RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 72 /2018, de 30 de abril
APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL E CONVOCATORIA DA PROBA
Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de ANIMADOR SOCIOCULTURAL APROL RURAL .
De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 359 /2017, de data / 24/11/2017, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,
RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,
RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:
DNI NOME APELIDOS
33542301K CRISTINA GALLO COMENDEIRO
34882319J TAMARA IGLESIAS MARTINEZ
33547788B JOSEFA LUENGO EDROSA
RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:
- NINGÚN
SEGUNDO . Publicar a lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos.
TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración
- Presidente/a: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social
- Secretaria: Dna. Begoña Teijeiro Campo, secretaria-interventora do Concello de Barreiros.
- Primeiro vogal: D. José Luis Reigosa Espasande, Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo.
- Segundo vogal: Dna. Sandra Amieiro Blanco, funcionaria do Concello de Barreiros.
- Terceiro vogal: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova,persoal laboral fixo.
No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.
No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.
CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 3 de maio de 2018, ás 11.30h. Os candidatos deberán comparecer o día 3 de maio de 2018, ás 12.00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.
Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 30 de abril de 2018.
A Alcaldesa,
Asdo. Mayra García Bermúdez
|