Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Viernes 29 de Marzo de 2024  
Tablón del Ayuntamiento
XEFE BRIGADA INCENDIOS 2017 PDF Imprimir
Noticias
Lunes 10 de Julio de 2017 10:29

 

 

 

NO DIA DE HOXE, 10 DE XULLO DE 2017, REUNIUSE O TRIBUNAL DE SELECCION DO PROCESO DE REFERENCIA, ADOPTANDO ACORDO DE PROPOSTA DE NOMEAMENTO CONFORME A SEGUINTE PUNTUACION

Á vista do resultado, o Tribunal de Selección efectúa pronunciamento sobre a puntuación final resultante da fase do concurso, e se propón o seguinte listado de candidatos propostos para os postos de traballo conforme as seguintes puntuacións   e orde de preferencia, aos efectos de ser  convocados para a realización da proba de recoñecemento médico e física de esforzo:

1.- Juan Rodríguez Rañón.

2.- Guillermo Martín Fernández.

3.- Alba López Gavín.

4.- Daniel Gallo Lorenzo.

Habendo comunicado o Sr. Juan Rodriguez Rañón a súa renuncia ao proceso, POR MEDIO DA PRESENTE CONVÓCASE A DON GUILLERMO MARTIN FERNANDEZ para que concurra o mércores 12 de xullo ás 11.30 horas á realización da proba de esforzo e recoñecemento médico a celebrar na clinica PREMAP LUGO, rua Enriqueta Otero nº 2, Lugo.


Aspirante

Experiencia laboral

Cursos formación

Coñecemento lengua galega

Total

Juan Rodriguez Rañón

1.20

1.00

0.50

2.70

Daniel Gallo Lorenzo

0.70

0.20

0.50

1.40

Guillermo Martin Fernandez

1.40

0.40

0.50

2.30

Alba López Gavín

0.50

0.70

0.50

1.70

 
SELECCION TECNICO OFICINA LOCAL DE FOMENTO COOPERATIVO PDF Imprimir
Noticias
Viernes 07 de Julio de 2017 06:17

POR LA CONSELLERIA DE ECONOMIA, EMPREGO E INDUSTRIA CONCEDEUSE SUBVENCION PARA A CONTRATACION DE UN TECNICO PARA A OFICINA LOCAL DE FOMENTO COOPERATIVO E DA ECONOMIA SOCIAL DOS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, A PONTENOVA E RIOTORTO POR UN MAXIMO DE TRES MESES .

OFRECESE CONTRATO DE TRABALLO DE DURACION DETERMINADA, XORNADA COMPLETA, ATA O 30.09.2017.

O PRAZO PARA A PRESENTACION DE INSTANCIAS É DE DEZ DIAS NATURAIS.

REQUIRESE TITULACION UNIVERSITARIA ( LICENCIATURA OU GRAO EN ECONOMIA, ADMINISTRACION E DIRECCION DE EMPRESAS, DEREITO OU TITULACIONS OU GRADOS MIXTOS QUE AS INCLUAN , FORMACION EN MATERIA DE COOPERATIVISMO CUNHA DURACION MINIMA DE 60 HORAS E CARNET DE CONDUCIR B EN VIGOR.

 

BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (1 TÉCNICO DE OFICINA  LOCAL DE FOMENTO COOPERATIVO  ) POR CONCURSO-OPOSICION .

1.-OBXECTO

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición   de UN TÉCNICO DE OFICINA LOCAL DE FOMENTO COOPERATIVO E DA ECONOMIA SOCIAL DOS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, A PONTENOVA E RIOTORTO para ser contratado  como persoal laboral temporal ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Economia, Emprego e Industria ao abeiro da Orde de 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencions aos Concellos e outras entidades locais de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economia social, e se convocan para o ano 2017 ( DOGA 32 de 15.02.17).

A financiación da actuación  provén da Xunta de Galicia nun 80 % e o 20 % de maneira proporcional entre os catro Concellos participantes (Trabada, Barreiros, A Pontenova e Riotorto).

As principais actividades a desenvolver son actividades de promoción e fomento do cooperativismo e a economía social no territorio de Trabada, Barreiros, A Pontenova e Riotorto estimulando o autoemprego e o emprendemento colectivo e o apoio á xeración de novos proxectos de economía social.

Visto que a Lei 3/2017 , de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, dispón no seu artigo 19 dous que: “ No se podrá proceder a la contratación de personal temporal, así como al nombramiento de personal estatutario temporal y de funcionarios interinos excepto en casos excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables.”

Tendo en conta que se trata  da proceso de selección de persoal laboral temporal por un periodo de  tempo moi corto, pois a actuación cesará o 30.09.2017 conforme as condicions da Orde que financia a actuación , se entende que  se trata de un caso excepcional e para cubrir unha necesidade urxente e inaplazable como é cumplir co  convenio asinado cos referidos Concellos para a posta en marcha , de maneira casi piloto, de unha oficina de fomento do cooperativismo que mellore a economía do sectores económicos principais  nos municipios indicados.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada   máxima de 3 meses , rematando en todo caso o 30 de septembro  de 2017 e a xornada completa.

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.

1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición.

1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada , na páxina web do Concello e nun diario de maior tirada na provincia. Presentaráse, igualmente, oferta de emprego no Servizo Público de Colocación.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO

2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS

O obxecto do contrato laboral temporal que se celebren a resultas do proceso de selección estará integrado polas funcións :

- Contribuír ao fomento e promoción do cooperativismo dentro do territorio dos municipios da agrupación, o que se concreta na realización das seguintes funcións e tarefas: Asesoría e acompañamento de proxectos: a oficina prestará a información a aquelas persoas que se achegan ata o servizo para acadar todo tipo de datos existentes no eido do cooperativismo e desenvolverase un servizo propio de asesoramento e seguimento a aquelas experiencias que tomen consistencia e inicien a súa andadura no eido empresarial.

- Accións  formativas  e  informativas de promotores: promoverase a organización de actividades formativas de cara a promover a implantación do cooperativismo no ámbito territorial da agrupación , así como para reforzar os coñecementos daquelas persoas involucradas nun proxecto destas características.

- Elaboración de plans empresariais: o técnico/a asesorará na forma de facelo, daralle unha metodoloxía de traballo, fontes de información para ir completando os distintos apartados, orientación na toma de decisións.

- Seguimento e titorización dos proxectos cooperativos en xestación:o/a técnico/a por unha banda asesora e orienta aos promotores na elaboración das distintas partes queforman un plan de negocio, e con posterioridade acompaña aos promotores nos primeiros momentos da actividade, prestándolle colaboración aqueles aspectos nos que a precisen.

- Formación e divulgación de fórmulas cooperativas, así como coordinación das actividades de fomento e promoción: dentro desta función incluiranse a realización de xornadas de difusión, a coordinación do servizo o fomentodo cooperativismo e o deseño e difusión de material promocional

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Titulación: Licenciatura ou grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito ou titulacións ou graos mixtos que as inclúan.

f) Acreditación do coñecemento da língua galega: Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

G)  Formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas.

h) Carnet de conducir tipo B en vigor.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  dez dias naturais contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)         Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

c)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

d) No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

f) Copia compulsada do título de Licenciatura ou grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito ou titulacións ou graos mixtos que as inclúan.

h) Copia compulsada carnet de conducir B en vigor.

i) Copia compulsada certificados acreditativos de formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas.

j)     Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 2 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días habiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento.

Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.

7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN

O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal.

A Alcaldesa nomeará por decreto os membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no  taboleiro de anuncios

Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente/a: Un funcionario/a de carreira ou persoal laboral pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Secretario/a: o da Corporación ou persoa que faga as súas veces.

Vogais: Tres funcionarios/as de carreira ou persoal laboral pertencentes a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Na designación dos membros do tribunal se garantirá a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferencia de un entrambolos dous sexos, ó ser a súa composición impar.

Para a súa designación solicitaráse proposta de nomeamento aos  Concellos de Barreiros, A Pontenova e Riotorto.

Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando de cada sesión acta, que se autorizará, coa signatura do secretario/a e co visto e prace do Presidente/a.

Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.

Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas.

O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 10 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 10 puntos sendo necesario acadar unha puntuación de 5 para superala.

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en dez (10) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo cinco (5) puntos.

- Por cada mes de traballo en posto de igual ( Técnico)  ou inferior categoria ( Administrativo, auxiliar administrativo)  prestado en Oficinas de Fomento de Cooperativismo , pero con tarefas que teñan relación directa cos funcions propias do posto: 0,20 puntos por mes completo .  Máximo de este apartado 2,5 puntos.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar o mérito alegado: copia  do contrato de traballo  xunto con informe de vida laboral.

- Por cada mes de traballo en posto de igual  ou inferior categoria prestado en  Cooperativas , pero con tarefas que teñan relación directa cos funcions propias do posto: 0,15 puntos por mes completo . Máximo de este apartado 1,50 puntos.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar o mérito alegado: copia  do contrato de traballo  xunto con informe de vida laboral.

- Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,10 puntos por cada mes completo de servizo. Máximo  de este apartado 1 punto.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

b) Cursos de formación . Máximo tres( 3) puntos.

Cursos de formación, seminarios, xornadas, congresos impartidos por Administracions Públicas, Sindicatos, Universidades ou Colexios  Oficiais ,  recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria .

Valoración dos cursos:

Ata 10 horas: 0,10 puntos.

Por cada curso de 10 a 25 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de 26 a 50 horas: 0,30 puntos.

Por cada curso de 51 a 75 horas: 0,45 puntos.

Por cada curso de 76 a 100 horas: 0,60 puntos.

Por cada curso de 101 a 200 horas: 0,75 puntos.

Por cada curso de 201 a 301 horas: 1,00 puntos.

Por cada curso de máis de 300 horas: 1,50 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado .

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado nin  os derivados de procesos selectivos.A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 10 días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con dous  días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba. Está previsto inicialmente a súa celebración o dia 20 de xullo de 2017.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

Os/as aspirantes serán convocados  en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As xustificacións ou probas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran.

Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección.

Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  no primeiro apartado, segundo e terceiro, sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por orde de presentación de instancias por rexistro.

Finalizado o proceso de seleccion elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación.

A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de 2 (2) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación:

1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social.

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo  máximo de 3  meses,sendo en todo caso o data de remate o 30 de septembro de  2017 e a xornada completa.

13. IMPUGNACIÓN.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

ANEXO I.-TEMARIO

TEMA 1.- A Constitución. Idea Xeral . A Corona. As Cortes Xerais .

TEMA 2.- O Goberno e a Administración. O Poder Xudicial .

TEMA 3.- As Comunidades Autónomas. A Administración Local. Organismos Autónomos e outros Entes Públicos.

TEMA 4.- Dereito Administrativo estatal e autonómico: idea xeral. Conceptos básicos do Dereito Administrativo: o acto administrativo e o procedemento administrativo. Recursos.

TEMA 5.- A Lei de Cooperativismo de Galicia e a Lei de economía social de Galicia.

TEMA 6 .- Rede Eusumo.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) POSTO DE TRABALLO DE TECNICO DA OFICINA LOCAL DE FOMENTO COOPERATIVO DOS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, A PONTENOVA E RIOTORTO  EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.........................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso................................................

C.Postal........................Localidade........................................................................................................

Municipio..............................Provincia......................Teléfono....................................

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 técnico da Oficina Local de Fomento Cooperativo,

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

-no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

  • Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.
  • Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.
  • Copia compulsada do título de Licenciatura ou grao en Economía, Administración e Dirección de Empresas, Dereito ou titulacións ou graos mixtos que as inclúan.
  • Copia compulsada carnet de conducir B en vigor.
  • Copia compulsada certificados acreditativos de formación en materia de cooperativismo cunha duración mínima de 60 horas.
  • Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª.

En Trabada, a     de   xullo de 2017.

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

 

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo) .

 
BASES CONDUCTORES MOTOBOMBA 2017 PDF Imprimir
Noticias
Jueves 29 de Junio de 2017 13:32

POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN  O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , CONDUCTORES DE MOTOBOMBA CAMPAÑA INCENDIOS 2017, MEDIANTE CONCURSO.

O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA  DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM.154 /2017 DO 29 DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de tres condutores para a motobomba municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,  a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15  de xullo de 2017, por un período de dous meses e medio, e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de tres condutores de motobomba para o servizo municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO ,  DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O personal vinculado co servizo do vehiculo motomba integrarase no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe a entidade local, priorizando a actuación do vehículo motobomba na extinción de incendios forestais respecto de outros traballos, segundo o disposto no artigo 47 da Lei 43/2003, de montes e no artigo 48.6 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, o órgano autonómico poderá decidir a movilización destes medios fóra do seu termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA no que expresamente se prevé como se producirá a coordinación en tales supostos.

Respecto a xornada dos operarios conductores, segundo o establecido no mencionado convenio que literalmente dí así: “Manter operativos os vehiculos motobombas durante cada un dos meses de vixencia do convenio, estando operativo/s dito/s vehiculo/s polo menos 16 horas ao día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante a vixencia do convenio, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que non sexan requerido/s para a extinción destes”

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de dous meses e medio de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c)Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f Estar en posesión do carné de conducir C.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación específica ( Disposicion adicional 6º EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO  dias hábiles dende o día seguinte á publicación de anuncio .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 11.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como condutores de motobomba. De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico  e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

7.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria  ata as 15.30 horas do quinto  día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Desempeñar ou ter desempeñado as funcións do posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en calquera Administración Pública ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes da mesma, con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración, e referidos aos exercicios seguintes, dende o exercicio 2010 ata o presente exercicio 2016: 0,15 puntos por cada mes completo. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado .  De persistir o empate serán puntuados os cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final das persoas que obtiveran a calificación de aptas  será a resultante da fase de concurso. Serán propostas para o posto de traballo convocado as tres persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo ,  ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse  o día 10 de xullo  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 11.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 3 días hábiles, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do carné de conducir C.

c) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

g) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.  Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. Todos os seleccionados deberán de asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 29 de xuño de 2017.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Condutor de motobomba

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
BASES XEFE BRIGADA 2017 PDF Imprimir
Noticias
Jueves 29 de Junio de 2017 13:30

POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN  O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , UN XEFE DE  BRIGADA DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS DE 2017, MEDIANTE CONCURSO.

O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA  DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 153 /2017 DO 29  DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de un xefe de brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,  a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15  de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DUN XEFE DE BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas  instrucións recibidas ao efecto.

En concreto, responsabilizarase da brigada municipal encargada da vixilancia e defensa contra os incendios forestais e das labores encamiñadas á súa prevención e á diminución do risco de propagación e minimización de danos, no caso de producirse. Así actuará como responsable e coordinador do funcionamento da brigada para establecer relacións operativas e de comunicación co persoal do Distrito  Forestal ao que pertenza a entidade local.

Como compoñente da brigada realizará labores de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridas para a defensa destes, durante cada un dos tres meses de operatividade da mesma, con plena dispoñibilidade, incluindo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como as quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017 no horario que demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 1.000 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser cidadán español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993, de 22 de decembro, en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Técnico Forestal, Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, Técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes para participar na presente convocatoria. No suposto de invocar un título equivalente aos esixidos acompañarase un certificado expedido polas autoridades académicas competentes.

d) Estar en posesión do carné de conducir B.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións ou tarefas  correspondentes á praza á que se opte.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

g) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

h) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de CINCO  DIAS HÁBILES  a contar dende a publicación do anuncio da convocatoria .

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica trabada.sedelectronica.gal.

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 10.00 h.

5.- Seleccionado o traballador, será convocado para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como xefe de brigada . De non superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente

6.- O traballador finalmente seleccionado será convocado para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico e a proba de esforzo física  baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do  día primeiro hábil posterior á inserción  de  anuncio da convocatoria  ata as 15.30 horas do quinto  día hábil.

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/kilómetro, así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso, cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude

1.1. FASE DE CONCURSO (máximo 5 puntos )

O  Tribunal  valorará os  méritos aportados polos aspirantes  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz  de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados  como peón de brigada de incendios/GRUMIR  valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado cursos  relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado .  De persistir o empate se atenderá á  maior experiencia  como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó  maior número  de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- A puntuación final será a total da obtida na fase de concurso. Será proposta para o posto de traballo convocado a persoa que acadara a maior puntuación, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa,  non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo,  ou calquera outra continxencia da persoa candidata proposta, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- O Tribunal de valoración reuniráse  o día 10 de xullo  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e o nomeamento será feito pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- A persoa proposta presentará na Secretaría do Concello, no prazo de 1 días hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título habilitante, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

h) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo a orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico e a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo común das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

Trabada, 29 de xuño  de 2017

A alcaldesa

Mayra García Bermúdez

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Capataz de brigada de incendios

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
SELECCION PEONES INCENDIOS 2017 PDF Imprimir
Noticias
Jueves 29 de Junio de 2017 13:27

POR MEDIO DA PRESENTE SE PUBLICA CONVOCATORIA E AS BASES QUE REXIRAN  O PROCESO DE SELECCION DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL , CATRO PEONES PARA A BRIGADA DE PREVENCION E EXTINCION DE INCENDIOS DE 2017, MEDIANTE CONCURSO.

O PRAZO PARA INICIAR A PRESENTACION DE SOLICITUDES EMPEZA  DENDE AS 8.00 HORAS DO LUNS DIA 3 DE XULLO DE 2017 E REMATA ÁS 15.30 HORAS DO VENRES DIA 7 DE XULLO DE 2017.

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 152/2017,  DE 29  DE XUÑO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agricola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de  catro peons  para a brigada  de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,   a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 15  de xullo de 2017, por un período de tres meses , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de catro traballadores (tres peóns ordinarios e un peón condutor) para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DE CATRO PEÓNS PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

De conformidade co Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, os compoñentes da brigada realizarán labores  de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridos para a defensa de eles durante cada un dos tres meses de operatividade da brigada, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, asi como quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, de tres meses de duración, asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 15 de xullo de 2017, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f) Estar en posesión do carné de conducir B.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación académica ( disposicion adicional 6ª EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de (5) cinco días hábiles a contar dende o día seguinte á  publicación de anuncio  de convocatoria.

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica do Concello ( trabada.sedelectronica.gal).

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 10 de xullo na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 12.00 h.

5.- Seleccionados os traballadores, serán convocados para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como peons  de brigada. De non  superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- Os traballadores finalmente seleccionados serán convocados para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural  e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico  e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao de publicación do anuncio de convocatoria ata as 15.30 horas do quinto día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz  de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados  como peón de brigada de incendios/GRUMIR  valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia   e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade,   e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado . De persistir o empate se atenderá á  maior experiencia  como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó  maior número  de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- Serán propostas para o posto de traballo convocado as catro  persoas que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo ,  ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.- A persoa que obteña a maior de todas as puntuacións, será designado peón condutor.

6.-  O Tribunal de valoración reuniráse  o día 10 de xullo  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 12.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas propostas presentarán na Secretaría do Concello, no prazo de 1 día hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

h) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.  Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos interesados, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, as persoas designadas non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 29 de xuño de 2017.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Peón de Brigada

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 4 de 21
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada