Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
BASES DE SELECCIÓN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL PDF Imprimir
Luns, 27 Novembro 2017 19:07

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL

PRIMEIRO. Normas Xerais

O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de ANIMADOR SOCIOCULTURAL, en réxime laboral.

A través da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde de 29 de agosto de 2017, programa APROL RURAL, contrataráse a unha persoa desempregadas a xornada completa por  nove meses baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con clausulas especificas de traballos de interese social , a fin de dotar o servizo de animación sociocultural para promover a cultura entre o conxunto da veciñanza.

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: A realización de actividades de carácter socio-cultural dirixidas especialmente a nenos e nenas e a persoas da terceira idade. Colaborar e xestionar a organización das actividades de ocio municipais da programación anual do Concello e en xeral, aquelas que deriven do seu posto de traballo en función das directrices dos seus superiores.

SEGUNDO. Modalidade do contrato

A modalidade do contrato é contrato de traballo temporal con cláusulas específicas de traballo de interese social .

Terá unha duración de nove meses a partir da súa formalización, e en réxime de dedicación a tempo completo, cunha xornada de 40 horas semanais de luns a domingo.

Fíxase unha retribución bruta de 1.098,78 € por posto , que inclúe o rateo das pagas extraordinarias, aplicándose o Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural.

TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes

1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.

e) Titulación de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior. Ademáis deberá estar en posesión de calquera das seguintes titulacións, diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria

f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

g) Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

h) Estar en posesion do carnet de conducir B vixente.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias

1.- Segundo o disposto no art. 14.1 da Orde do 29 de agosto de 2017 , os traballadores que sexan contratados deberán ser desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego.

2.- O Concello de Trabada convocará ás persoas candidatas mediante a presentación da oferta na oficina de emprego de Ribadeo, a través do modelo normalizado para tal efecto, facendo referencia aos requisitos que deben reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desenvolvemento das funcións propias dos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios e preferencias establecidos na citada Orde, rexedora desta contratación.

4.- Recibida a oferta, o Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes en función das súas características atendendo á maior adecuación ao posto ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de candidatos que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez por posto de traballo, de acordo cos criterios de selección establecidos na Orde.

QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.- As persoas candidatas propostas pola oficina de emprego de Ribadeo deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Trabada as solicitudes e a documentación adicional para participar no proceso selectivo, no modelo que se achega como Anexo I, sendo o último día de prazo o 7/12/2017 , ás 15.30 h:

2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

g) Declaración xurada de non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

h) Copia compulsada do título de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior e dos  diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria  que corresponda.

i) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia

j) Carta de presentación da Oficina de Emprego de Ribadeo.

k) Copia compulsada do libro de familia, no seu caso.

l) Informe dos periodos de inscripción emitido polo Servizo de Emprego Público de Galicia.

m) Acreditación de ser perceptor de prestacions ou subsidios por desemprego ( Servizo Público de Emprego) ou beneficiaria de RISGA ( informe departamento Servizos Sociais municipio de residencia), no seu caso.

n) Documentación acreditativa de ser victima de violencia de xénero.A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

o) Documentación acreditativa de discapacidade.

p) Carnet de conducir tipo B vixente.

3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo III nas presentes Bases.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

QUINTO. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de un día hábil , declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios , e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección.

Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

2.- A fase de oposición terá lugar o 12/12/2017 ás 12,00 h na Casa da Cultura do concello de Trabada (Rúa do Concello, 40), e consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Un exercicio para contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 40 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 20 puntos : para superalo deberá sacarse un mínimo de 10 puntos.

A puntuación máxima na fase de oposición é de 20 puntos .

O aspirante que non supere esta proba  non pasará á seguinte

3, Na fase de concurso serán valorados os seguintes méritos:

3,1, Situacion socio-laboral.

a) Segundo o establecido no artigo 14 da Orde de 29 de agosto de 2017 da Consellería de Economía , Emprego e Industria, terán preferencia neste programa á pertenza aos seguintes colectivos:

1, Mulleres

2, Menores de 30 anos,

Esta preferencia será valorada con 1,5 puntos por pertenza ao colectivo, ata un máximo de 3 puntos.

b) terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, no seu caso, aqueles que tiveran previsto a realizacion de este tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional. Valoraráse un punto por pertenza a cada un dos colectivos, cun máximo de dous puntos:

1, Mulleres que acrediten a condicion de victimas de violencia de xénero.

2, Persoas demandantes de primeiro emprego ou aquelas sin cualificacion profesional .

3, Persoas paradas de larga duración (12 ou máis meses)

4, Persoas con discapacidade

5, Persoas desempregadas que esgotasen as prestacions ou subsidios por desemprego ás que teñan dereito.

6, Persoas de mais de 45 anos

7, integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da risga.

3,2, Estar en posesión dalgunha das seguintes Certificacións en lingua galega (ou equivalentes)

Celga 3: 0,50 puntos

Celga 4: 1, 00 puntos

Será acreditado mediante a correspondente certificación do centro educativo ou da Dirección Xeral de Política Lingüísica. No caso dos cursos equivalentes, mediante os correspondentes diplomas.

4.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración terá en conta o nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como la existencia de responsabilidades familiares, enten´dendose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ao cónxuxe, filos e fillas menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento.

No caso de persistir o empate , resolveráse por orden de presentación da instancia por Rexistro.

SÉPTIMO .- TRIBUNAL DE VALORACION

7.- O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

-     Presidente/a: D. Ana Gonzalez Díaz , persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social

-     Secretaria: Dna. Ana Barreiro Gómez, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

-    Primeiro Vogal:  Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande.

-    Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

- Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente.

OITAVO. Cualificación

A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal .

NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato

Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

DÉCIMO. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.

Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello e sexan remitidas á Oficina de Emprego de Ribadeo

No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro;  o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello.

En Trabada, a 24 de novembro de 2017.

Alcaldesa,

Asdo.: Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación. Coñecemento do tecido económico e social e da distribución das parroquias do Concello de Trabada.

Tema 2

Animación sociocultural: Concepto, obxectivos, funcións, modalidades, relacion conconceptos

afíns. Animación cultural en equipo. Planificación do traballo, equipo de traballo. Conduta do

equipo.

Tema 3

A intervención en animación cultural. Momentos do proceso de intervención. Dinamización sociocultural. O Animador sociocultural: A súa formación e modos de actuación.

Tema 4

A infraestrutura para a práctica da animación sociocultural no Concello de Trabada.

Instalacións, espazos e equipamentos.

ANEXO II

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: APROL RURAL ANIMADOR SOCIOCULTURAL

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                  CORREO ELECTRÓNICO

 

 

3.- DISCAPACIDADE

 

Non    /    Si (Grao ……..%)

 

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

 

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

5. Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

 

Lugar e data: …………………………………………………………….

 

 

 

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada