Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL “PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ”. PDF Imprimir
Mércores, 19 Setembro 2018 07:02

 

MODELO DE BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL “PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ”.

PRIMEIRO. Normas Xerais

O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de ANIMADOR SOCIOCULTURAL, en réxime laboral para ser contratado como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento de Emprego do Plan Provincial Único 2018.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados, engadida a indemnización por fin de contrato.

Contrataráse a unha persoa desempregadas a media xornada por um período de oito meses e três semanas, baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con clausulas especificas de traballos de interese social, a fin de dotar o servizo de animación sociocultural para promover a cultura entre o conxunto da veciñanza.

A tales efectos, aplícase o Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural (BOE 168/2015 de 15.07.2015), e as retribucións brutas mensuais serán: Salario base: 481,05 euros, paga extraordinaria prorrateada : 80,33 euros. Total salario base mensual bruto: 561,38 euros.

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: A realización de actividades de carácter socio-cultural dirixidas especialmente a nenos e nenas e a persoas da terceira idade. Colaborar e xestionar a organización das actividades de ocio municipais da programación anual do Concello e en xeral, aquelas que deriven do seu posto de traballo en función das directrices dos seus superiores.

SEGUNDO. Modalidade do contrato

O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo 2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.

TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes

1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.

e) Titulación de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior. Ademáis deberá estar en posesión de calquera das seguintes titulacións, diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria

f) Será requisito indespensable que os aspirantes proveñan da situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

g) Estar en posesion do carnet de conducir B vixente.

h) Acreditación do coñecemento da língua galega: Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

i) Estar en posesión do carnét de manipulador de alimentos.

j) Estar en posesión do curso de primeiros auxílios en nenos e adultos.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias

A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de cinco (5 ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

1.- A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de cinco (5 ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

g) Copia compulsada do título de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior e dos diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria que corresponda.

h) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia

i) Carnet de conducir tipo B vixente.

j) Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes

k) Fotocopia cotexada do carnét de manipulador de alimentos.

l) Fotocopia cotexada do curso de primeiros auxílios en nenos e adultos.

3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo III nas presentes Bases.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

QUINTO. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de tres días hábiles, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios , e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección.

Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos( 0, 30 x pregunta) sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala.

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO :non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a)Formación Académica: Máximo 2 puntos.

Máster universitário: 2

Licenciatura ou Grado Univeristario: 1

Diplomatura Universitaria ou equivalente: 0,5.

b) Cursos de formación . Máximo 2 puntos.

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatória.

Valoración dos cursos:

Por cada curso de 50 a 99 horas: 0,25 puntos.

Por cada curso de 100 a 199 horas: 0,50 puntos.

Por cada curso de 200 a 299 horas: 1 puntos.

Por cada curso de 300 a 399 horas: 1,5 puntos.

Por cada curso de 400 ou mais horas : 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado .

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares. A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas .

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela.

SÉPTIMO .- TRIBUNAL DE VALORACION

O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal.

A Alcaldesa nomeará por decreto os membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no taboleiro de anuncios

Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente/a: Un funcionario/a de carreira ou persoal laboral pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Secretario/a: o da Corporación ou persoa queo sustitúa.

Vogais: Tres funcionarios/as de carreira ou persoal laboral pertencentes a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Na designación dos membros do tribunal se procurará a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferencia de un entrambolos dous sexos, ó ser a súa composición impar.

Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando de cada sesión acta, que se autorizará, coa signatura do secretario/a e co visto e prace do Presidente/a.

Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.

Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas. A tales efectos se entenderá que corresponden as cuantias da categoria II conformo o Anexo IV do citado Real Decreto.

O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias.

OITAVO. Cualificación

A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal.

NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato

Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

DÉCIMO. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.

Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello e sexan remitidas á Oficina de Emprego de Ribadeo

No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro;  o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello.

En Trabada, a 29 de agosto de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo.: Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación. Coñecemento do tecido económico e social e da distribución das parroquias do Concello de Trabada.

Tema 2

Animación sociocultural: Concepto, obxectivos, funcións, modalidades, relacion conconceptos

afíns. Animación cultural en equipo. Planificación do traballo, equipo de traballo. Conduta do

equipo.

Tema 3

A intervención en animación cultural. Momentos do proceso de intervención. Dinamización sociocultural. O Animador sociocultural: A súa formación e modos de actuación.

Tema 4

A infraestrutura para a práctica da animación sociocultural no Concello de Trabada.

Instalacións, espazos e equipamentos.

ANEXO II

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: ANIMADOR SOCIOCULTURAL PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018

2.- DATOS PERSOAIS:

...........................................      ...........................................    ……..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................  ............................................    ………................................

DATA DE NACEMENTO               LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................  ............................................................    .................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................   ...................................... ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                  CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada