RESOLUCION DA ALCALDIA Nº 165/2018, de 26 de xuño
Vista a Resolución da Alcaldía nº 57/2017, de 20 de marzo de 2017 pola que se aproban as BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, e vista a resolución da Alcaldía de Nº 133/2018, DE 4 DE XUÑO
En data 15 de xuño de 2018 publícase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo anuncio ao respecto, abrindo prazo de presentación de instancias. Igualmente foi anunciado na páxina web do Concello , taboleiro de anuncios e na sede electrónica do mesmo.
Durante o prazo establecido presentaron instancias de participación as seguintes persoas solicitantes:
Nome a apelidos
|
Nº Rexistro Entrada
|
DNI
|
Mónica Quintana Fernández
|
2018-E-R-1121
|
34636690R
|
Rubén Romero Méndez
|
2018-E-R-1124
|
34881636C
|
Alicia Conde Díaz
|
2018-E-R-1179
|
71870217R
|
Laura Fernández Fernández
|
2018-E-R-1192
|
34881233P
|
Revisada a documentación presentada polas aspirantes, con especial análise da cláusula 5 c) das bases que rexen a selección en relación coa Resolución de 3 de novembro de 2015 da Secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade polo que se publica o acordo do Consello Territorial de Servizos Sociais e do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia .
De conformidade coas bases que regulan a selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuídas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do Réxime Local e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, VEÑO EN RESOLVER :
PRIMEIRO.- Aprobar o listaxe definitiva de admitidas e excluídas ao proceso selectivo para a formación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar mediante o procedemento de concurso – oposición convocado por Resolución de 133/2018, de 4 de xuño.
A relación completa de aspirantes así como a relación de persoas excluídas , xunto co defecto motivador da exclusión , exporase no taboleiro de anuncios e na páxina Web do Concello:
|
Mónica Quintana Fernández
|
Rubén Romero Méndez
|
Alicia Conde Díaz
|
Laura Fernández Fernández
|
ASPIRANTES EXCLUIDAS: ningunha
SEGUNDO .- De conformidade co establecido no apartado 8 da base , por non haber aspirantes excluídas, a lista quedará elevada a definitiva automaticamente.
TERCEIRO .- Designar o seguinte Comisión de Avaliación e Selección , conforme ao establecido no apartado 9 das bases da Convocatoria :
Presidencia: Dona Ana Gonzalez Díaz, Traballadora Social Concello de Trabada .
Secretaria: Dona María del Carmen Fernández , auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.
Vogalías titulares:
Dona Yolanda Amor Fernández , auxiliar axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada
Dona Verónica Rodríguez Fernández, auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral fixa Concello de Trabada.
Dona Laura García Delantero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.
CUARTO.- O Tribunal Cualificador reunirase o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ás 17,00 horas, valorando en primeiro termo a fase do concurso.
QUINTO.- Convocar as aspirantes admitidas á realización das probas da fase de oposición para o XOVES 28 DE XUÑO DE 2018 ÁS 17,30 HORAS na Casa da Cultura do Concello de Trabada.
SEXTO.- Ordenar a publicación da presente no Taboleiro de Anuncios da Corporación e na páxina Web do Concello.
Contra a designación do Tribunal Cualificador poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a Alcaldesa de Trabada no prazo de un mes dende a súa publicación no Taboleiro de Anuncios, ou ben recurso contencioso- administrativo, no prazo de dous meses dende dita publicación, ante o órgano xurisdicional competente, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común e Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso- Administrativa, significándose que no caso de interpoñer recurso de reposición non se poderá interpoñer o contencioso –administrativo en tanto aquel non sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do mesmo.
En Trabada, a 26 de xuño de 2018.
A Alcaldesa.
Asdo. Mayra García Bermúdez.
|