Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Mércores, 29 Marzo 2017  
VECIÑOS DE TRABADA CONSEGUEN 78.000 € EN AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN DE EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS PDF Imprimir
Noticias
Venres, 04 Marzo 2011 12:06

Esta liña de axudas para a corrección de impactos visuais e ambientais da Reserva da Biosfera concedeu un total de 666.929,16 € para 187 proxectos dos 7 concellos asturianos e os 7 galegos integrantes.

Trabada resultou ser un dos concellos máis beneficiados debido ao gran número de proxectos rexistrados e ao seu interese e calidade (78.328,82 € para atender a totalidade das 20 actuacións), só superado por Santa Eulalia de Oscos (24 proxectos e 93.576,20 €), Ribadeo (23 solicitudes e 91.611,15 €) e Castropol (31 actuacións e 82.725,10 €).

Os beneficiarios das axudas xa foron notificados e deberán aceptar tácitamente a subvención concedida antes do 15 de marzo.

As obras deberán estar rematadas e xustificadas antes do 30 de xuño.

Esta iniciativa da Reserva da Biosfera á que pertencemos contribuirá claramente á preservación e posta en valor da nosa paisaxe e patrimonio etnográfico, ademais de supoñer unha importante inversión e carga de traballo para as empresas do sector da construción da zona.

 
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada