ÉXITO DO PROGRAMA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO |
Noticias | |||
Venres, 04 Marzo 2011 13:05 | |||
A través do Proxecto de Compostaxe Doméstico iniciado o pasado ano, o Concello de Trabada levou a cabo unha campaña de sensibilización sobre o tratamento de residuos, en especial dos orgánicos, e repartiu 30 compostadores entre os veciños interesados. Despois de meses de elaboración e seguemento, procedeuse á recollida de mostras para a súa análise por parte de técnicos da Universidade de Santiago de Compostela. O resultado é que este abono natural cumpre con todos os requisitos para ser aplicado no solo con absolutas garantías, estando catalogado dentro da clasificación máis alta (clase A). A continuación unha tabla-resumo dos resultados obtidos polo compost de Trabada e do resto de concellos integrantes do proxecto:
Está prevista a continuación e extensión deste proxecto, dado o interese e implicación mostrada polos trabadenses e o rotundo éxito do primeiro ano de iniciativa.
|