Martes 01 de Septiembre de 2015 08:44 |
O venres, 4 de setembro ás 20h teremos o I Encontro co escritor Gonzalo Moure Trénor na Biblioteca Municipal de Trabada. Gonzalo Moure Trénor, é un escritor dedicado á literatura xuvenil, campo no que gañou premios tan importantes como o Gran Angular, o Ala Delta, o Primavera ou o Barco de Vapor, entre outros. Antes de dedicarse por completo á escritura, Moure traballou como periodista, guionista e publicista. A súa obra é coñecida pola atención que presta a problemas de tipo social e tamén á relación entre pais e adolescentes. Actualmente vive en Asturias, indo a bibliotecas, institutos e colexios para dar charlas sobre os seus libros. Cabe constatar tamén a gran labor de cooperación que realiza, dando a coñecer ós xóvenes a situación do Sáhara Occidental, así como a través del Bubisher, un bibliobús que no seu primeiro ano de vida visitou todas as aulas dos campamentos! Esperámosvos!
|