APROBACION A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL |
Luns, 11 Decembro 2017 13:59 | |||
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 384 /2017, 11 DE DECEMBRO APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL E CONVOCATORIA DA PROBA Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL .
De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 359 /2017, de data / 24/11/2017, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada, RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS: DNI NOME APELIDOS 71671901 Z ALBA PINTADO GASALLA 76580619A NURIA FERNÁNDEZ GARCIA 76582620A MARTA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ
RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS: - NINGÚN
SEGUNDO . Publicar a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos. TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración - Presidente/a: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social - Secretaria: Dna. Ana Barreiro Gómez, secretaria-interventora do Concello de Trabada. - Primeiro vogal: Dna. Yolanda Amor Fernández, auxiliar de axuda no fogar do Concello de Trabada, persoal laboral fixo. - Segundo vogal: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova. - Terceiro vogal: D. José Luis Reigosa Espasande, Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo. No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal. No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal. CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 12 de decembro de 2017, ás 12h. Os candidatos deberán comparecer o día 12 de decembro de 2017, ás 12.00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.
Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 11 de Decembro de 2017 A Alcaldesa,
Asdo. Mayra García Bermúdez
|