Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Venres, 15 Decembro 2017  
SAÚDA DA ALCALDESA FESTAS PATRONAIS PDF Imprimir
Noticias
Venres, 14 Agosto 2015 12:53

SAÚDA DA ALCALDESA FESTAS PATRONAIS


Queridos/as veciños/as:


É para min un orgullo e un privilexio dirixirme a vós como Alcaldesa de Trabada, e fago a partir da alegría que sinto pola celebración das nosas Festas Patronais.


Durante estos días, esta celebración, acompáñase de actividades lúdicas dirixidas tanto aos nenos coma os nosos maiores, promovidas pola asociación cultural O Picato, actividades que dinamizan o noso Concello e nos fai amigos de cantos queiran acompañarnos para celebralas.


Quero comezar, facendo un agradecemento expreso ás catro persoas que forman parte da Comisión de Festas, porque en apenas un mes fan posible que o noso Concello non quedara sen Festas Patronais.


Con moitas dificultades, co seu traballo, esforzo e dedicación, Antía, Nuria, Daniel e Diego, foron quen de sacalas adiante e de facernos a todos os aquí presentes disfrutar de estes días tan especiais para os trabadenses e os nosos convidados.


Foron quen de facer unhas festas austeras e responsables. Como ben sabedes este ano e como consecuencia da actual situación económica do Concello, tivemos que prescindir do gasto festivo para cubrir outras necesidades, engadido o escaso marxe de tempo.


Esto di moito de todos vós, e quero darvos de novo as grazas, o meu máis sincero e amplio recoñecemento pola labor feita.


Sin embargo, o recorte, non impediu que se manteña a cantidade de festexos similar á do ano pasado, e sobre todo, a calidade dos mesmos. Ampliaron as actividades, acercándonos a nosa música e o baile tradicional galego e retoman a Cea da Xuventude e actividades deportivas, coma o partido de solteiros contra casados e a festa acuática para os máis cativos, actividade que organizamos dende o Concello.


Pero as festas, ó fin e ó cabo sodes vós. Sin a vosa presencia non hai festas por moito que se empeñen os organizadores, así pois, anímovos a que participeis nestas Festas Patronais que con tanto cariño preparon.


Como Alcaldesa do meu pobo, non quero deixar pasar a ocasión para darvos as grazas por confiar en min e no meu equipo de goberno, o futuro de Trabada durante os próximos catro anos.


Igualmente, quero transmitir as miñas felicitacións a todos os compoñentes da nova Corporación Municipal, facéndoos partícipes dos meus desexos de colaborar e dialogar con todos, porque temos que conseguir que Trabada volva ó lugar que se merece.


Co diálogo, a colaboración, e tamén coa crítica constructiva, temos que ser capaces de responder ás expectativas que xeramos entre os nosos veciños.

O traballo e a ilusión por facer ben as cousas deben ser or rasgos diarios que nos caractericen co propósito de lograr metas que parecían soños imposibles.


E como este ano, tivemos a fortuna de recibir a boa noticia da declaración do Camiño Norte como Patrimonio da Humanidade, un exemplo evidente de que temos moito por conseguir actuando xuntos,  porque a potencialización do Camiño é un forte revulsivo para a economía local.


Non quero olvidarme de agradecer a todos, veciños e asociacións, que coas súas aportacións, colaboración e participación en diversas actividades lúdicas e festivas, dan brillo ás nosas celebracións.

Tamén ós veciños que viven a festa de maneira “máis intensa”: refírome ós veciños que viven cerca desta praza. Eles estes días teñen que aguantar pacientemente a outra cara das festas.


A todos eles, moitísimas grazas, porque fan que aqueles que nos visitan se sintan integrados nas nosas tradicións e as compartan con alegría.


Da mesma forma, gustaríame reservar unhas liñas para dedicar un recordo a quenes están ausentes, ós que non poden asistir por diferentes motivos, ós que están pasando por momentos difíciles e ós que compartiron datas pasadas e hoxe non se encontran con nós.


Seguimos traballando nun proxecto de Concello aberto a todos, no que todos somos protagonistas.


En nome da Corporación Municipal que presido, e no meu, invítovos a  que nos acompañeis e disfruteis destas festas.


Grazas e boas festas a todos.


A Alcaldesa.

Mayra García Bermúdez.

 

 

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada