Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Martes, 10 Decembro 2024  
Personaxes Destacados PDF Imprimir
Xoves, 09 Novembro 2006 10:14
Indexar artigo
Personaxes Destacados
Paxina 2
Paxina 3
Todas as páxinas

Dentro deste apartado aproveitamos para facer unha semblanza dos persoeiros que, en atención ós especiais méritos contraídos, foron recoñecidos polas respectivas corporacións municipais como Fillos Predilectos e Adoptivos deste concello.

D. UXÍO GARCÍA AMOR.
Fillo Predilecto do concello de Trabada, naceu o 7 de novembro de 1928 na parroquia de Sante.Retrato de Don Uxío García Amor
É delegado diocesano do clero, profesor da escuela de Teoloxía e do Instituto Universitario de Ciencias Relixiosas San Agustín.

Estudou Humanidades no Seminario de Mondoñedo, para logo licenciarse en Filosofía (1949) e en Teoloxía (1953) pola Universidade Gregoriana de Roma.
De volta a Galicia, exerce de superior e de profesor no Seminario de Mondoñedo ata 1966, de mestre de capela na catedral mindoniense e de prefecto de Liturxia ata 1971. Foi secretario canceler do Bispado de Mondoñedo, delegado diocesano de Cáritas e do Clero, administrador diocesano do Bispado, vicario xeral do mesmo, párroco de As Pontes e de Vilalba. Tamén ocupou o cargo de Director do Orfeón de Mondoñedo e da Coral Polifónica Vilalbesa.

En 1984 recibiu a Medalla de Ouro de Mondoñedo e en 2003 foi proclamado Lucense do Ano. A corporación municipal de Trabada, por unanimidade, distinguiuno co título de FILLO PREDILECTO en 1982.

 



D. ELÍAS RODRÍGUEZ VARELA.
Fillo Predilecto do concello de Trabada, naceu o 1 de xaneiro de 1937 na parroquia de Trabada.Retrato de Don Elías Rodríguez Varela
Ingresou en Radio Juventud en 1958 e en 1963 queda adscrito ó plantel de Radio Nacional de España, simultaneando como locutor e actor. Profesional por excelencia en locucións publicitarias vaise de RNE e pon en marcha Radio Centro, como xefe de emisións. En 1978 funda o Centro de Comunicación, unha empresa creativa de apoio ás axencias publicitarias.

 

Tamén funda e preside Estudios Abaira, empresa dedicada a grabacións de publicidade e dobraxe; Abaira Publicidad, sonorización y creación de cuñas e spots publicitarios; Martinha Estudios Son, estudios de dobraxe e sonorización en Portugal e Línea de Fuego, productora publicitaria. É presidente de Abrente Soluciones Audiovisuales e vicepresidente de Bosques Naturales. Está en posesión das antenas de Prata e de Ouro da Federación Española de Radio e de Televisión; é Cabaleiro da Orde dos Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago; membro da Enxebre Orde da Vieira; Madrigallego de Ouro, ano 2001; Lucense do Ano 2002 e Medalla de Galicia na súa categoría de prata. A Corporación Municipal de Trabada outorgoulle o título de FILLO PREDILECTO en 1991.

 



D. CELSO CURRÁS LÓPEZ.
Fillo Adoptivo de Trabada a título póstumo por acordo da Corporación Municipal de data 22 de outubro de 2004. Foi Retrato de Don Celso Currás Lópezhomenaxeado nun emotivo acto o 7 de novembro do mesmo ano. Nacido en Vilalba o 25 de xaneiro de 1919, obtivo o título de Maxisterio en 1940, máis tarde o de Procurador dos Tribunais, o de Axudante Técnico Sanitario e finalmente a Licenciatura en Dereito.
En 1946 ponse ó fronte da escola pública de Trabada na que desenvolveu o seu maxisterio por verdadeira vocación (en primaria, bacharelato, maxisterio, oposicións....). Máis dun milleiro de alumnos pasaron polas súas clases. En 1958 fíxose cargo da Alcaldía, cesando a petición propia en 1982. En 1964 foi designado Deputado Provincial, cargo que renovou na lexislatura 1983-1987.
Como alcalde de Trabada conseguiu poñer ó seu municipio no mapa da España da posguerra a base de avances significativos que se concretaron na primeira concentración parcelaria da provincia, a mellora do tendido eléctrico e da rede viaria. Faleceu o 2 de outubro do 2001.
Estaba en posesión, entre outras moitas distincións, da Cruz de Alfonso X "El Sabio" e formaba parte das Ordes dos Méritos Civil e Agrícola, sendo distinguido co galardón de Lucense do Ano 1997.

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada