Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Sábado, 20 Xaneiro 2018  
ENCONTROS NA BIBLIOTECA PDF Imprimir
Martes, 01 Setembro 2015 08:44
O venres, 4 de setembro ás 20h teremos o I Encontro co
escritor Gonzalo Moure Trénor na Biblioteca Municipal de Trabada.
Gonzalo Moure Trénor, é un escritor dedicado á literatura xuvenil,
campo no que gañou premios tan importantes como o Gran Angular,
o Ala Delta, o Primavera ou o Barco de Vapor, entre outros.
Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou
como periodista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida
pola atención que presta a problemas de tipo social e tamén
á relación entre pais e adolescentes. Actualmente vive en Asturias,
indo a bibliotecas, institutos e colexios para dar charlas sobre os seus libros.
Cabe constatar tamén a gran labor de cooperación que realiza,
dando a coñecer ós xóvenes a situación do Sáhara Occidental,
así como a través del Bubisher, un bibliobús que no seu primeiro
ano de vida visitou todas as aulas dos campamentos!
Esperámosvos!

 


 
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PDF Imprimir
Martes, 01 Setembro 2015 07:04

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 166 do 01/09/2015 a ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.

O importe da axuda é de 50 €, para aquelas unidades familiares cuxa renta per cápita (isto é, a renda familiar dividida entre o número de membros) sexa igual ou inferior a 5.400 €.

O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 1 de outubro.

 
CURSO "EMPRENDER EN RESTAURACIÓN" PDF Imprimir
Martes, 01 Setembro 2015 06:28

 
SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO PDF Imprimir
Mércores, 19 Agosto 2015 06:46

A Consellería de Traballo e Benestar publica no BOP núm. 157 do 19/08/2015 as subvencións para a promoción do emprego autónomo xeral, así como o orientado ás persoas mozas inscritas no Fondo de Garantía Xuvenil, que subvencionan as altas como autónomas de persoas previamente desempregadas entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015.

 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 Seguinte > Final >>

Páxina 25 de 29
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada