APROL RURAL DOUS PEONS LIMPEZA VIARIA |
Noticias | |||||||
Martes 25 de Octubre de 2016 11:56 | |||||||
MODELO DE BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DOUS PEONS SERVIZO LIMPEZA VIARIA APROL RURAL
PRIMEIRO. Normas xerais O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de 2 praza/s de DOUS PEONS DE LIMPEZA VIARIA PARA REFORZO DO SERVIZO, en réxime laboral. A través da subvención concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro da Orde de 14 de xullo de 2016, programa APROL RURAL, contrataráse a dous persoas desempregadas a xornada completa por seis meses baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con clausulas especificas de traballos de interese social , a fin de reforzar o servizo actualmente cuberto con un único operario persoal labora fixo. As funcións que ten encomendadas son as seguintes: Efectuarán, baixo a coordinación do Operario de Servizos Múltiples persoal laboral fixo do Concello, tarefas de limpeza e conservación de alcantarillado, mantemento de zonas verdes e beirarrúas e xestión de residuos en punto limpo. SEGUNDO. Modalidade do contrato A modalidade do contrato é contrato de traballo temporal con cláusulas específicas de traballo de interese social . Terá unha duración de seis meses meses a partir da súa formalización, e en réxime de dedicación a tempo completo, cunha xornada de 40 horas semanais de luns a viernes , con horario dende ás 8,00 ás 16,00 horas. . Fíxase unha retribución neta de 1,287, 11 € por posto , que inclúe o rateo das pagas extraordinarias, aplicándose o Convenio Colectivo de Edificación e Obras públicas de Lugo. TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes 1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro: a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público. e)Non se require titulacion académica ( disposicion adicional 7ª EBEP). f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego. g) Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2015 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. 2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo. 3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias 1.- Segundo o disposto no art. 12.1 da Orde do 14 de xullo de 2016 , os traballadores que sexan contratados deberán ser desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. 2.- O Concello de Trabada convocará ás persoas candidatas mediante a presentación da oferta na oficina de emprego de Ribadeo, a través do modelo normalizado para tal efecto, facendo referencia aos requisitos que deben reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desenvolvemento das funcións propias dos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. 3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios e preferencias establecidos na citada Orde, rexedora desta contratación. 4.- Recibida a oferta, o Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes en función das súas características atendendo á maior adecuación ao posto ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de candidatos que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez por posto de traballo, de acordo cos criterios de selección establecidos na Orde. QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1.- As persoas candidatas propostas pola oficina de emprego de Ribadeo deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Trabada as solicitudes e a documentación adicional para participar no proceso selectivo, no modelo que se achega como Anexo I, sendo o último día de prazo o 07/11/2016 , ás 15.30 h: 2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade. b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes. c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme. d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia. f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego. g) Declaración xurada de non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2015 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. h) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia i) Carta de presentación da Oficina de Emprego de Ribadeo. j) Copia compulsada do libro de familia, no seu caso. k) Informe dos periodos de inscripción emitido polo Servizo de Emprego Público de Galicia. l) Acreditación de ser perceptor de prestacions ou subsidios por desemprego ( Servizo Público de Emprego) ou beneficiaria de RISGA ( informe departamento Servizos Sociais municipio de residencia), no seu caso. m) Documentación acreditativa de ser victima de violencia de xénero.A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. 2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero. 3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios. 4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia. 5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia. n) Documentación acreditativa de discapacidade. 3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo II nas presentes Bases. 4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado. 5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza. QUINTO. Admisión de aspirantes Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de un día hábil , declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios , e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección. Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN 1.- O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes. 2.- A fase de oposición terá lugar o 11/11/2016 ás 11,30 h na Casa da Cultura do concello de Trabada (Rúa do Concello, 40), e consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. O exercicio para contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 10 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 20 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo. Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 10 puntos : para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos. O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte. 3, Na fase de concurso serán valorados os seguintes méritos: 3,1, Situacion socio-laboral. a) Segundo o establecido no artigo 12 da Orde de 14 de xullo de 2016 da Consellería de Economía , Emprego e Industria, terán preferencia neste programa á pertenza aos seguintes colectivos: 1, Mulleres 2, Menores de 30 anos, Esta preferencia será valorada con 1,5 puntos por pertenza ao colectivo, ata un máximo de 3 puntos. b) terán preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral e, no seu caso, aqueles que tiveran previsto a realizacion de este tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional. Valoraráse un punto por pertenza a cada un dos colectivos, cun máximo de dous puntos: 1, Mulleres que acrediten a condicion de victimas de violencia de xénero. 2, Persoas demandantes de primeiro emprego ou aquelas sin cualificacion profesional . 3, Persoas paradas de larga duración (12 ou máis meses) 4, Persoas con discapacidade 5, Persoas desempregadas que esgotasen as prestacions ou subsidios por desemprego ás que teñan dereito. 6, Persoas de mais de 45 anos 7, integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da risga. 3,2, Estar en posesión dalgunha das seguintes Certificacións en lingua galega (ou equivalentes) Celga 3: 0,50 puntos Celga 4: 1, 00 puntos Será acreditado mediante a correspondente certificación do centro educativo ou da Dirección Xeral de Política Lingüísica. No caso dos cursos equivalentes, mediante os correspondentes diplomas. 3,3,Formación contínua. Por haber superado e acreditar a superación de cursos de formación relacinados coas funcios do posto a desempeñar impartidos por organismos oficiais competentes. Máximo de catro puntos, de conformidade coa seguinte escala : Inferiores a 10 horas: 0,05 Duración de 10 a 20 horas: 1,00 Duración de 21 a 50 horas: 1,50 Duración de 51 a 80 horas: 2, 00 Duración de 81 a 100 horas: 3, 00 De máis de 101 horas:4, 00 Valoraránse aqueles cursos, xornadas ou diplomas impartidos e expedidos por centros oficiais ou entidades homologadas con contido que esté directamente relacionado coa praza convocada. No diploma ou certificación deberá constar o nome do curso, contidos impartidos, entidade que expide e carga horaria . 6.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración terá en conta o nivel de protección por desemprego das posibles persoas beneficiarias, así como la existencia de responsabilidades familiares, enten´dendose por estas ter a cargo da persoa traballadora desempregada que se contrate ao cónxuxe, filos e fillas menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, persoas maiores incapacitadas ou menores en acollemento. No caso de persistir o empate , resolveráse por orden de presentación da instancia por Rexistro. SÉPTIMO .- TRIBUNAL DE VALORACION 7.- O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros: - Presidente/a: Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande. - Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada. - Primeiro Vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno , persoal laboral fixo concello de Trabada, conductor de tractor - Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia. - Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia. No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal. No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal. Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home. O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección. A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén. A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente. OITAVO. Cualificación A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal . NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito. O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. DÉCIMO. Incidencias As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común. Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo. Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello e sexan remitidas á Oficina de Emprego de Ribadeo No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro; o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello. En Trabada, a 24 de outubro de 2016.
Alcaldesa,
Asdo.: Mayra García Bermúdez.
ANEXO I
ANEXO I.-TEMARIO Tema 1 Concello de Trabada . Encuadre territorial e poboación. Tema 2 Uso e mantemento de desbrozadoras. Tema 3 Sinalización vial en traballos de desbroce de cunetas. ANEXO II
INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN
O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.
Lugar e data: ……………………………………………………… Sinatura: ……………………………………………………………
SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA
ANEXO III MODELO DE DECLARACIÓN XURADA
D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….………………. DECLARO BAIXO XURAMENTO: 1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas. 2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia. 4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto. 5. Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2015 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas. 6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e dispoñible para o posto de traballo ofertado.
Lugar e data: …………………………………………………………….
Sinatura: ……………………………………………………………………
|