó Sur, Asturias ó Leste e Valboa e Sante ó Oeste. Dispón dun censo de 196 habitantes repartidos nas rabres.jpgentidades poboacionais de : O Acevedo, A Boca de Canle, A Casanova, O Follabal, Leirado, Pacios, Pedrido, A Rabexa, Rielo, San Martiño, A Veiga e Vilafernando. Dista 11,5 Km da capitalidade municipal. Crúzaa a estrada N-640 e báñaa o río Eo.

 

 


SANTE (XAN XIAO)

Eclesiasticamente pertence á diócese Mondoñedo-Ferrol. Linda coa Valboa ao Norte, Asturias ó Sur;A Valboa, Ría de Abres esante.jpg Asturias ó Leste e Trabada ó Oeste. Dispón dunha poboación de 276 habitantes nas entidades de O Barreiro, Carballal, A Casanova, O Castro, O Cómaro Gordo, Dongo, A Forcada, A Igrexa, As Lamas, Lendecoira, Loureiro, Louro, Lousada, Margaride, O Monte, A Mota, Olgueira, O Pedregal, Pedroselle, Pena Cova, Pena Quente, Piago Negro, Prado, O Rego, A Retorta, Río Trabada, Santarredeiro, Sueiro, Trabadela e Vilarbetote. Dista 9 Km da capitalidade municipal. Os ríos Eo, Trabada e Vidal e o monte O Navallo (361 m.) son os seus principais accidentes xeográficos.

 

A VALBOA (SANTA MARÍA MAGDALENA)

valboa.jpg
Pentence á diócese de Mondoñedo-Ferrol. Delimitada por Ribadeo ao Norte, Ría de Abres e Sante ó Sur, Asturias ó Leste e Vidalao Oeste. Ten 141 habitantes nas seguintes entidades de poboación: Biduedo, As Cabanas, Os Carrís, O Casal, A Corredoira, Francas, A Igrexa, A Lavandeira, Os Pozos, Rego do Galo, Rego Corto, O Salgueiro, Sequeiro e Vilafernando. Dista 9 Km da capitalidade municipal.

 

VIDAL (SAN MATEO)

Pertence eclesiasticamente a diócese de Mondoñedo-Ferrol. Delimitada por Ribadeo ó Norte, Sante e Trabada ó Sur,A Valboa ó Leste e A Fórnea ó Oeste. Ten 76 habitantes nas entidades poboacionais de : O Campo, O Carril, O Castro, A Choza, Cima de Vila, Portela, Requeixo, Soutillán, Trástigos e O Val das Eguas. Dista 6 Km da capital do municipio.vidal.jpg


 

 

 

VILAPENA (SANTIAGO)

Da diócese Mondoñedo-Ferrol. Delimitada por Trabada ó Norte, Vilaformán e o concello de A Pontenova ó Sur, Vilaformán e Asturias ó Leste e os concellos de Lourenzá e Riotorto ó Oeste. Conta cunha poboación de 84 habitantes, E dista 6 Km da capital do municipio, asentados en só dúas entidades poboacionais, O Bargo e Vilapena. Dentro da superficie parroquial atópase o monte Cerrochán que, cunha altura de 776 m, representa o cumio máis alto do municipio.

vilapena3.jpg

 

 

 



VILAFORMÁN (SAN XOAN)

Da diócese Mondoñedo-Ferrol. Delimitada por Vilapena ó Norte, o concello de A Pontenova ó Sur, Asturias ó Leste e o citado concello de A Pontenova e Vilapena ó Oeste. Conta con 66 habitantes dentro dos seguintes núcleos poboacionais: A Carreira Chá, A Grandela, A Igrexa, O Murio, Naraído, O Outeiro, O Pé da Viña, A Pereira Parda, O Real, Rodriguelo, O Roxo Seco, Suasribas, A Veiga, Ventoso, Vila Chá, Vilaxusá e Vilasuso. Baña as súas terras o río Eo e o seu afluente á Vilapena. Vilaformán foi cabeza de xurisdicción dependente da antiga provincia de Mondoñedo. vforman.jpg

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada