Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 24 de Noviembre de 2024  
BOLSA DE EMPREGO AUXILIARES SAF PDF Imprimir
Noticias
Lunes 20 de Marzo de 2017 11:14

PUBLICANSE AS BASES PARA A FORMACION DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE TRABADA, MEDIANTE CONCURSO-OPOSICION

O PRAZO DE SEIS DIAS HÁBILES PARA A PRESENTACION DAS INSTANCIAS INICIARÁSE LOGO DA PUBLICACION DE ANUNCIO NO BOP DE LUGO, DO QUE SE DARÁ CONTA  POR ESTE MEDIO

 

:  BASES DE CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCION DA BOLSA  DE TRABALLO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR  DO CONCELLO DE TRABADA

En calquera organización que preste servizos, o emprego dos materiais adecuados e recursos humanos suficientemente preparados é unha necesidade imprescindible hoxe en día para poder levar a cabo de forma adecuada os seus fins e obxectivos.  Isto  tamén ocorre en organizacións de carácter público, como é o caso do Concello de Trabada que presta os seus servizos  á veciñanza do Concello .

Non obstante debemos entender que o Concello  debe de actuar facilitando experiencia ás persoas desempregadas do municipio para colaborar na incorporación destas ao mundo laboral.

Na cuestión relativa á organización dos recursos humanos no sector público débense ter en conta, ademais, os principios constitucionais  de acceso ao emprego  público previstos nos  artigos 32.2 e 103.3 da Constitución Española,  que son os de igualdade, mérito e capacidade.

Na actualidade o acceso ao emprego é unha necesidade para o desenrolo da persoa e non obstante, aínda quedan por acadar os obxectivos de emprego que satisfagan a demanda de tódolos veciños e veciñas do municipio de Trabada.

A este respecto,  débese ter en conta que a  Administración Local é a que está mais próxima das demandas de servizos por parte da cidadanía,  e a que ven asumindo progresivamente competencias que implican unha maior complexidade no seu desempeño.

A aprobación e a creación de Bolsas de Traballo, pretende mellorar a calidade das prestacións que actualmente recibe a cidadanía e , en especial, axilizar e  minorar custes dos procesos selectivos para cubrir prazas de carácter temporal , neste caso para cubrir necesidades temporais de persoal de carácter non permanente.

Usando este tipo de instrumento de xestión de persoal , se pretende axilizar a selección das persoas aspirantes para cubrir necesidades de emprego de carácter temporal para a Administración,  garantindo  que os/as aspirantes coñezan a súa posición na  Bolsa de cara a unha posible contratación laboral  futura por parte desta Administración Pública.

1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.-

O obxecto das presentes bases é establecer unha bolsa de emprego para a contratación temporal de auxiliares para o servizo de axuda no fogar mediante a contratación laboral temporal prevista nos supostos dos artigos 2, 3 e 4 do Real Decreto 2720/1988, de 18 de decembro e no artigo 15 do estatuto dos traballadores coa finalidade de substitución naqueles casos en que sexa necesario e/ou urxente a cobertura destes postos pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

*Situacións de  incapacidade temporal ou definitiva do/a titular do posto, en tanto non se cubra polo procedemento de provisión de postos de traballo  legalmente previsto.

*Vacacións, licenza e permisos.

*Xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

*Acumulación de tarefas no servizo.

*Calquera outra que esixa a contratación inmediata para atención do servizo.

O contrato o que se subscribirá  será algún dos regulados no  artigo 15  do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en función da necesidade do servizo que motive o chamamento .

O sistema de selección é o concurso- oposición .

En ningún caso a mera pertenza á Bolsa implicará dereito algún a obter nomeamento ou contrato laboral, garantíndose unicamente que, cando o Concello considere conveniente e necesaria  a súa utilización, polos motivos que concorran no servizo , respectarase o procedemento de chamamento regulado nestas bases, podendo o Concello, cando o considere conveniente, de forma xustificada, para cubrir postos vacantes ou necesidades  temporais do servizo , aínda que houber constituída unha Bolsa concreta, convocar ex profeso un proceso selectivo.

2.- NORMATIVA APLICABLE.-

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións:

- Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público;

-Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións aínda vixentes e que sexan básicas),

- Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

- Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño.

- Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.

- Real Decreto lexislativo 1/2008 de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local.

- Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña ó Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei da función pública de Galicia.

- Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado e demais disposicións aplicables

3.- FUNCIONS.-

As funcións das/os auxiliares de axuda no fogar serán as recollidas na vixente ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no fogar do Concello de Trabada e demais que sexan propias do posto e categoría.

4.- PUBLICIDADE.-

A presente convocatoria e bases publicaranse no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Trabada, páxina web do Concello www.trabada.es e BOP de Lugo.

5.- CONDICIONS E REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES .-

As persoas aspirantes a tomar parte no concurso deberán reunir, na data en que remate o prazo concedido para a presentación das solicitudes os seguintes requisitos:

a)      Ser español/a ou cidadá/n dalgún dos Estados membros da Unión Europea nos termos establecidos no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado/a público, así como estranxeiros/as con residencia legal en España.

b)      Ter cumpridos os 16 anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c)      Titulación: O título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no R.D. 496/2003, de 2 de maio ou estar en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade (art. 12.2 da Orde de 22.01.2009).

d)     Posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

e)      Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f)       Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, Comunidades Autónomas ou Entidades Locais, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas.

g)      Non estar incurso/a en causa vixente de incapacidade ou incompatibilidade.

h)      Galego: Acreditalo coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 35 do Decreto Lexislativo 1/2008. A acreditación do coñecemento escrito farase por medio da presentación do certificado de iniciación de lingua galega (mínimo Celga 2).

No caso de non posuír a titulación sinalada valorarase o coñecemento de Galego a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

Todos estes requisitos deberanse reunir con referencia ó último día do prazo de presentación de solicitudes.

6.-PROCESO DE SELECCIÓN.-

O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polas persoas aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

FASE DE CONCURSO.-

A baremación da fase do concurso  da bolsa de emprego de persoal laboral temporal para a prestación do servizo de axuda no fogar  farase en función do seguinte baremo de méritos e puntuación:

1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: (Máximo 3 puntos)

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en Administracións Publicas 0,25 puntos por mes traballado

- Por cada mes completo de servizos prestados en postos de análoga natureza en empresas privadas: 0,15 puntos por mes traballado.

Rexeitaranse as fraccións de tempo inferior o mes.

Os contratos de xornada inferior á xornada completa valoraranse de xeito proporcional en base a vida laboral.

Acreditarase mediante a presentación de certificado de vida laboral actualizada e copia compulsada dos contratos de traballo ou certificados de empresa en modelo oficial no que conste a categoría profesional. A experiencia que non se considere debidamente acreditada non se puntuará.

2.- FORMACIÓN: (Máximo 2 puntos):

Por asistencia a cursos organizados por Administracións públicas ou homologados polas mesmas, directamente relacionados coas funcións do posto:

- Cursos de ata 20 horas: 0,20 puntos por curso.

- Cursos de 21 a 50 horas: 0,30 puntos por curso.

- Cursos de 51 a 100 horas: 0,40 puntos por curso.

- Cursos de máis de 100 horas de duración: 0,60 puntos por curso.

Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada dos certificados acreditativos de ter realizada a acción formativa, na que conste o número de horas de formación realizada e o contido específico da formación .

3- CERTIFICADO DE  MANIPULADOR DE ALIMENTOS SEGUNDO A NORMATIVA VIXENTE: (1 puntos): Acreditarase con copia compulsada do certificado, admitíndose unicamente os expedidos dende o 1 de xaneiro de 2008.

FASE DE OPOSICION.-

A fase de oposición  consistirá nun exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio  así como a superación da entrevista persoal.

4.- EXERCICIO.- O exercicio para contestar por escrito a un cuestionario de 20 preguntas con respostas  baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO II , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase 0, 50  puntos por resposta correcta:para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos, e o máximo será de 10 puntos.

O/A aspirante que non supere a proba non pasará á entrevista.

5.- ENTREVISTA. A entrevista servirá para valorar outros aspectos diferentes  e/ou complementarios  dos méritos valorados e terá unha valoración máxima de 4 puntos.

As preguntas versarán sobre as función propias do posto de auxiliar de axuda no fogar, tarefas e cometidos, así como  as peculiaridades do seu desenvolvemento nun Concello rural, con poboación envellecida e con dispersión xeográfica, valorándose a adecuación do/a aspirante en función da actitude e aptitude respecto ao posto de traballo.

Igualmente, no caso de non posuír titulación acreditativa do coñecemento do Galego,  valorarase o  seu coñecemento a través da entrevista.  Este exercicio valorarase como apto ou non apto, ademais da puntuación que corresponda á entrevista sendo necesario para superalo obtelo resultado de apto, e corresponderalle ó tribunal determinalo nivel de coñecementos esixidos para acadar dito resultado.

No suposto de empate a puntos entre varios aspirantes atenderase a maior puntuación obtida na fase de oposición, se persiste  polo mellor resultado na proba escrita; se persiste ,   pola orde de preferencia no baremo de méritos da fase concurso (1° experiencia profesional, 2° formación, 3° carné de manipulador de alimentos) , e de persistir no empate por orde de presentación de solicitudes.

7.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES.

As solicitudes para participar no presente proceso de formación de bolsa de emprego  presentaranse, conforme ó modelo que figura como anexo I das presentes bases, no prazo de seis (6) días hábiles no rexistro xeral do concello, en horario de 8  a 15.30  horas. Tamén poderán presentarse na forma en que  determina o artigo artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administración públicas, sendo necesario neste caso comunicar a remisión da documentación vía fax ó concello, que deberá ter entrada no prazo de presentación das solicitudes, pois noutro caso non serán admitidas ( Fax do concello: 982.13.52.57).

O referido prazo computarase a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria do BOP, achegándose a seguinte documentación:

a)      Anexo I (Instancia e declaración xurada).

b)      Copia compulsada do DNI.

c)      Copia compulsada da documentación acreditativa da titulación.

d)     Copia compulsada do carné de conducir.

e)      Acreditación documental xustificativa dos méritos. Os méritos non xustificados documentalmente non serán obxecto de valoración.

Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que as persoas interesadas aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria.

Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web deste Concello de Trabada.(www.trabada .es)

8.- ADMISION DE ASPIRANTES.-

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a  Alcaldesa ditará resolución, no prazo máximo de tres  días hábiles, aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos, que se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web. Nesta lista indicarase nome, apelidos, DNI e causa de exclusión, no seu caso.

As persoas aspirantes excluídas, así como as omitidas na relación de admitidas e excluídas, disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no taboleiro de anuncios do concello, para subsanar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da relación de admitidos e excluídos.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a ser incluídos na relación de admitidas, serán consideradas definitivamente excluídas. En caso de presentarse reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se fará pública do mesmo xeito.

Esta última resolución conterá o nomeamento da Comisión Avaliadora así como o lugar,  da reunión da Comisión Avaliadora, e data e hora da realización da fase da oposición ( proba  e entrevista)

Se non existisen candidatos/as excluídos/as, a Alcaldesa elevará a definitiva a lista provisional, e na mesma resolución  farase o nomeamento da Comisión Avaliadora e lugar, datas e horas para a convocatoria da realización da proba e  entrevista.

Previa ou simultaneamente ao día de celebración da fase de oposición, efectuarse reunión de valoración de méritos da Comisión Avaliadora, que se publicará novamente no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada e na páxina web (www.trabada.es).

Contra a resolución á que se refire o punto 1, así como aqueloutras que resolvan a subsanación de defectos ou omisión de inclusión a que se refire o punto 2 poderán interpoñerse os recursos que teñan lugar en dereito.

9. COMISION DE AVALIACION E SELECCIÓN .-

A Comisión de selección será colexiada e constará, como mínimo, de Presidente/a, tres vocais e secretario/a, que serán designados por resolución da Alcaldía de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei de Función Pública de Galicia.

O tribunal cualificador de cada posto de traballo está facultado para interpretar e resolver as  cuestións que poden suscitar na aplicación das normas de procedemento, inspirándose a súa  actuación no principio de economía, celeridade e eficencia.

O tribunal non poderá actuar ou constituírse sen a presenza polo menos de tres dos seus membros, sendo imprescindible, en todo caso, a asistencia do/a presidente/a e do secretario/a , titular ou suplente.

O réxime xurídico aplicable os tribunais de selección será o que se establece polo órganos colexiados na lei 40/2015 de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo o órgano que efectuara o seu    nomeamento, cando concorran entre eles algunhas das causas previstas no artigo 23 da Lei de Réxime Xurídico do Sector Público.

Na sesión constitutiva da Comisión de Avaliación procederase a valoración dos méritos alegados polos/as aspirantes, e a comisión formará unha lista coa orde de clasificación de todos/as os/as aspirantes segundo a puntuación final obtida na referida fase , e farase pública no taboleiro de anuncios do Concello ,  na páxina web así coma no lugar de celebración da fase de oposición. Levantarase acta da sesión.

Finalizada a fase de oposición, levantarase acta no que se recolla o resultado final do proceso así como proposta de lista definitiva , así como  a proposta de  integrantes da bolsa de emprego das persoas aspirantes por orde de puntuación. Para efectuar esta proposta, a Comisión avaliadora poderá pedir informes e asesoramentos técnicos que teña por convenientes.

10.-  FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE EMPREGO. -

Cando por razóns de necesidade ou urxencia por calquera dos motivos expresados nas presentes bases,  sexa necesario cubrir algún dos postos de referencia  procederase ao chamamento pola rigorosa orde establecida na Bolsa de Emprego. As persoas que figuren na bolsa terán a obriga de concorrer ao chamamento que se realice.

No acordo de iniciación de cobertura de cada praza exporase a necesidade e xustificación da urxencia da praza a prover así como as circunstancias que amparan a necesidade do nomeamento ou contratación do persoal.

As comunicacións se farán preferentemente  por vía telefónica, para o cal os/as aspirantes deberán indicar ao menos un teléfono de contacto. En caso de indicar máis de un número, deberá consignarse unha orde de  preferencia. A partir do  momento en que se estableza o contacto telefónico o interesado disporá  unicamente de 2 días laborables para formalizar o seu contrato laboral. Se pasado dito prazo, non se recibe contestación, se entenderá que desiste, pasando ao último lugar da lista. Os  servizos de carácter urxente terán prioridade debendo contestar dita persoa nun  máximo de 24 horas. Se admitirá o uso de aplicacions de mensaxeria móvil  instantánea .

Aos  efectos de establecer a comunicación e en ausencia do  propio/a interesado/a no  número ou  números indicados, bastará para entender realizado o  contacto telefónico, tanto o deixar o correspondente  aviso a outra persoa no  número indicado, como deixar recado en contestador automático ou buzón de voz.

A persoa encargada destas comunicacións deixará constancia das mesmas, con indicación de data , hora e persoa ou sistema de contacto, mediante dilixencia no  expediente.

Calquera interesado/a integrante da lista, poderá consultar esta, se ben os cambios na mesma non se notificarán persoalmente.

A presente bolsa se configura con rotación,  que se producirá ao longo da vixencia da bolsa entre os integrantes da mesma en cada momento.

Os chamamentos á celebración de contratación de persoal de axuda no fogar farase de conformidade coa orden de puntuación obtida , coas seguintes  condicións:

  1. No caso de que o integrante na bolsa de emprego ao que lle correspondese o chamamento pola orde de puntuación  puidese incorrer nun  encadenamento de contratos, ou mantemento de relación laboral de 24 meses nun período de trinta, que puidese  da bolsa de emprego, suspenderase o seu chamamento pasando ao seguinte da lista. A suspensión do seu chamamento será polo tempo necesario para evitar a incursión en fraude  de lei que derive nunha relación indefinida. Transcorrido o prazo necesario restablecerase a posibilidade do seu chamamento no posto da bolsa que obtivese segundo a puntuación.
  2. A renuncia a un posto de traballo ofertado supoñerá o pase do aspirante ao último lugar da bolsa de emprego, salvo que concorra unha das seguintes circunstancias:

- Parto, baixa por maternidade ou situacións asimiladas.

- Enfermidade grave que impida a asistencia ao traballo, sempre que se acredite debidamente.

- Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo.

- Que esté desempeñando  outro posto de traballo, o que se acreditará coa correspondente copia do contrato laboral.

3. Obtida a conformidade do/a interesado/a a quen corresponda o posto, a Alcaldía procederá ao seu  nomeamento ou contratación laboral, deixándose constancia no   expediente da Bolsa utilizada e dos cambios que como consecuencia do chamamento  se produciran na correspondente lista.

Os/as candidatos/as que non tivesen sido localizados permanecerán nos postos que ocupaban na Bolsa, á espera dun novo chamamento.

As persoas que renuncien a dous chamamentos na mesma bolsa ou que non foran localizadas en dous chamamentos, sen mediar xustificación, quedarán excluídas automaticamente da Bolsa.

Aquelas integrantes da Bolsa que unha vez citados, non se presenten á citación, entenderase que rexeitaron a esta, pasando ao derradeiro lugar da lista, salvo que exista xustificación conforme ao xa mencionado.

11.- VIXENCIA DA BOLSA.

Esta bolsa de emprego terá como vixencia DOUS  anos; entendéndose como prorrogable por outro ano máis  se non se convocara outra nova bolsa .

Excepcionalmente, cando quedara esgotado o listado da Bolsa de Emprego, poderá confeccionarse un listado adicional a partir da apertura dun prazo extraordinario da Bolsa de Emprego para cubrir necesidades de carácter temporal. Estas posibles convocatorias, axustaranse, en todo caso,ó disposto nas presentes Bases.

12.- NOMEAMENTO E FORMALIZACION DO CONTRATO E RÉXIME DO MESMO.

Naqueles casos que proceda , establecerase un período de proba   de quince días  , conforme ó art. 14 do Estatuto dos traballadores, transcorrido este período conforme ó artigo 14 do Estatuto de Traballadores, se a persoa de que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato suscrito.

Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito á percepción económica de ningunha clase. A formalización e continuación do contrato (dentro do período de duración establecido) queda condicionada ó mantemento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Trabada.

Por necesidades do servizo de axuda no fogar, o Concello de Trabada poderá modificar o número de horas a semana do posto de traballo ofertado antes da data tope de remate do mesmo.

13.- NORMAS FINAIS .-

  1. Para o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril; Lei 5/1997, do 22 de xullo; RD-Lexislativo 1/1995, do 2 de marzo e demais normas que sexan de aplicación.
  2. Agás a convocatoria, que se publicará segundo se establece na base oitava, os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos exclusivamente a través do Taboleiro de anuncios do concello e da súa páxina web (www.trabada.es).
  3. Tódolos actos administrativos derivados desta convocatoria, así como da actuación da comisión avaliación, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015 de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública., e normas vixentes concordantes. A presentación de reclamacións non suspenderá a continuación do proceso selectivo, salvo que así o decida o órgano convocante.
  4. Contra as presentes bases e a resolución que as aproba, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado contencioso-administrativo de Lugo no prazo de dous meses (contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria). Con carácter potestativo e previo, poderá interpor recurso de reposición perante o mesmo órgano que adoptou o acordo de aprobación, no prazo dun mes (contado desde ao día seguinte ó da publicación da convocatoria). Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Neste último suposto, o prazo para a interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto sen prexuízo do que poida exercitar calquera outro que considere procedente.

ANEXO I: Modelo de instancia

D./Dona............................................................................................con DNI.........................

Domicilio en ................................................................., e con número de teléfono móvil ............................................. expón:

Que informado/a da convocatoria feita polo Concello de Trabada de bolsa de emprego para cubrir,  con carácter temporal, mediante concurso,  prazas de auxiliar para o servizo de axuda no fogar, considerando que reúne os requisitos previstos nas bases da convocatoria, solicita participar no concurso xuntando a documentación que se sinala a continuación:

Copia compulsada do DNI ou documento que proceda en caso de estranxeiros.

Copia compulsada do carné de conducir.

Copia compulsada do título académico esixido.

Acreditación documental xustificativa dos méritos alegados.

Así mesmo declaro que reúno os requisitos necesarios para contratar coas administracións públicas, que non estou incurso en ningunha causa de incapacidade ou incompatiblidade das previstas na lexislación vixente, que non fun separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónoma, e que non me encontro incurso en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para acceso o corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado.

Declaro posuír permiso de conducir tipo B ou superior e dispoñibilidade de vehículo.

Declaro non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desempeño das correspondentes funcións.

E para que conste e produza os efectos oportunos no expediente de constitución de bolsa de emprego de auxiliares para o servizo de axuda no fogar, firmo a presente declaración, baixo a miña responsabilidade, en Trabada,a ................. de......................de 2016.

ANEXO II

Tema 1

Concello de Trabada .   Encadre territorial e poboación.

Tema 2

Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Trabada

Tema 3

Municipios.Organización

Tema 4

Dereitos e deberes dos empregados públicos locais.

Tema 5.

Actuacións de carácter doméstico no Servizo de Axuda no fogar

Tema 6.

Actuacións de carácter persoal : hábitos hixiénicos e de administración de medicamentos.

Tema 7.

Psicopatoloxía máis frecuente no ancián .

Tema 8.

Apoios aos coidadores habituais de persoas dependentes.

En Trabada, a 20 de marzo de 2017.

A Alcaldesa

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 

 

 
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada