Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO , DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Luns, 18 Xuño 2018 20:46

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM.156 /2018 DO 18 DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de tres condutores para a motobomba municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017, a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15 de xullo de 2017, por un período de dous meses e medio, e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de tres condutores de motobomba para o servizo municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO , DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O personal vinculado co servizo do vehiculo motomba integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe a entidade local, priorizando a actuación do vehículo motobomba na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a movilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.

Respecto a xornada dos operarios conductores, segundo o establecido no mencionado convenio que literalmente dí así: “Manter operativos os vehiculos motobombas durante cada un dos meses de vixencia do convenio, estando operativo/s dito/s vehiculo/s polo menos 16 horas ao día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante a vixencia do convenio, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que non sexan requerido/s para a extinción destes”

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de dous meses e medio de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 1 de xullo de 2018, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c)Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f Estar en posesión do carné de conducir C.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación específica ( Disposicion adicional 6º EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de cinco dias hábiles dende o día seguinte á publicación de anuncio .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es)

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A valoración da fase de concurso terá lugar o día 28 de xuño na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 11.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo , nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como condutores de motobomba. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

7.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria ata as 15.30 horas do séptimo día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

- Terceiro vogal: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

- Secretaria: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos ; o Tribunal valorará os méritos dos aspirantes admitidos baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Desempeñar ou ter desempeñado as funcións do posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en calquera Administración Pública ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes da mesma, con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración, e referidos aos exercicios seguintes, dende o exercicio 2010 ata o presente exercicio 2016: 0,15 puntos por cada mes completo. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado . De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final das persoas que obtiveran a calificación de aptas será a resultante da fase de concurso. Serán propostas para o posto de traballo convocado as tres persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo , ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse o día 10 de xullo na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 11.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 3 días hábiles, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do carné de conducir C.

c) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

g) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. Todos os seleccionados deberán de asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 18 de xuño de 2018.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Condutor de motobomba

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................ ........................................... ………..............................

PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME

............................................ ............................................ ………................................

DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO PROVINCIA DE NACEMENTO

.................................. ............................................................ ..................................

DNI DOMICILIO CP E MUNICIPIO

............................................. ...................................... ..............................................

PROVINCIA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non / Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data: ……………………………………………………… Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN XEFE DE BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Luns, 18 Xuño 2018 20:45

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 155 /2018 DO 18 DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de un xefe de brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017, a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15 de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN XEFE DE BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

En concreto, responsabilizarase da brigada municipal encargada da vixilancia e defensa contra os incendios forestais e das labores encamiñadas á súa prevención e á diminución do risco de propagación e minimización de danos, no caso de producirse. Así actuará como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito Forestal ao que pertenza a entidade local.

Como compoñente da brigada realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridas para a defensa destes, durante cada un dos tres meses de operatividade da mesma, con plena dispoñibilidade, incluindo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como as quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 1 de xullo de 2018 no horario que demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 1.000 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993, de 22 de decembro, en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. No suposto de invocar un título equivalente aos esixidos acompañarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Estar en posesión do carné de conducir B.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

g) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

h) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO DIAS HÁBILES a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es)

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A valoración da fase de concurso terá lugar o día 28 de xuño na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 10.00 h.

5.- Seleccionado o traballador, será convocado para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo , nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como xefe de brigada . De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente

6.- O traballador finalmente seleccionado será convocado para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo física baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día primeiro hábil posterior á inserción de anuncio da convocatoria ata as 15.30 horas do séptimo día hábil.

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

- Terceiro vogal: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

- Secretaria: Persoal designado pola Deputación de Lugo ou Concello da provincia.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/kilómetro, así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos ; o Tribunal valorará os méritos dos aspirantes admitidos baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude

1.1.FASE DE CONCURSO (máximo 5 puntos )

O Tribunal valorará os méritos aportados polos aspirantes baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados como peón de brigada de incendios/GRUMIR valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado cursos relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado . De persistir o empate se atenderá á maior experiencia como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó maior número de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final será a total da obtida na fase de concurso. Será proposta para o posto de traballo convocado a persoa que acadara a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo, ou calquera outra continxencia da persoa candidata proposta, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse o día 26 de xuño na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e o nomeamento será feito pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- A persoa proposta presentará na Secretaría do Concello, no prazo de 1 días hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título habilitante, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

h) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo a orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico e a proba física de esforzo ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

Trabada, 18 de xuño de 2018

A alcaldesa

Mayra García Bermúdez

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Capataz de brigada de incendios

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................ ........................................... ………..............................

PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME

............................................ ............................................ ………................................

DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO PROVINCIA DE NACEMENTO

.................................. ............................................................ ..................................

DNI DOMICILIO CP E MUNICIPIO

............................................. ...................................... ..............................................

PROVINCIA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non / Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data: ……………………………………………………… Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE CATRO PEÓNS PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Luns, 18 Xuño 2018 20:43

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 154/2018, DE 18 DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración suscrito entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de catro peons para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017, a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15 de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de catro traballadores (tres peóns ordinarios e un peón condutor) para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN, DE CATRO PEÓNS PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

De conformidade co Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, os compoñentes da brigada realizarán labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridos para a defensa de eles durante cada un dos tres meses de operatividade da brigada, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 1 de xullo de 2018, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

g) Non se require titulación académica ( disposicion adicional 6ª EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de (5) cinco días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación de anuncio de convocatoria.

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es)

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A valoración da fase de concurso terá lugar o día 28 de xuño na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 12.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo , nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como peons de brigada. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- Os traballadores finalmente seleccionados serán convocados para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao de publicación do anuncio de convocatoria ata as 15.30 horas do séptimo día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado pola Excma Deputación Provincial de Lugo ou por un Concello da provincia.

- Terceiro vogal: Persoal designado pola Excma Deputación Provincial de Lugo ou por un Concello da provincia.

- Secretaria: Persoal designado pola Excma Deputación Provincial de Lugo ou por un Concello da provincia.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso-oposición cunha puntuacion máxima de dez puntos ; o Tribunal valorará os méritos dos aspirantes admitidos baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

OPOSICIÓN: (máximo 7 puntos)

Primeira e única proba:

Proba práctica que consistirá nunha simulación do traballo, no cal o aspirante deberá desenvolver as tarefas relacionadas coa praza.

CONCURSO: (máximo 3 puntos)

Experiencia laboral (máximo 1 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados como peón de brigada de incendios/GRUMIR valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade, e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 1 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,50 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 1 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida na proba de oposición. De persistir o empate se atenderá á maior experiencia sen o límite establecido de 2 puntos; de persistir o empate, atenderáse ó maior número de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1 punto. Si aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- Serán propostas para o posto de traballo convocado as catro persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo , ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- A persoa que obteña a maior de todas as puntuacións, será designado peón condutor.

6.- O Tribunal de valoración reuniráse o día 26 de xuño na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 12.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 1 día hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

g) Número de afiliación á Seguridade Social

h) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 18 de xuño de 2018.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Peón de Brigada

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................ ........................................... ………..............................

PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME

............................................ ............................................ ………................................

DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO PROVINCIA DE NACEMENTO

.................................. ............................................................ ..................................

DNI DOMICILIO CP E MUNICIPIO

............................................. ...................................... ..............................................

PROVINCIA TELÉFONO CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non / Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data: ……………………………………………………… Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DUN LISTADO ADICIONAL PARA A BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA PDF Imprimir
Venres, 15 Xuño 2018 14:58

 

BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DUN LISTADO ADICIONAL PARA A BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA

En calquera organización que preste servizos, o emprego dos materiais adecuados e recursos humanos suficientemente preparados é unha necesidade imprescindible hoxe en día para poder levar a cabo de forma adecuada os seus fins e obxectivos. Isto tamén ocorre en organizacións de carácter público, como é o caso do Concello de Trabada que presta os seus servizos á veciñanza do Concello .

Non obstante debemos entender que o Concello debe de actuar facilitando experiencia ás persoas desempregadas do municipio para colaborar na incorporación destas ao mundo laboral.

Na cuestión relativa á organización dos recursos humanos no sector público débense ter en conta, ademais, os principios constitucionais de acceso ao emprego público previstos nos artigos 32.2 e 103.3 da Constitución Española, que son os de igualdade, mérito e capacidade.

Na actualidade o acceso ao emprego é unha necesidade para o desenrolo da persoa e non obstante, aínda quedan por acadar os obxectivos de emprego que satisfagan a demanda de tódolos veciños e veciñas do municipio de Trabada.

A este respecto, débese ter en conta que a Administración Local é a que está mais próxima das demandas de servizos por parte da cidadanía, e a que ven asumindo progresivamente competencias que implican unha maior complexidade no seu desempeño.

A aprobación e a creación de Bolsas de Traballo, pretende mellorar a calidade das prestacións que actualmente recibe a cidadanía e , en especial, axilizar e minorar custes dos procesos selectivos para cubrir prazas de carácter temporal , neste caso para cubrir necesidades temporais de persoal de carácter non permanente.

Usando este tipo de instrumento de xestión de persoal , se pretende axilizar a selección das persoas aspirantes para cubrir necesidades de emprego de carácter temporal para a Administración, garantindo que os/as aspirantes coñezan a súa posición na Bolsa de cara a unha posible contratación laboral futura por parte desta Administración Pública.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-

O obxecto das presentes bases é establecer un listado adicional adicional a partir da apertura dun prazo extraordinario da Bolsa de Emprego de auxiliares de axuda no fogar do Concello de Trabada, vixente mediante a contratación laboral temporal prevista nos supostos dos artigos 2, 3 e 4 do Real Decreto 2720/1988, de 18 de decembro e no artigo 15 do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución naqueles casos en que sexa necesario e/ou urxente a cobertura destes postos pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

*Situacións de incapacidade temporal ou definitiva do/a titular do posto, en tanto non se cubra polo procedemento de provisión de postos de traballo legalmente previsto.

*Vacacións, licenza e permisos.

*Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

*Acumulación de tarefas no servizo.

*Calquera outra que esixa a contratación inmediata para atención do servizo.

O contrato o que se subscribirá será algún dos regulados no artigo 15 do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en función da necesidade do servizo que motive o chamamento .

O sistema de selección é o concurso- oposición .

En ningún caso a mera pertenza á Bolsa implicará dereito algún a obter nomeamento ou contrato laboral, garantíndose unicamente que, cando o Concello considere conveniente e necesaria a súa utilización, polos motivos que concorran no servizo , respectarase o procedemento de chamamento regulado nestas bases, podendo o Concello, cando o considere conveniente, de forma xustificada, para cubrir postos vacantes ou necesidades temporais do servizo , aínda que houber constituída unha Bolsa concreta, convocar ex profeso un proceso selectivo.

2.- NORMATIVA APLICABLE.-

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións:

- Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público;

-Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas),

- Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

- Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño.

- Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.

- Real Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

- Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña ó Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables

3.- FUNCIONS.-

As funcións das/os auxiliares de axuda no fogar serán as recollidas na vixente ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no fogar do Concello de Trabada e demais que sexan propias do posto e categoría.

4.- PUBLICIDADE.-

A presente convocatoria e bases publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Trabada, páxina web do Concello www.trabada.es e BOP de Lugo.

5.- CONDICIONS E REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES .-

As persoas aspirantes a tomar parte no concurso deberán reunir, na data en que remate o prazo concedido para a presentación das solicitudes os seguintes requisitos:

a)      Ser español/a ou cidadá/n dalgún dos Estados membros da Unión Europea nos termos establecidos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado/a público, así como estranxeiros/as con residencia legal en España.

b)      Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c)      Titulación: O título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no R.D. 496/2003, de 2 de maio ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade (art. 12.2 da Orde de 22.01.2009).

d)     Posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

e)      Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f)       Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

g)      Non estar incurso/a en causa vixente de incapacidade ou incompatibilidade.

h)      Galego: Acreditalo coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008. A acreditación do coñecemento escrito farase por medio da presentación do certificado de iniciación de lingua galega (mínimo Celga 2).

No caso de non posuír a titulación sinalada valorarase o coñecemento de Galego a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

Todos estes requisitos deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

6.-PROCESO DE SELECCIÓN.-

O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polas persoas aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

FASE DE CONCURSO.-

A baremación da fase do concurso da bolsa de emprego de persoal laboral temporal para a prestación do servizo de axuda no fogar farase en función do seguinte baremo de méritos e puntuación:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: (Máximo 3 puntos)

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en Administracións Publicas 0,25 puntos por mes traballado

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en empresas privadas: 0,15 puntos por mes traballado.

Rexeitaranse as fraccións de tempo inferior o mes.

Os contratos de xornada inferior á xornada completa valoraranse de xeito proporcional en base a vida laboral.

Acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada e copia compulsada dos contratos de traballo ou certificados de empresa en modelo oficial no que conste a categoría profesional. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

2.- FORMACIÓN: (Máximo 2 puntos):

Por asistencia a cursos organizados por Administracións públicas ou homologados polas mesmas, directamente relacionados coas funcións do posto:

- Cursos de ata 20 horas: 0,20 puntos por curso.

- Cursos de 21 a 50 horas: 0,30 puntos por curso.

- Cursos de 51 a 100 horas: 0,40 puntos por curso.

- Cursos de máis de 100 horas de duración: 0,60 puntos por curso.

Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada e o contido específico da formación .

3- CERTIFICADO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS SEGUNDO A NORMATIVA VIXENTE: (1 puntos): Acreditarase con copia compulsada do certificado, admitíndose unicamente os expedidos dende o 1 de xaneiro de 2008.

FASE DE OPOSICION.-

A fase de oposición consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio así como a superación da entrevista persoal.

4.- EXERCICIO.- O exercicio para contestar por escrito a un cuestionario de 20 preguntas con respostas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO II , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase 0, 50 puntos por resposta correcta:para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos, e o máximo será de 10 puntos.

O/A aspirante que non supere a proba non pasará á entrevista.

5.- ENTREVISTA. A entrevista servirá para valorar outros aspectos diferentes e/ou complementarios dos méritos valorados e terá unha valoración máxima de 4 puntos.

As preguntas versarán sobre as función propias do posto de auxiliar de axuda no fogar, tarefas e cometidos, así como as peculiaridades do seu desenvolvemento nun Concello rural, con poboación envellecida e con dispersión xeográfica, valorándose a adecuación do/a aspirante en función da actitude e aptitude respecto ao posto de traballo.

Igualmente, no caso de non posuír titulación acreditativa do coñecemento do Galego, valorarase o seu coñecemento a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes atenderase a maior puntuación obtida na fase de oposición, se persiste polo mellor resultado na proba escrita; se persiste , pola orde de preferencia no baremo de méritos da fase concurso (1° experiencia profesional, 2° formación, 3° carné de manipulador de alimentos) , e de persistir no empate por orde de presentación de solicitudes.

7.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES.

As solicitudes para participar no presente proceso de formación de bolsa de emprego presentaranse, conforme ó modelo que figura como anexo I das presentes bases, no prazo de seis (6) días hábiles no rexistro xeral do concello, en horario de 8 a 15.30 horas. Tamén poderán presentarse na forma en que  determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administración públicas, sendo necesario neste caso comunicar a remisión da documentación vía fax ó concello, que deberá ter entrada no prazo de presentación das solicitudes, pois noutro caso non serán admitidas ( Fax do concello: 982.13.52.57).

O referido prazo computarase a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria do BOP, achegándose a seguinte documentación:

a)      Anexo I (Instancia e declaración xurada).

b)      Copia compulsada do DNI.

c)      Copia compulsada da documentación acreditativa da titulación.

d)     Copia compulsada do carné de conducir.

e)      Acreditación documental xustificativa dos méritos. Os méritos non xustificados documentalmente non serán obxecto de valoración.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que as persoas interesadas aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web deste Concello de Trabada.(www.trabada .es)

8.- ADMISION DE ASPIRANTES.-

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldesa ditará resolución, no prazo máximo de tres días hábiles, aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web. Nesta lista indicarase nome, apelidos, DNI e causa de exclusión, no seu caso.

As persoas aspirantes excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do concello, para subsanar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da relación de admitidos e excluídos.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a ser incluídos na relación de admitidas, serán consideradas definitivamente excluídas. En caso de presentarse reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se fará pública do mesmo xeito.

Esta última resolución conterá o nomeamento da Comisión Avaliadora así como o lugar,  da reunión da Comisión Avaliadora, e data e hora da realización da fase da oposición ( proba e entrevista)

Se non existisen candidatos/as excluídos/as, a Alcaldesa elevará a definitiva a lista provisional, e na mesma resolución  farase o nomeamento da Comisión Avaliadora e lugar, datas e horas para a convocatoria da realización da proba e entrevista.

Previa ou simultaneamente ao día de celebración da fase de oposición, efectuarse reunión de valoración de méritos da Comisión Avaliadora, que se publicará novamente no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada e na páxina web (www.trabada.es).

Contra a resolución á que se refire o punto 1, así como aqueloutras que resolvan a subsanación de defectos ou omisión de inclusión a que se refire o punto 2 poderán interpoñerse os recursos que teñan lugar en dereito.

9. COMISION DE AVALIACION E SELECCIÓN .-

A Comisión de selección será colexiada e constará, como mínimo, de Presidente/a, tres vocais e secretario/a, que serán designados por resolución da Alcaldía de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Función Pública de Galicia.

O tribunal cualificador de cada posto de traballo está facultado para interpretar e resolver as  cuestións que poden suscitar na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa  actuación no principio de economía, celeridade e eficiencia.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros, sendo imprescindible, en todo caso, a asistencia do/a presidente/a e do secretario/a , titular ou suplente.

O réxime xurídico aplicable os tribunais de selección será o que se establece polo órganos colexiados na lei 40/2015 de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo o órgano que efectuara o seu    nomeamento, cando concorran entre eles algunhas das causas previstas no artigo 23 da Lei de Réxime Xurídico do Sector Público.

Na sesión constitutiva da Comisión de Avaliación procederase a valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes, e a comisión formará unha lista coa orde de clasificación de todos/as os/as aspirantes segundo a puntuación final obtida na referida fase , e farase pública no taboleiro de anuncios do Concello , na páxina web así coma no lugar de celebración da fase de oposición. Levantarase acta da sesión.

Finalizada a fase de oposición, levantarase acta no que se recolla o resultado final do proceso así como proposta de lista definitiva , así como a proposta de integrantes da bolsa de emprego das persoas aspirantes por orde de puntuación. Para efectuar esta proposta, a Comisión avaliadora poderá pedir informes e asesoramentos técnicos que teña por convenientes.

10.- FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO. -

Cando por razóns de necesidade ou urxencia por calquera dos motivos expresados nas presentes bases, sexa necesario cubrir algún dos postos de referencia procederase ao chamamento pola rigorosa orde establecida na Bolsa de Emprego. As persoas que figuren na bolsa terán a obriga de concorrer ao chamamento que se realice.

No acordo de iniciación de cobertura de cada praza exporase a necesidade e xustificación da urxencia da praza a prover así como as circunstancias que amparan a necesidade do nomeamento ou contratación do persoal.

As comunicacións se farán preferentemente por vía telefónica, para o cal os/as aspirantes deberán indicar ao menos un teléfono de contacto. En caso de indicar máis de un número, deberá consignarse unha orde de preferencia. A partir do momento en que se estableza o contacto telefónico o interesado disporá unicamente de 2 días laborables para formalizar o seu contrato laboral. Se pasado dito prazo, non se recibe contestación, se entenderá que desiste, pasando ao último lugar da lista. Os servizos de carácter urxente terán prioridade debendo contestar dita persoa nun máximo de 24 horas. Se admitirá o uso de aplicacións de mensaxería móvil instantánea .

Aos efectos de establecer a comunicación e en ausencia do propio/a interesado/a no número ou números indicados, bastará para entender realizado o contacto telefónico, tanto o deixar o correspondente aviso a outra persoa no número indicado, como deixar recado en contestador automático ou buzón de voz.

A persoa encargada destas comunicacións deixará constancia das mesmas, con indicación de data , hora e persoa ou sistema de contacto, mediante dilixencia no expediente.

Calquera interesado/a integrante da lista, poderá consultar esta, se ben os cambios na mesma non se notificarán persoalmente.

A presente bolsa se configura con rotación, que se producirá ao longo da vixencia da bolsa entre os integrantes da mesma en cada momento.

Os chamamentos á celebración de contratación de persoal de axuda no fogar farase de conformidade coa orde de puntuación obtida , coas seguintes condicións:

  1. A renuncia a un posto de traballo ofertado supoñerá o pase do aspirante ao último lugar da bolsa de emprego, salvo que concorra unha das seguintes circunstancias:

- Parto, baixa por maternidade ou situacións asimiladas.

- Enfermidade grave que impida a asistencia ao traballo, sempre que se acredite debidamente.

- Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo.

- Que estea desempeñando outro posto de traballo, o que se acreditará coa correspondente copia do contrato laboral.

2. Obtida a conformidade do/a interesado/a a quen corresponda o posto, a Alcaldía procederá ao seu nomeamento ou contratación laboral, deixándose constancia no expediente da Bolsa utilizada e dos cambios que como consecuencia do chamamento se produciran na correspondente lista.

Os/as candidatos/as que non tivesen sido localizados permanecerán nos postos que ocupaban na Bolsa, á espera dun novo chamamento.

As persoas que renuncien a dous chamamentos na mesma bolsa ou que non foran localizadas en dous chamamentos, sen mediar xustificación, quedarán excluídas automaticamente da Bolsa.

Aquelas integrantes da Bolsa que unha vez citados, non se presenten á citación, entenderase que rexeitaron a esta, pasando ao derradeiro lugar da lista, salvo que exista xustificación conforme ao xa mencionado.

11.- VIXENCIA DO LISTADO ADICIONAL.

Este listado adicional ten a mesma vixencia que a Bolsa de Emprego vixente do Concello de Trabada.

12.- NOMEAMENTO E FORMALIZACION DO CONTRATO E RÉXIME DO MESMO.

Naqueles casos que proceda , establecerase un período de proba de quince días , conforme ó art. 14 do Estatuto dos traballadores, transcorrido este período conforme ó artigo 14 do Estatuto de Traballadores, se a persoa de que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito.

Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito á percepción económica de ningunha clase. A formalización e continuación do contrato (dentro do período de duración establecido) queda condicionada ó mantemento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Trabada.

Por necesidades do servizo de axuda no fogar, o Concello de Trabada poderá modificar o número de horas a semana do posto de traballo ofertado antes da data tope de remate do mesmo.

13.- NORMAS FINAIS .-

  1. Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; Lei 5/1997, do 22 de xullo; RD-Lexislativo 1/1995, do 2 de marzo e demais normas que sexan de aplicación.
  2. Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base oitava, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos exclusivamente a través do Taboleiro de anuncios do concello e da súa páxina web (www.trabada.es).
  3. Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación da comisión avaliación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública., e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante.
  4. Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado contencioso-administrativo de Lugo no prazo de dous meses (contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria). Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición perante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ó da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.

ANEXO I: Modelo de instancia

D./Dona............................................................................................con DNI.........................

Domicilio en ................................................................., e con número de teléfono móvil ............................................. expón:

Que informado/a da convocatoria feita polo Concello de Trabada de bolsa de emprego para cubrir,  con carácter temporal, mediante concurso,  prazas de auxiliar para o servizo de axuda no fogar, considerando que reúne os requisitos previstos nas bases da convocatoria, solicita participar no concurso xuntando a documentación que se sinala a continuación:

Copia compulsada do DNI ou documento que proceda en caso de estranxeiros.

Copia compulsada do carné de conducir.

Copia compulsada do título académico esixido.

Acreditación documental xustificativa dos méritos alegados.

Así mesmo declaro que reúno os requisitos necesarios para contratar coas administracións públicas, que non estou incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente, que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónoma, e que non me encontro incurso en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

Declaro posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Declaro non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente de constitución de bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, firmo a presente declaración, baixo a miña responsabilidade, en Trabada, a ................. de......................de 2016.

ANEXO II

Tema 1

Concello de Trabada .   Encadre territorial e poboación.

Tema 2

Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Trabada

Tema 3

Municipios. Organización

Tema 4

Dereitos e deberes dos empregados públicos locais.

Tema 5.

Actuacións de carácter doméstico no Servizo de Axuda no fogar

Tema 6.

Actuacións de carácter persoal : hábitos hixiénicos e de administración de medicamentos.

Tema 7.

Psicopatoloxía máis frecuente no ancián .

Tema 8.

Apoios aos coidadores habituais de persoas dependentes.

En Trabada, a 4 de xuño de 2018.

A Alcaldesa

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 


ANEXO I: Modelo de instancia

 

D./Dona............................................................................................con DNI.........................

Domicilio en ................................................................., e con número de teléfono móvil ............................................. expón:

Que informado/a da convocatoria feita polo Concello de Trabada de bolsa de emprego para cubrir,  con carácter temporal, mediante concurso,  prazas de auxiliar para o servizo de axuda no fogar, considerando que reúne os requisitos previstos nas bases da convocatoria, solicita participar no concurso xuntando a documentación que se sinala a continuación:

Copia compulsada do DNI ou documento que proceda en caso de estranxeiros.

Copia compulsada do carné de conducir.

Copia compulsada do título académico esixido.

Acreditación documental xustificativa dos méritos alegados.

Así mesmo declaro que reúno os requisitos necesarios para contratar coas administracións públicas, que non estou incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatibilidade das previstas na lexislación vixente, que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónoma, e que non me encontro incurso en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

Declaro posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Declaro non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

Trabada a         de xuño de 2018.

Asdo.-

 

 

 
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, DE DOUS SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ E CONVOCATORIA DA PROBA PDF Imprimir
Luns, 11 Xuño 2018 11:48

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 143/2018, DE 08 DE XUÑO

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, DE DOUS SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ E CONVOCATORIA DA PROBA

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, das prazas de dous SOCORRISTAS PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PISCINAS MUNICIPAIS DOS CONCELLOS DE TRABADA E LOURENZÁ.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 119/2018, de data 22/05/2018, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO:

PRIMEIRO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME E APELIDOS

33540954P WANESA LODOS UZ

34882628T JORGE LÓPEZ VIZCAÍNO

34881869T ADRIÁN LÓPEZ VIJANDE

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:

NINGÚN

SEGUNDO . Publicar a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración

-     Presidente/a: Rubén García Piñeiroa, Técnico de Deportes, persoal laboral fixo do Concello de Lourenzá.

-     Secretario: Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario-Interventor. Funcionario Xefe do Servicio de Cooperación e Asistencia da Deputación Provincial de Lugo.

-     Primeiro vogal: Don Antón Rodriguez Prieto, Técnico superior en actividades piscinas e dinamización deportivas, Maxisterio – especialidade educación Fisica , no Negociado de Deportes da Deputación de Lugo.

- Segundo vogal: D. José Luis Reigosa Espasande. Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo.

- Terceiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral fixo do Concello de Trabada, conductor de tractor.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 12 de xuño de 2018, ás 10:000h. Os candidatos deberán comparecer o día 12 de xuño de 2018, ás 10:00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 8 de xuño de 2.018.

A Alcaldesa,

Asdo. Mayra García Bermúdez

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 35
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada