Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Mércores, 29 Marzo 2017  
CONCLÚE A CONCENTRACIÓN PARCELARIA MONTE DE TRABADA PDF Imprimir
Noticias
Mércores, 07 Abril 2010 14:02

 O proceso de Concentración do Monte de Trabada culminou coa entrega dos títulos de propiedade. Ó acto, celebrado o 6 de abril, acudiron (na foto de esquerda a dereita):

  • Daniel Villapol, presidente da concentración e a SAT.
  • Raquel Arias, Delegada Territorial de Lugo da Xunta de Galicia.
  • José Manuel Yanes, alcalde do Concello de Trabada.
  • Antonio Crespo, Director Xeral de Medio Rural.
  • Ramón Carballo, Xefe Territorial de Medio Rural de Lugo.

Referente a nivel autonómico e incluso nacional, afectou a 327 beneficiarios e tivo un coste de 3 millóns de euros.

Supón unha superficie de 1.157 hectáreas e converteu 7.338 fincas en 513, supoñendo para cada propietario unha media de 1,5 parcelas fronte ás 22,4 iniciais.

Os propietarios (ou representantes) que non acudiran a recolle-los seus títulos poden facelo nas vindeiras semanas no concello.

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada