HISTORIA E ARTE |
![]() |
![]() |
Xoves, 09 Novembro 2006 10:08 | ||||||||
Trabada, a antiga "Tabulata", menciónase no documento máis antigo existente en España. Nesa escritura, que se conserva no Arquivo da Catedral de León e leva data de 23 de agosto do ano 775, o Rei Silo fai doazón de terreos de dominio real, situados entre os ríos Eo e Masma, para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro. A doazón, firme e irrevocable a un grupo de frailes e servos de Deus, foi feita, di o Rei, por medio de "nuestro fiel abad Sperautano , para que oreis por mi alma en la iglesia que allí se edificare". Nesas terras constituíuse un mosteiro que foi coñecido co nome de San Martín de Esperautano e do cal non quedan vestixios coñecidos.
O "menhir" do Marco da Pena Verde aparece citado no Diploma do Rei Silo. Como confluencia de camiños representa o vestixio arqueolóxico máis coñecido. Antigas linaxes do país - Rochas, Pardos, Montenegros, Aguiares, Aenlles, Barreras, Mirandas, Oyas, Regos ... - levantaron as Do século XVII son, probablemente, outras dúas. A da casa chamada de Monasterio, en Sante, con blasóns dos Rocha, Baamonde, Luaces, Moscoso e outros non identificados e a da casa de Boca de Canle en Ría de Abres, con armas dos Rocha (?), Baamonde e Miranda. Mención destacada merecen as casonas de Vinxoi en Vilafernando - Valboa e a de Saavedra en Vilapena.
Con motivo da Guerra da Independencia, dos primeiros días do mes de xaneiro de 1809 tivo lugar a invasión, por parte dos franceses das terras galegas. Na comarca da Mariña Oriental os protagonistas serán os concellos de Ribadeo e Trabada, onde o célebre alcalde Melchor Díaz de la Rocha ofreceu unha tenaz resistencia ó xeneral francés François M. Fournier e ás súas tropas. Trala constitución en 1808 da Xunta de Defensa de Ribadeo cunha guarnición militar de vintecinco soldados, as tropas napoleónicas entraron o 25 de xaneiro de 1809 en Ribadeo sen encontrar oposición esixindo unha grande cantidade de alimentos nas aldeas dos arredores. Eran 150 os homes que o xeneral francés enviara a Ribadeo desde a xa conquistada vila de Mondoñedo. Ante estes abusos o alcalde de Sante reaccionou convocando ós vecinos de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Valboa e Couxela para que se negasen ás esixencias dos franceses e se armasen en defensa das súas familias, as súas facendas e o seu país. Así foi como o 29 de xaneiro de 1809, Díaz de la Rocha se presentou ante os franceses, con 300 veciños armados de escopetas, chuzos e fouces. Dispostos a defender o camiño entre Mondoñedo e Ribadeo, coñecido como o da Nosa Señora da Ponte, ocasionaron ó inimigo a perda de 5 homes e tres cabalos xa o primeiro día. Nos seguintes días, os veciños foron quén a forza-la retirada do exército francés cara a Mondoñedo, causándolles en total a baixa de 60 soldados e 25 cabalos. Fournier agardaba en Mondoñedo a chegada de reforzos de Lugo e Ferrol, e ó recibilos os franceses entraron en Ribadeo definitivamente. A pesar do éxito inicial da campaña militar, a loita non tivo a esperada continuación. A falla de apoio por parte das Xuntas de Asturias, Ribadeo e Mondoñedo fixo que a breve e improvisada empresa fracasara a causa das discordias entre as autoridades encargadas da defensa. Por todo iso, o alcalde de Sante abandonou a loita, refuxiándose durante varios anos en A Coruña. A pesar do fracaso desta batalla, feitos coma este fixeron posible que seis meses despois o exército francés se batese en retirada cara a Astorga, abandonando definitivamente as terras galegas. En lembranza daquela fazaña, conmemórase anualmente, o luns de Pentecostés, a festividade de Nosa Señora da Ponte no barrio do mesmo nome da parroquia de Arante.
A estes actos relixiosos asisten representantes das sete parroquias de Ribadeo e Trabada que participaran naquela batalla, Abundando na arte, mencionados con anterioridade os pazos e casonas blasonadas presenta unha relevante importancia a riqueza en imaxinería e retablos relixiosos presentes nas igrexas parroquiais e capelas, en definitiva o arte sacro. Destacan especialmente as igrexas de Sante, que é unha das máis antigas do século XVI, aínda que se reformou no XVIII e a da Vilapena que conta na súa capela maior cun precioso retablo barroco recentemente restaurado e na nave esquerda con outro do século XVI. A parroquial de Valboa, reformada no ano 1923, conserva dous retablos laterais do século XVII e a de Vilaformán outro de 1735. Tamén merecen un lugar destacado a escultura pétrea de San Antón xunto co retablo maior, tamén recentemente restaurado, da capela de Vilafernando e a cruz parroquial e a imaxe da Inmaculada que alberga a Igrexa de Trabada.
|