APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA |
Mércores, 26 Setembro 2018 18:01 | |||
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 263/2018, de 26 de setembro APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de TECNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO
De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 232/2018, de 31 de agosto,e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar de forma provisional a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada, RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS: DNI NOME APELIDOS 76581455B MARTIN LOPEZ GARCIA 76582375B DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS: DNI NOME APELIDOS 33996105N OLGA VICENTE GONZÁLEZ SEGUNDO . Publicar a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de un día hábil, a partir da publicación deste anuncio na páxina web do Concello, para corrixir as faltas ou acompañar os documentos preceptivos que motivasen a súa non admisión. Caso contrario, teráselles por desistido no procedemento.
TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración - Presidente/a: Rubén García Piñeiroa. Técnico de deportes, Persoal Laboral Fixo do Concello de Lourenzá. - Secretaria: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo. - Primeiro vogal: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social. - Segundo vogal: Titular: Dona Aurelia Balseiro Garcia, Directora do Museo Provincial e Técnica en Actividades Socioculturais da Deputación Provincial de Lugo. Suplente: Dona Mercedes Lamela Lápez, Xefa de Servizo IV de Cultura e Turismo e Técnica en Actividades Socioculturais, da Deputación Provincial de Lugo. - Terceiro vogal: Titular: Don Santiago Rodriguez Tunas, Administrativo no Centro de ArtesanIa e Deseño da Deputación Provincial de Lug¯ Suplente: Don José Antonio Arias Lombardero, Técnico de Xestión da Sección de Innovación e Participación Cidadá da Deputación Provincial de Lugo.
No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal. No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal. CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de setembro de 2018, ás 08.30h. Os candidatos deberán comparecer o día 28 de setembro de 2018, ás 9.00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.
Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 26 de setembro de 2018. A Alcaldesa,
Asdo. Mayra García Bermúdez
|