VECIÑOS DE TRABADA CONSEGUEN 78.000 € EN AXUDAS PARA A RECUPERACIÓN DE EDIFICACIÓNS TRADICIONAIS |
Noticias | |||
Viernes 04 de Marzo de 2011 12:06 | |||
Esta liña de axudas para a corrección de impactos visuais e ambientais da Reserva da Biosfera concedeu un total de 666.929,16 € para 187 proxectos dos 7 concellos asturianos e os 7 galegos integrantes. Trabada resultou ser un dos concellos máis beneficiados debido ao gran número de proxectos rexistrados e ao seu interese e calidade (78.328,82 € para atender a totalidade das 20 actuacións), só superado por Santa Eulalia de Oscos (24 proxectos e 93.576,20 €), Ribadeo (23 solicitudes e 91.611,15 €) e Castropol (31 actuacións e 82.725,10 €). Os beneficiarios das axudas xa foron notificados e deberán aceptar tácitamente a subvención concedida antes do 15 de marzo. As obras deberán estar rematadas e xustificadas antes do 30 de xuño. Esta iniciativa da Reserva da Biosfera á que pertencemos contribuirá claramente á preservación e posta en valor da nosa paisaxe e patrimonio etnográfico, ademais de supoñer unha importante inversión e carga de traballo para as empresas do sector da construción da zona.
|