Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 22 de Abril de 2018  
BASES E FICHA DE INSCRIPCIÓN CANTOS DE TABERNA TRABADA PDF Imprimir
Lunes 15 de Enero de 2018 12:31

 

BASES I EDICION “CANTOS DE TABERNA TRABADA”

O   Concello de Trabada en colaboración cos establecementos con actividade gastronómica do termo municipal de Trabada, convoca e organiza  a I EDICION “ CANTOS DE TABERNA TRABADA”, cuia finalidade é dinamizar  o sector hosteleiro de Trabada, no que participan todos os establecementos de Hostelería do Concello de Trabada legalmente establecidos  , e nesta edición, en  concreto, Mesón Camiño Norte, Taberna da Curuxeira, Bar O Porfirio e Bar Villapol  de  conformidade coas seguintes.

BASES I EDICIÓN “CANTOS DE TABERNA TRABADA”

  1. Os grupos participantes estarán formados por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10 persoas que irán acreditadas de xeito visible. A participación no concurso estará limitado a 6 grupos e/ou un máximo de 60 persoas en total.

  1. A inscrición é de balde e realizarase a través dos enderezos electrónicos Esta dirección electrónica esta protegida contra spambots. Es necesario activar Javascript para visualizarla ou no teléfono 982135011. O límite de prazo de inscrición será o 20  de xaneiro de 2018.

  1. Para a inscrición deberá achegar a ficha de solicitude que estará dispoñible en www.trabada.es

  1. O evento desenvolverase o venres, 2 de febreiro a partir das 20:00h.

  1. Cada grupo percorrerá o itinerario que a organización lle marque. Os grupos deberán seguir as indicacións que hostaleiro/a lle indique para a súa mellor ubicación dentro de cada local.

  1. Cada grupo disporá de 30 minutos de actuación en cada local que lle se sexa asignado. O repertorio será de libre escolla, preferentemente con temas populares e tradicionais.

  1. Cada grupo poderá aportar, xunto coas voces que serán obrigatorias, instrumentos musicais que os acompañen (acordeón, guitarra, instrumentos de vento e/ou percusión tradicional), en ningún caso aumentando esta circunstancia o límite no número de integrantes.

  1. Os integrantes dos grupos estarán convidados a unha consumición básica en cada local do seu itinerario (viño corrente, cervexa, refresco ou auga), o resto deberán aboalo.

  1. Cada grupo disporá dun “pasaporte” que selarán en cada establecemento e que será o único medio de acreditación de ter realizado o percorrido.

  1. Os integrantes de todos os grupos, unha vez finalizados os recorridos, en torno ás 23.30h quedarán convidades a unha cea conxunta.

  1. A organización comunicará por correo electrónico, coa suficiente antelación, o percorrido e data para a recollida do material.

INSCRICIÓN CANTOS DE TABERNA DE TRABADA

Grupo_____________________________________________________

Número de compoñentes______________________________________

Persoa de contacto___________________________________________

Email_____________________________________________________

Teléfono de contacto_________________________________________

Nomes e apelidos dos integrantes:

1._________________________________________________________

2._________________________________________________________

3._________________________________________________________

4._________________________________________________________

5._________________________________________________________

6._________________________________________________________

7._________________________________________________________

8._________________________________________________________

9._________________________________________________________

10.________________________________________________________

Trabada, a ____ de xaneiro de 2018.

O representante.

Asdo.:________________________________

 

 
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada