Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
XORNADA INFORMATIVA PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO EN E.S.O. PDF Imprimir
Mércores, 14 Outubro 2015 12:29

O próximo martes, 20 de outubro ás 20.30h no salón de actos da Casa da Cultura,

informaremos sobre a posibilidade de impartir clases no noso Concello

dirixidas a maiores de 18 anos, para obter o título de graduado en E.S.O.

 


 
XORNADAS PORTAS ABERTAS PDF Imprimir
Martes, 13 Outubro 2015 12:14

A partir do 15 de outubro, O Concello de Trabada ofrece Xornadas de Portas Abertas

para as actividades culturais, deportivas, educativas, recreativas e de ocio para todas as idades!

Mirade o horario das actividades nas que estades interesad@s en participar

e vide probalas de forma gratuíta ata o 31 de outubro!

 

 

 

 
AXUDAS A FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA PDF Imprimir
Venres, 18 Setembro 2015 06:47

A Consellería de Traballo e Benestar publica no DOG núm. 179 do 18/09/2015 a ORDE do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de concesión de axudas económicas e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da nosa Comunidade, destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia e cuxa renda non sexa superior a 7.500 € anuais per cápita (isto é, a renda total anual dividida entre o número de integrantes da unidade familiar).

O prazo de solicitude remata o 18 de outubro de 2015.

 
CAMPUS DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE PDF Imprimir
Xoves, 17 Setembro 2015 06:52

Trátase dun proxecto da Deputación de Lugo dirixido a emprendedores que combina accións formativas teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles, gratuítas.

Máis información

 
AXUDAS PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS DESEMPREGADOS PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER PDF Imprimir
Mércores, 16 Setembro 2015 11:22

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 177 do 16/09/2015 a ORDE do 3 de setembro de 2015 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2015/16.

 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 16 de 22
Sede electrónica
Infraestruturas, espazos naturais, arquitectura... coñece Trabada en imaxes
¿Que tempo vai facer hoxe en Trabada. Coñece a predicción meteorolóxica.
Teléfonos de interese: Concello 982 13 50 11 Centro de Saúde 982 13 53 00

ENCUESTAS

Dende onde visita o noso portal?
 
© Concello de Trabada