Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Concello de Trabada
BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DUN LISTADO ADICIONAL PARA A BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA PDF Imprimir
Venres, 15 Xuño 2018 14:58

 

BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DUN LISTADO ADICIONAL PARA A BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA

En calquera organización que preste servizos, o emprego dos materiais adecuados e recursos humanos suficientemente preparados é unha necesidade imprescindible hoxe en día para poder levar a cabo de forma adecuada os seus fins e obxectivos. Isto tamén ocorre en organizacións de carácter público, como é o caso do Concello de Trabada que presta os seus servizos á veciñanza do Concello .

Non obstante debemos entender que o Concello debe de actuar facilitando experiencia ás persoas desempregadas do municipio para colaborar na incorporación destas ao mundo laboral.

Na cuestión relativa á organización dos recursos humanos no sector público débense ter en conta, ademais, os principios constitucionais de acceso ao emprego público previstos nos artigos 32.2 e 103.3 da Constitución Española, que son os de igualdade, mérito e capacidade.

Na actualidade o acceso ao emprego é unha necesidade para o desenrolo da persoa e non obstante, aínda quedan por acadar os obxectivos de emprego que satisfagan a demanda de tódolos veciños e veciñas do municipio de Trabada.

A este respecto, débese ter en conta que a Administración Local é a que está mais próxima das demandas de servizos por parte da cidadanía, e a que ven asumindo progresivamente competencias que implican unha maior complexidade no seu desempeño.

A aprobación e a creación de Bolsas de Traballo, pretende mellorar a calidade das prestacións que actualmente recibe a cidadanía e , en especial, axilizar e minorar custes dos procesos selectivos para cubrir prazas de carácter temporal , neste caso para cubrir necesidades temporais de persoal de carácter non permanente.

Usando este tipo de instrumento de xestión de persoal , se pretende axilizar a selección das persoas aspirantes para cubrir necesidades de emprego de carácter temporal para a Administración, garantindo que os/as aspirantes coñezan a súa posición na Bolsa de cara a unha posible contratación laboral futura por parte desta Administración Pública.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-

O obxecto das presentes bases é establecer un listado adicional adicional a partir da apertura dun prazo extraordinario da Bolsa de Emprego de auxiliares de axuda no fogar do Concello de Trabada, vixente mediante a contratación laboral temporal prevista nos supostos dos artigos 2, 3 e 4 do Real Decreto 2720/1988, de 18 de decembro e no artigo 15 do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución naqueles casos en que sexa necesario e/ou urxente a cobertura destes postos pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

*Situacións de incapacidade temporal ou definitiva do/a titular do posto, en tanto non se cubra polo procedemento de provisión de postos de traballo legalmente previsto.

*Vacacións, licenza e permisos.

*Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

*Acumulación de tarefas no servizo.

*Calquera outra que esixa a contratación inmediata para atención do servizo.

O contrato o que se subscribirá será algún dos regulados no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en función da necesidade do servizo que motive o chamamento .

O sistema de selección é o concurso- oposición .

En ningún caso a mera pertenza á Bolsa implicará dereito algún a obter nomeamento ou contrato laboral, garantíndose unicamente que, cando o Concello considere conveniente e necesaria a súa utilización, polos motivos que concorran no servizo , respectarase o procedemento de chamamento regulado nestas bases, podendo o Concello, cando o considere conveniente, de forma xustificada, para cubrir postos vacantes ou necesidades temporais do servizo , aínda que houber constituída unha Bolsa concreta, convocar ex profeso un proceso selectivo.

2.- NORMATIVA APLICABLE.-

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións:

- Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público;

-Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas),

- Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

- Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño.

- Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.

- Real Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

- Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña ó Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables

3.- FUNCIONS.-

As funcións das/os auxiliares de axuda no fogar serán as recollidas na vixente ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no fogar do Concello de Trabada e demais que sexan propias do posto e categoría.

4.- PUBLICIDADE.-

A presente convocatoria e bases publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Trabada, páxina web do Concello www.trabada.es e BOP de Lugo.

5.- CONDICIONS E REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES .-

As persoas aspirantes a tomar parte no concurso deberán reunir, na data en que remate o prazo concedido para a presentación das solicitudes os seguintes requisitos:

a)      Ser español/a ou cidadá/n dalgún dos Estados membros da Unión Europea nos termos establecidos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado/a público, así como estranxeiros/as con residencia legal en España.

b)      Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c)      Titulación: O título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no R.D. 496/2003, de 2 de maio ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade (art. 12.2 da Orde de 22.01.2009).

d)     Posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

e)      Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f)       Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

g)      Non estar incurso/a en causa vixente de incapacidade ou incompatibilidade.

h)      Galego: Acreditalo coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008. A acreditación do coñecemento escrito farase por medio da presentación do certificado de iniciación de lingua galega (mínimo Celga 2).

No caso de non posuír a titulación sinalada valorarase o coñecemento de Galego a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

Todos estes requisitos deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

6.-PROCESO DE SELECCIÓN.-

O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polas persoas aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

FASE DE CONCURSO.-

A baremación da fase do concurso da bolsa de emprego de persoal laboral temporal para a prestación do servizo de axuda no fogar farase en función do seguinte baremo de méritos e puntuación:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: (Máximo 3 puntos)

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en Administracións Publicas 0,25 puntos por mes traballado

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en empresas privadas: 0,15 puntos por mes traballado.

Rexeitaranse as fraccións de tempo inferior o mes.

Os contratos de xornada inferior á xornada completa valoraranse de xeito proporcional en base a vida laboral.

Acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada e copia compulsada dos contratos de traballo ou certificados de empresa en modelo oficial no que conste a categoría profesional. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

2.- FORMACIÓN: (Máximo 2 puntos):

Por asistencia a cursos organizados por Administracións públicas ou homologados polas mesmas, directamente relacionados coas funcións do posto:

- Cursos de ata 20 horas: 0,20 puntos por curso.

- Cursos de 21 a 50 horas: 0,30 puntos por curso.

- Cursos de 51 a 100 horas: 0,40 puntos por curso.

- Cursos de máis de 100 horas de duración: 0,60 puntos por curso.

Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada e o contido específico da formación .

3- CERTIFICADO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS SEGUNDO A NORMATIVA VIXENTE: (1 puntos): Acreditarase con copia compulsada do certificado, admitíndose unicamente os expedidos dende o 1 de xaneiro de 2008.

FASE DE OPOSICION.-

A fase de oposición consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio así como a superación da entrevista persoal.

4.- EXERCICIO.- O exercicio para contestar por escrito a un cuestionario de 20 preguntas con respostas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO II , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase 0, 50 puntos por resposta correcta:para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos, e o máximo será de 10 puntos.

O/A aspirante que non supere a proba non pasará á entrevista.

5.- ENTREVISTA. A entrevista servirá para valorar outros aspectos diferentes e/ou complementarios dos méritos valorados e terá unha valoración máxima de 4 puntos.

As preguntas versarán sobre as función propias do posto de auxiliar de axuda no fogar, tarefas e cometidos, así como as peculiaridades do seu desenvolvemento nun Concello rural, con poboación envellecida e con dispersión xeográfica, valorándose a adecuación do/a aspirante en función da actitude e aptitude respecto ao posto de traballo.

Igualmente, no caso de non posuír titulación acreditativa do coñecemento do Galego, valorarase o seu coñecemento a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes atenderase a maior puntuación obtida na fase de oposición, se persiste polo mellor resultado na proba escrita; se persiste , pola orde de preferencia no baremo de méritos da fase concurso (1° experiencia profesional, 2° formación, 3° carné de manipulador de alimentos) , e de persistir no empate por orde de presentación de solicitudes.

7.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES.

As solicitudes para participar no presente proceso de formación de bolsa de emprego presentaranse, conforme ó modelo que figura como anexo I das presentes bases, no prazo de seis (6) días hábiles no rexistro xeral do concello, en horario de 8 a 15.30 horas. Tamén poderán presentarse na forma en que  determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administración públicas, sendo necesario neste caso comunicar a remisión da documentación vía fax ó concello, que deberá ter entrada no prazo de presentación das solicitudes, pois noutro caso non serán admitidas ( Fax do concello: 982.13.52.57).

O referido prazo computarase a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria do BOP, achegándose a seguinte documentación:

a)      Anexo I (Instancia e declaración xurada).

b)      Copia compulsada do DNI.

c)      Copia compulsada da documentación acreditativa da titulación.

d)     Copia compulsada do carné de conducir.

e)      Acreditación documental xustificativa dos méritos. Os méritos non xustificados documentalmente non serán obxecto de valoración.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que as persoas interesadas aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web deste Concello de Trabada.(www.trabada .es)

8.- ADMISION DE ASPIRANTES.-

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldesa ditará resolución, no prazo máximo de tres días hábiles, aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web. Nesta lista indicarase nome, apelidos, DNI e causa de exclusión, no seu caso.

As persoas aspirantes excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do concello, para subsanar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da relación de admitidos e excluídos.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a ser incluídos na relación de admitidas, serán consideradas definitivamente excluídas. En caso de presentarse reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se fará pública do mesmo xeito.

Esta última resolución conterá o nomeamento da Comisión Avaliadora así como o lugar,  da reunión da Comisión Avaliadora, e data e hora da realización da fase da oposición ( proba e entrevista)

Se non existisen candidatos/as excluídos/as, a Alcaldesa elevará a definitiva a lista provisional, e na mesma resolución  farase o nomeamento da Comisión Avaliadora e lugar, datas e horas para a convocatoria da realización da proba e entrevista.

Previa ou simultaneamente ao día de celebración da fase de oposición, efectuarse reunión de valoración de méritos da Comisión Avaliadora, que se publicará novamente no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada e na páxina web (www.trabada.es).

Contra a resolución á que se refire o punto 1, así como aqueloutras que resolvan a subsanación de defectos ou omisión de inclusión a que se refire o punto 2 poderán interpoñerse os recursos que teñan lugar en dereito.

9. COMISION DE AVALIACION E SELECCIÓN .-

A Comisión de selección será colexiada e constará, como mínimo, de Presidente/a, tres vocais e secretario/a, que serán designados por resolución da Alcaldía de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Función Pública de Galicia.

O tribunal cualificador de cada posto de traballo está facultado para interpretar e resolver as  cuestións que poden suscitar na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa  actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros, sendo imprescindible, en todo caso, a asistencia do/a presidente/a e do secretario/a , titular ou suplente.

O réxime xurídico aplicable os tribunais de selección será o que se establece polo órganos colexiados na lei 40/2015 de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo o órgano que efectuara o seu    nomeamento, cando concorran entre eles algunhas das causas previstas no artigo 23 da Lei de Réxime Xurídico do Sector Público.

Na sesión constitutiva da Comisión de Avaliación procederase a valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes, e a comisión formará unha lista coa orde de clasificación de todos/as os/as aspirantes segundo a puntuación final obtida na referida fase , e farase pública no taboleiro de anuncios do Concello , na páxina web así coma no lugar de celebración da fase de oposición. Levantarase acta da sesión.

Finalizada a fase de oposición, levantarase acta no que se recolla o resultado final do proceso así como proposta de lista definitiva , así como a proposta de integrantes da bolsa de emprego das persoas aspirantes por orde de puntuación. Para efectuar esta proposta, a Comisión avaliadora poderá pedir informes e asesoramentos técnicos que teña por convenientes.

10.- FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO. -

Cando por razóns de necesidade ou urxencia por calquera dos motivos expresados nas presentes bases, sexa necesario cubrir algún dos postos de referencia procederase ao chamamento pola rigorosa orde establecida na Bolsa de Emprego. As persoas que figuren na bolsa terán a obriga de concorrer ao chamamento que se realice.

No acordo de iniciación de cobertura de cada praza exporase a necesidade e xustificación da urxencia da praza a prover así como as circunstancias que amparan a necesidade do nomeamento ou contratación do persoal.

As comunicacións se farán preferentemente por vía telefónica, para o cal os/as aspirantes deberán indicar ao menos un teléfono de contacto. En caso de indicar máis de un número, deberá consignarse unha orde de preferencia. A partir do momento en que se estableza o contacto telefónico o interesado disporá unicamente de 2 días laborables para formalizar o seu contrato laboral. Se pasado dito prazo, non se recibe contestación, se entenderá que desiste, pasando ao último lugar da lista. Os servizos de carácter urxente terán prioridade debendo contestar dita persoa nun máximo de 24 horas. Se admitirá o uso de aplicacións de mensaxería móvil instantánea .

Aos efectos de establecer a comunicación e en ausencia do propio/a interesado/a no número ou números indicados, bastará para entender realizado o contacto telefónico, tanto o deixar o correspondente aviso a outra persoa no número indicado, como deixar recado en contestador automático ou buzón de voz.

A persoa encargada destas comunicacións deixará constancia das mesmas, con indicación de data , hora e persoa ou sistema de contacto, mediante dilixencia no expediente.

Calquera interesado/a integrante da lista, poderá consultar esta, se ben os cambios na mesma non se notificarán persoalmente.

A presente bolsa se configura con rotación, que se producirá ao longo da vixencia da bolsa entre os integrantes da mesma en cada momento.

Os chamamentos á celebración de contratación de persoal de axuda no fogar farase de conformidade coa orde de puntuación obtida , coas seguintes condicións:

  1. A renuncia a un posto de traballo ofertado supoñerá o pase do aspirante ao último lugar da bolsa de emprego, salvo que concorra unha das seguintes circunstancias:

- Parto, baixa por maternidade ou situacións asimiladas.

- Enfermidade grave que impida a asistencia ao traballo, sempre que se acredite debidamente.

- Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo.

- Que estea desempeñando outro posto de traballo, o que se acreditará coa correspondente copia do contrato laboral.

2. Obtida a conformidade do/a interesado/a a quen corresponda o posto, a Alcaldía procederá ao seu nomeamento ou contratación laboral, deixándose constancia no expediente da Bolsa utilizada e dos cambios que como consecuencia do chamamento se produciran na correspondente lista.

Os/as candidatos/as que non tivesen sido localizados permanecerán nos postos que ocupaban na Bolsa, á espera dun novo chamamento.

As persoas que renuncien a dous chamamentos na mesma bolsa ou que non foran localizadas en dous chamamentos, sen mediar xustificación, quedarán excluídas automaticamente da Bolsa.

Aquelas integrantes da Bolsa que unha vez citados, non se presenten á citación, entenderase que rexeitaron a esta, pasando ao derradeiro lugar da lista, salvo que exista xustificación conforme ao xa mencionado.

11.- VIXENCIA DO LISTADO ADICIONAL.

Este listado adicional ten a mesma vixencia que a Bolsa de Emprego vixente do Concello de Trabada.

12.- NOMEAMENTO E FORMALIZACION DO CONTRATO E RÉXIME DO MESMO.

Naqueles casos que proceda , establecerase un período de proba de quince días , conforme ó art. 14 do Estatuto dos traballadores, transcorrido este período conforme ó artigo 14 do Estatuto de Traballadores, se a persoa de que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito.

Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito á percepción económica de ningunha clase. A formalización e continuación do contrato (dentro do período de duración establecido) queda condicionada ó mantemento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Trabada.

Por necesidades do servizo de axuda no fogar, o Concello de Trabada poderá modificar o número de horas a semana do posto de traballo ofertado antes da data tope de remate do mesmo.

13.- NORMAS FINAIS .-

  1. Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; Lei 5/1997, do 22 de xullo; RD-Lexislativo 1/1995, do 2 de marzo e demais normas que sexan de aplicación.
  2. Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base oitava, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos exclusivamente a través do Taboleiro de anuncios do concello e da súa páxina web (www.trabada.es).
  3. Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación da comisión avaliación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública., e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante.
  4. Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado contencioso-administrativo de Lugo no prazo de dous meses (contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria). Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición perante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ó da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.

ANEXO I: Modelo de instancia

D./Dona............................................................................................con DNI.........................

Domicilio en ................................................................., e con número de teléfono móvil ............................................. expón:

Que informado/a da convocatoria feita polo Concello de Trabada de bolsa de emprego para cubrir,  con carácter temporal, mediante concurso,  prazas de auxiliar para o servizo de axuda no fogar, considerando que reúne os requisitos previstos nas bases da convocatoria, solicita participar no concurso xuntando a documentación que se sinala a continuación:

Copia compulsada do DNI ou documento que proceda en caso de estranxeiros.

Copia compulsada do carné de conducir.

Copia compulsada do título académico esixido.

Acreditación documental xustificativa dos méritos alegados.

Así mesmo declaro que reúno os requisitos necesarios para contratar coas administracións públicas, que non estou incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente, que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónoma, e que non me encontro incurso en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

Declaro posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Declaro non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente de constitución de bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, firmo a presente declaración, baixo a miña responsabilidade, en Trabada, a ................. de......................de 2016.

ANEXO II

Tema 1

Concello de Trabada .   Encadre territorial e poboación.

Tema 2

Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Trabada

Tema 3

Municipios. Organización

Tema 4

Dereitos e deberes dos empregados públicos locais.

Tema 5.

Actuacións de carácter doméstico no Servizo de Axuda no fogar

Tema 6.

Actuacións de carácter persoal : hábitos hixiénicos e de administración de medicamentos.

Tema 7.

Psicopatoloxía máis frecuente no ancián .

Tema 8.

Apoios aos coidadores habituais de persoas dependentes.

En Trabada, a 4 de xuño de 2018.

A Alcaldesa

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 


ANEXO I: Modelo de instancia

 

D./Dona............................................................................................con DNI.........................

Domicilio en ................................................................., e con número de teléfono móvil ............................................. expón:

Que informado/a da convocatoria feita polo Concello de Trabada de bolsa de emprego para cubrir,  con carácter temporal, mediante concurso,  prazas de auxiliar para o servizo de axuda no fogar, considerando que reúne os requisitos previstos nas bases da convocatoria, solicita participar no concurso xuntando a documentación que se sinala a continuación:

Copia compulsada do DNI ou documento que proceda en caso de estranxeiros.

Copia compulsada do carné de conducir.

Copia compulsada do título académico esixido.

Acreditación documental xustificativa dos méritos alegados.

Así mesmo declaro que reúno os requisitos necesarios para contratar coas administracións públicas, que non estou incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente, que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónoma, e que non me encontro incurso en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

Declaro posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Declaro non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

Trabada a         de xuño de 2018.

Asdo.-

 

 

 
BASES PEON DEPUEMPREGO 2016 2017 PDF Imprimir
Noticias
Venres, 28 Abril 2017 08:13

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN  ASINADO COA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO “ PROGRAMA DEPUEMPREGO”.

1.-OBXECTO

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición de UN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES, en réxime laboral, para ser contratado como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego de conformidade co convenio asinado  entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Trabada con data 23 de setembro de 2016 para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa DEPUEMPREGO co obxeto da axuda e colaboracion co obxectivo común de dar cumprimento ás competencias mínimas obrigatorias ou obras esenciais xerando oportunidades de emprego na provincia de Lugo.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.

Visto que a Lei 48/2015, de 21 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, dispón no seu artigo 21 dous. que durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada de 6 meses, rematando en todo caso o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa ( 100 %).

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.

1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición

1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada así como na páxina web da Excma Deputación Provincial de Lugo, na páxina web do Concello e nun diario de maior tirada na provincia.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO

2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: Efectuarán, baixo a coordinación do Operario de Servizos Múltiples persoal laboral fixo do Concello, tarefas de limpeza e conservación de alcantarillado, mantemento de zonas verdes e beirarrúas e xestión de residuos en punto limpo.

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e)Non se require titulacion académica ( disposicion adicional 7ª EBEP).

f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  tres  (3  ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)     Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

c)     Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

d)     De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

e)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

f)     Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 1 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días naturais  contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento.

Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.

7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN

O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

-     Presidente/a: Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande.

-     Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

-     Primeiro Vogal:  D. Jesús Amor Vizcaíno , persoal laboral fixo concello de Trabada, conductor de tractor

-     Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

- Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala. ( 0,30 por pregunta correcta) .

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo un   (1) punto.

Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,05 puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta,  ou ben copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto, acompañado de informe de vida laboral onde figure os períodos aos que se refiren os contratos presentados . De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

b) Cursos de formación . Máximo dous  ( 2 puntos ).

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e que foran convocados, impartidos ou homologados polas Administracións Públicas,  Cámaras de Comercio e  Colexios Oficiais, así como diplomas de participación en Obradoiros de Emprego coordinados pola Xunta de Galicia e nos que o Concello de Trabada teña o papel de entidade colaboradora e/ou promotora:

Valoración dos cursos:

Ata 10 horas: 0,05 puntos.

Por cada curso de 10 a 50 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de 51 a 100 horas: 0,30 puntos.

Por cada curso de 101 a 200  horas: 0,45 puntos.

Por cada curso de máis de 201 horas: 0,75  puntos.

Por curso con formación teórico-práctica con nivel satisfactorio de Obradoiro de Emprego emitido nos Programas de Obradoiros de Emprego en colaboración coa Xunta de Galicia , nos que o Concello de Trabada sexa entidade colaboradora e/ou promotora  ,  cun mínimo de 900 horas en total : 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.

A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

c)  Dacordo co establecido no convenio asinado coa Deputación, se primará favorecer aos colectivos  con dificultades de integración laboral tales como (máximo 1 punto):

1.    mulleres: 0,50 puntos

2.    maiores de 45 anos: 0,50  puntos.

3.    parados de longa duración: 0,50 puntos. Considerase parado de longa  duración estar inscrito ininterronpidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses.

4.    persoas con discapacidade:0,50 puntos

5.    persoas vitimas de violencia de xénero: 0,50 puntos

Forma de acreditar estas situacións: segundo o establecido no punto 5 (Solicitudes).

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 3 días hábiles dende a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con dous  días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

Os/as aspirantes serán convocados  en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen.

Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección.

Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  na fase oposición, e se ainda persistise, no  primeiro apartado, segundo e terceiro, das valoración do concurso sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por sorteo público.

Finalizado o proceso de selección elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación.

A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de 2 (2) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación:

1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social.

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo de 6 meses,sendo en todo caso o data de remate o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa (100%).

13. IMPUGNACIÓN.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación.

Tema 2

Uso e mantemento de desbrozadoras.

Tema 3

Sinalización vial en traballos de desbroce de cunetas.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE TRABADA , EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.........................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso................................................

C.Postal........................Localidade........................................................................................................

Municipio..............................Provincia......................Teléfono....................................

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 Peón de servizos múltiples.

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

-no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

  • Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.
  • Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.
  • Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.
  • De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

  • Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª.

En Trabada, a  27 de abril de 2017,

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo) .

 

 

 

 

 
BOLSA EMPREGO SAF RESULTADOS PDF Imprimir
Noticias
Xoves, 27 Abril 2017 06:38

Constituído o Tribunal cualificador( Comision de Avaliacion e Seleccion) e de conformidade coas bases reguladoras da convocatoria das citadas prazas, acórdase proceder á avaliación da primeira  fase , CONCURSO, aplicando o baremo de méritos sobre os presentados polos interesados durante o prazo de presentacion de instancias , co seguinte resultado:

NOME E APELIDOS

EXPERIENCIA PROFESIONAL

FORMACION

CARNET MANIPULADOR

TOTAL

BERTA OLIVEROS YANES

2.00

0.80

0.00

2.80

ROCIO VILLARINO MENCIA

3.50

0.00

1.00

4.50

MARIA TEIJO FERNANDEZ

1.50

0.00

1.00

2.50

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

0.00

0.00

0.00

0.00

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

3.00

1.20

0.00

4.20

BELINDA OLIVA LOPEZ

0.00

0.00

1.00

1.00

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

3.00

1.20

0.00

4.20

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

3.00

1.80

1.00

5.80

ROCIO ALVAREZ AMOR

0.00

0.80

1.00

1.80

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

0.00

0.00

1.00

1.00

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

1.20

0.00

1.00

2.20

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

3.00

1.40

1.00

5.40

Publícanse os resultados no lugar de celebración da fase de oposición.

O primeiro exercicio , fase de OPOSICION, que foi realizado con data  de hoxe, 26 de abril, dende as  18.00  horas ata as 18.30   horas, consistindo nun cuestionario  de 20 preguntas baseadas no programa Anexo II.

A calificación do primeiro exercicio é a seguinte:

NOME E APELIDOS

NOTA EXERCICIO OBLIGATORIO

CALIFICACION APTO/NON APTO

BERTA OLIVEROS YANES

6

APTO

ROCIO VILLARINO MENCIA

6

APTO

MARIA TEIJO FERNANDEZ

5.50

APTO

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

4.50

NON APTO

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

5.00

APTO

BELINDA OLIVA LOPEZ

3.00

NON APTO

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

NON PRESENTADA

NON PRESENTADA

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

5.00

APTO

ROCIO ALVAREZ AMOR

NON PRESENTADA

NON PRESENTADA

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

6.00

APTO

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

7.50

APTO

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

6.00

APTO

Posteriormente, este Tribunal acorda publicar o anuncio de aprobados no lugar de celebración das probas, e procédese a realización da segunda  proba da fase de oposición, a entrevista persoal, co seguinte RESULTADO:

NOME E APELIDOS

NOTA ENTREVISTA

CALIFICACION APTO/NON APTO

BERTA OLIVEROS YANES

3.00

APTO

ROCIO VILLARINO MENCIA

3.00

APTO

MARIA TEIJO FERNANDEZ

3.50

APTO

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

3.00

APTO

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

4.00

APTO

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

3.00

APTO

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

3.00

APTO

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

3.00

APTO

O resultado total das duas fases é o seguinte:

NOME E APELIDOS

FASE OPOSICION

FASE CONCURSO

TOTAL PUNTUACION

BERTA OLIVEROS YANES

9.00

2.80

11.80

ROCIO VILLARINO MENCIA

9.00

4.50

13.50

MARIA TEIJO FERNANDEZ

9.00

2.50

11.50

ALBA MARIA MORAN YAÑEZ

NON APTA

0.00

---------------

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

8.00

4.20

12.20

BELINDA OLIVA LOPEZ

NON APTA

1.00

----------------

MARIA DE LOS ANGELES BERMUDEZ VIDAL

NON PRESENTADA

1.80

-----------------

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

9.00

5.80

14.80

ROCIO ALVAREZ AMOR

NON PRESENTADA

1.80

---------------

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

9.00

1.00

10.00

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

10.50

2.20

12.70

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

9.00

5.40

14.40

Concluídos os exercicios e debidamente cualificados, o Tribunal,  acorda propor a orde de clasificación dos aspirantes  na integración da bolsa de emprego de auxiliares do SAf do Concello de Trabada :

 

NOME E APELIDOS

ORDE DE CLASIFICACION

ANA ISABEL ALVAREZ LASTRA

JESUS GUTIERREZ FERNANDEZ

ROCIO VILARIÑO MENCIA

NOELIA LOMBARDERO CORTIÑAS

MARIA DE LOS ANGELES REY BARRERA

BERTA OLIVEROS YANES

MARIA TEIJO FERNANDEZ

MARIA JOSE LOPEZ RODRIGUEZ

 
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, DE DOUS SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ E CONVOCATORIA DA PROBA PDF Imprimir
Luns, 11 Xuño 2018 11:48

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 143/2018, DE 08 DE XUÑO

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, DE DOUS SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ E CONVOCATORIA DA PROBA

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, das prazas de dous SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 119/2018, de data 22/05/2018, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

PRIMEIRO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME E APELIDOS

33540954P WANESA LODOS UZ

34882628T JORGE LÓPEZ VIZCAÍNO

34881869T ADRIÁN LÓPEZ VIJANDE

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:

NINGÚN

SEGUNDO . Publicar a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración

-     Presidente/a: Rubén García Piñeiroa, Técnico de Deportes, persoal laboral fixo do Concello de Lourenzá.

-     Secretario: Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario-Interventor. Funcionario Xefe do Servicio de Cooperación e Asistencia da Deputación Provincial de Lugo.

-     Primeiro vogal: Don Antón Rodriguez Prieto, Técnico superior en actividades piscinas e dinamización deportivas, Maxisterio – especialidade educación Fisica , no Negociado de Deportes da Deputación de Lugo.

- Segundo vogal: D. José Luis Reigosa Espasande. Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo.

- Terceiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral fixo do Concello de Trabada, conductor de tractor.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 12 de xuño de 2018, ás 10:000h. Os candidatos deberán comparecer o día 12 de xuño de 2018, ás 10:00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 8 de xuño de 2.018.

A Alcaldesa,

Asdo. Mayra García Bermúdez

 
FICHA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO URBANO 2018 - TRABADA PDF Imprimir
Luns, 04 Xuño 2018 10:06

FICHA DE INSCRICIÓN CAMPAMENTO URBANO 2018 - TRABADA

· DATOS DO/A USUARIO/A

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………….

Idade: …………. DNI: ………………………. Nº S.S.: ……………………….…….

Período de asistencia ao campamento (marcar aquel ou aqueles que sexan, sendo posibles tanto un período como todos):

o Todo o período.

o Última semana de xuño.

o Do 1 ao 15 de xullo.

o Do 15 ao 30 de xullo.

o Do 1 ao 15 de agosto.

o Do 15 ao 30 de agosto.

o Primeira semana de setembro.

Alerxias ou intolerancias de calquera tipo (medicamentos, alimentarias,…): ...................

…………………………………………………………………………………………….

Sabe nadar? SI NON Nivel: ALTO MEDIO BAIXO

· DATOS DO PAI/NAI OU TITOR LEGAL DO USUARIO:

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

…………………………………………………………………………………………….

Idade: …………. DNI: ……………………….

Teléfono de contacto (2):

……………………………………..

……………………………………..

Persoa autorizada para recoller ao/a menor no caso de que non sexa a mesma que a anterior:

Nome e apelidos: …………………………………………………………………………

DNI: ……………………….

· DECLARACIÓN XURADA.

D/Dª.___________________________________________________, provisto/a de N.I.F._____________

  • DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Que segundo o Libro de Familia, esta está formada polo número de persoas:_________, dos cales,_________ necesitan o servizo.

2. Que un/dous proxenitores están en situación de alta laboral ou participando en procesos formativos para a integración laboral. (Marque a correcta)

· ADMISIÓN

Os/as nenos/as serán admitidos de acordo ás bases da convocatoria e terán preferencia as familias que cumpran os seguintes requisitos:

Situación sociofamiliar e ocupacional:

1. Por ser familias cun fillo único: 2,5 puntos.

2. Por ser familias con dous fillos: 5 puntos.

3. Por ser familias que teñan a condición de familia numerosa: 10 puntos.

4. Pola situación de alta laboral dun proxenitor: 5 puntos.

5. Pola situación de alta laboral dos dous proxenitores: 10 puntos

En caso de empate, terán preferencia aquelas familias nas que ambos proxenitores traballen.

  • CONDICIÓNS:

O Concello de Trabada, responsable do desenvolvemento e da execución destas actividades, dispón do meu consentimento expreso, polo que poderán utilizar fotografías tomadas no transcurso da participación nestas actividades e facer uso delas nas súas respectivas tarefas de información e difusión.

En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e no Regulamento Europeo de Protección de Datos comunicámoslle que os datos que vostede nos facilite quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros titularidade do Concello de Trabada co fin de poderlle prestar os nosos servizos, así como para manterlle informado sobre cuestións relativas ás actividades. O Concello de Trabada comprométese a tratar de forma confidencial os datos de carácter persoal facilitados e a non comunicar ou ceder devandita información a terceiros. Así mesmo informámoslle da posibilidade que ten de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos de carácter persoal mediante escrito dirixido a Concello de Trabada, Calle do Concello 15, 27765 Trabada.

 

Firma

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 12 de 35
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada