Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
PLENO ORDINARIO DO MES DE NOVEMBRO PDF Imprimir
Xoves, 05 Novembro 2015 12:10

 
XORNADAS TÉCNICAS PDF Imprimir
Xoves, 22 Outubro 2015 12:30

Xornadas técnicas que se celebrarán en Ribadeo, no CFEA Pedro Murias de Ribadeo:

- Unha sobre eficiencia enerxética nas explotacións de vacún de leite

- Outra sobre introdución á cubicación de madeira

Os interesados poderán realizar a inscrición no propio centro. Os prazos rematan os días de comezo das xornadas.


 
XORNADA INFORMATIVA PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO EN E.S.O. PDF Imprimir
Mércores, 14 Outubro 2015 12:29

O próximo martes, 20 de outubro ás 20.30h no salón de actos da Casa da Cultura,

informaremos sobre a posibilidade de impartir clases no noso Concello

dirixidas a maiores de 18 anos, para obter o título de graduado en E.S.O.

 


 
XORNADAS PORTAS ABERTAS PDF Imprimir
Martes, 13 Outubro 2015 12:14

A partir do 15 de outubro, O Concello de Trabada ofrece Xornadas de Portas Abertas

para as actividades culturais, deportivas, educativas, recreativas e de ocio para todas as idades!

Mirade o horario das actividades nas que estades interesad@s en participar

e vide probalas de forma gratuíta ata o 31 de outubro!

 

 

 

 
AXUDAS A FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA PDF Imprimir
Venres, 18 Setembro 2015 06:47

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG núm. 179 do 18/09/2015 a ORDE do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da nosa Comunidade, destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia e cuxa renda non sexa superior a 7.500 € anuais per cápita (isto é, a renda total anual dividida entre o número de integrantes da unidade familiar).

O prazo de solicitude remata o 18 de outubro de 2015.

 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seguinte > Final >>

Páxina 29 de 35
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada