Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 24 de Noviembre de 2024  
Tablón del Ayuntamiento
BASES SELECCION SOCORRISTAS 2017 PDF Imprimir
Noticias
Lunes 12 de Junio de 2017 08:13

Como en anos anteriores o Concello de Trabada e Lourenzá efectuaron solicitude conxunta de subvención á Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratacion de persoal desempregado para obras ou servizos de interese social. Recibida autorización para contratación anticipada de TRES socorristas expóñense as bases que regulan a súa selección.

De conformidade co establecido na Orde que regula a convocatoria da subvención participarán UNICAMENTE  no proceso os candidatos remitidos polo Servizo Público de Emprego, habendo presentado oferta en data 9 de xuño de 2017.

Advírtese de erro na data de celebración da fase de oposición, onde di 28/06/2016 debe poñer 28/06/2017.

 

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 136/2017  DO 9 DE XUÑO

Con data 08/05/2017 a Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no DOG núm. 087 a Orde do 2 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017.

Ao abeiro da citada Orde, con data 20/05/2017 (núm. RE 2017/1326002) este Concello solicita, de forma conxunta co de Lourenzá e en representación da agrupación, subvención para a contratación de tres socorristas para a prestación do servizo nas piscinas municipais dos dous concellos.

Por esta Alcaldía considérase inaprazable atender á contratación de persoal laboral temporal para atender o servizo de socorrismo, servizo e categoría profesional prioritarios para a prestación do mesmo en condicións de legalidade, economía e eficacia na xestión dos servizos e recursos públicos, e máis tendo en conta a concesión de financiamento autonómico para a realización do servizo.

Vista a tardanza na convocatoria anual da subvención a solicitude da subvención formulouse ao abeiro do trámite de contratación anticipada.

Con data 08/06/2017 e núm. RE 1014 recíbese notificación da resolución da Consellería de data 07 de xuño , na que se acorda otorgar autorización para contratación anticipada de tres socorristas , indicando que deberáse respectar o establecido nos artigos 14 e 15 da Orde en canto ao proceso de selección, e que a recepción da autorización non xera dereito algún para resultar beneficiario da referida subvención nin para obter axuda pola totalidade das contratacions que se formalicen.

Tendo en conta as condicións da dita resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a proximidade da tempada de apertura das instalacións acuáticas municipais, prevista para o 1 de xullo de 2017, á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases que rexerán a selección, para a súa contratación como persoal laboral temporal do Concello, de tres  socorristas acuáticos que prestarán os seus servizos nas piscinas municipais de Trabada e Lourenzá, financiado , no seu caso, a través do programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade da Consellería de Economía, Emprego e Industria

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO - OPOSICIÓN, DE TRES  SOCORRISTAS PARA AS PISCINAS MUNICPAIS DE TRABADA E LOURENZÁ

BASES

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA

É obxecto desta convocatoria a contratación laboral temporal a xornada completa, na modalidade de contrato laboral temporal coas cláusulas específicas de traballo de interese social e utilizando o sistema de concurso - oposición, de tres  persoas que prestarán o servizo de socorrismo nas piscinas municipais dos concellos de Trabada e Lourenzá, segundo o establecido na Orde do 2 de maio de 2017  pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2017.

As funcions do posto serán as seguintes :

· O socorrista permanecerá na zona de baño durante o horario de funcionamento, debendo ser identificado de forma fácil polos usuarios da piscina. Durante dito período non poderán efectuar ningunha outra actividade que non sexa a de vixiancia e control de dita zona e dos usuarios, coa salvedade da impartición de cursos.

· Encargado do establecemento e mantemento da vixilancia no baño e das condicións de seguridade e hixiene no recinto da piscina como medidas de prevención de accidentes e enfermidades.

· Salvamento e aplicación de primeiros auxilios en caso de accidente, responsabilizándose do mantemento completo e en perfectas condicións do botiquín da piscina.

· Ocuparanse do cumprimento das normas de funcionamento interno do establecemento e das disposicións establecidas, permanecendo durante todo o tempo de funcionamento da piscina.

· Atender ás necesidades propias que requiran os vasos da piscina así como realizar o control da calidade da auga de forma diaria facendo as anotacións no Libro correspondente.

· Mantemento e control químico da auga.

· Vixilancia dos usuarios da piscina velando para que non se produzan comportamentos indebidos ou que poñan en risco ó resto de usuarios das instalacións.

· Vixía ,  control de acceso dos usuarios da piscina , así como da recadación da taxa correspondente.

· Limpeza:

o Deberán limpar ao longo da campaña de forma diaria e todas a veces que sexan necesarias a instalación para que se atope en perfecto estado de uso. As zonas concretas que deberán limpar de forma diaria son, entre outras, as seguintes:

o Todo o entorno  que comprende corredores, zona de taquillas, almacéns, vestiarios, servizos,  e locais, sen que se inclúa a corta de céspede.

o Limpeza de toda a zona de vasos, duchas exteriores, accesos,... incluídos os propios vasos.

o Limpeza de contenedores de todo o recinto, baleirando os contidos dos mesmos as veces que sexan necesarias ao longo de cada xornada.

E cantas funcions relacionadas co posto de traballo e funcionamento do servizo lle sexan encomendadas polos órganos municipais competentes.

SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONTRATO E SALARIO

1.- A duración do contrato será de dous meses, desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2017. A xornada de traballo será a tempo completo (40 horas semanais), repartidas de luns a domingo das 12.00 ás 20.00 h, en horarios e calendarios a determinar polas alcaldías de ámbolos dous concellos.

2.- O salario será o vixente á data de solicitude da subvención por parte deste Concello, isto é, o establecido nas táboas salariais 2017 do convenio colectivo de “Instalacións deportivas e ximnasios de Galicia” para a categoría de “Socorrista” (Grupo 4 - Nivel 1), publicado no DOG núm. 25 do 06/02/2017.

TERCEIRA.- CONDICIÓNS DAS PERSOAS ASPIRANTES

1.- Para seren admitidas ao presente concurso - oposición, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993, de 22 de decembro, en canto resulte de aplicación e nos termos establecidos nela.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade e non pasar daquela na que falten 10 anos para a xubilación forzosa.

c) Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente/superior, ou estar en condicións de obtelo na data de remate do prazo de presentación de solicitudes para a presente convocatoria. A equivalencia doutro título, no seu caso, deberá quedar acreditada mediante certificación expedida polas autoridades académicas competentes.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións ou tarefas  correspondentes á praza á que se opta. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións entre as persoas con discapacidade e os demais aspirantes, non podendo establecerse, con carácter xeral, limitacións físicas ou psíquicas agás nos casos en que sexan incompatibles co normal desenvolvemento das tarefas e funcións inherentes ao posto de traballo. Na realización das probas selectivas, as persoas con discapacidade que así o soliciten expresamente na súa instancia, gozarán das adaptacións posibles en tempo e medios que posibiliten a igualdade de oportunidades cos demais participantes.

e) Non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incursa nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

g)Estar en posesión dalgún dos seguintes:

1. Certificado de profesionalidade de “Socorrismo en instalacións acuáticas” (AFDP0109), establecido polo Real Decreto 711/2011, de 20 de maio.

2. Título de “Técnico deportivo en salvamento e socorrismo” establecido polo Real Decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de “Técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo”, establecido polo Real Decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de “Socorrismo en instalacións acuáticas” do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

3. Acreditación de ter superadas as catro unidades de competencia da cualificación profesional de “Socorrismo en instalacións acuáticas”, obtidas a través do procedemento que desenvolve o Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral.

4. Posuír a formación en “Socorrismo acuático” ou título equivalente que habilite para o exercicio deste servizo, nos termos establecidos no art. 29.1 do Decreto 103/2005 do 6 de maio polo que se aproba a Regulamentación técnico - sanitaria das piscinas de uso colectivo e no Decreto 35/2017 , de 30 de marzo polo que se modifica o  Decreto 104/2012 do 16 de marzo polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

h) Figurar inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia e dispoñer do distintivo de socorrista acuático regulado pola Orde do 14 de maio de 2012 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

i) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

j) Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

k) Posuír o carné de conducir B1 en vigor.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

CUARTA.- TRAMITACIÓN

1.- Segundo o disposto no art. 14.1 da Orde do 2  de maio de 2017 , os traballadores que sexan contratados deberán ser desempregados inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego.

2.- O Concello de Trabada convocará ás persoas candidatas mediante a presentación da oferta na oficina de emprego de Ribadeo, a través do modelo normalizado para tal efecto, facendo referencia aos requisitos que deben reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desenvolvemento das funcións propias dos postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación.

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios e preferencias establecidos na citada Orde, rexedora desta contratación.

4.- Recibida a oferta, o Servizo Público de Emprego realizará unha sondaxe de demandantes en función das súas características atendendo á maior adecuación ao posto ofertado, proporcionando, de ser posible, o número de candidatos que solicite a entidade beneficiaria, que en ningún caso poderá ser inferior a dúas nin superior a dez por posto de traballo, de acordo cos criterios de selección establecidos na Orde.

QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.- As persoas candidatas propostas pola oficina de emprego de Ribadeo deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Trabada as solicitudes e a documentación adicional para participar no proceso selectivo, no modelo que se achega como Anexo I, sendo o último día de prazo o 27/06/2017, ás 15.30 h:

2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia do diploma ou certificación acreditativos de estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria, equivalente ou superior, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a súa expedición. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

d) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Acreditación de estar en posesión dalgún dos títulos establecidos no apartado g) da Base Terceira.

h) Fotocopia do documento acreditativo de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ou do correspondente distintivo.

i) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

j) Declaración xurada de non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

k) Fotocopia do carné de conducir B1 en vigor.

l) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia.

m) As persoas que fagan valer a súa discapacidade deberán acreditar tal condición mediante fotocopia da resolución da Seguridade Social, así como a súa compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza mediante certificación expedida polo Organismo competente na materia.

3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo II nas presentes Bases.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

2.- A fase de oposición terá lugar o 28/06/2016 ás 10.00 h na Casa da Cultura do concello de Trabada (Rúa do Concello, 40).

3.- Consistirá nun exame teórico de 10 preguntas tipo test que versará sobre conceptos de normativa, seguridade e hixiene en instalacións acuáticas, así como socorrismo e primeiros auxilios. Cada pregunta contestada correctamente puntuará 0,60 e incorrectamente 0,00 puntos.

4.- Esta proba é de carácter eliminatorio, de forma que as persoas aspirantes deberán acadar unha puntuación de 2,40 ou superior para permanecer no proceso e participar na fase de concurso.

5.- Na fase de concurso serán valorados os seguintes méritos:

a) Experiencia profesional como socorrista acuático

0,25 puntos por cada trinta días traballados a xornada completa en piscinas. No caso de xornadas parciais a puntuación obterase proporcionalmente.

0,10 puntos por cada trinta días traballados a xornada completa en praias. No caso de xornadas parciais a puntuación obterase proporcionalmente.

A puntuación máxima a obter por experiencia profesional será de 2,00 puntos.

Acreditarase mediante certificacións das entidades contratantes ou ben a través da vida laboral acompañada dos contratos de traballo ou nóminas, de forma que queden acreditadas a ocupación e as datas de inicio e finalización da relación laboral.

b) Formación relacionada con socorrismo e primeiros auxilios

Accións formativas cunha duración comprendida entre 30 e 100 h: 0,25 puntos por cada unha

Accións formativas cunha duración de máis de 101 h: 0,50 puntos por cada unha

A puntuación máxima neste apartado será de 1,50 puntos.

Non se avaliará a formación que supuxera o requisito de acceso ao presente proceso selectivo.

Acreditarase mediante os correspondentes diplomas ou certificacións. Para posibilitar a valoración neste apartado é indispensable que as certificacións/diplomas conteñan información sobre o número de horas lectivas.

c) Estar en posesión dalgunha das seguintes Certificacións en lingua galega (ou equivalentes)

Celga 3: 0,25 puntos

Celga 4: 0,50 puntos

Será acreditado mediante a correspondente certificación do centro educativo ou da Dirección Xeral de Política Lingüísica. No caso dos cursos equivalentes, mediante os correspondentes diplomas.

6.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da pertenza das persoas empatadas a algún dos seguintes colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, consonte o establecido no art. 14.5 da Orde do 2 de maio de 2017 :

- Mulleres, e en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia de xénero.

- Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes de primeiro emprego ou aquelas sen cualificacion profesional.

- Maiores de 45 anos,

- Persoas paradas de longa duracion

- Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusion social, especialmente persoas beneficiarias de renda de integracion social.

- Persoas desempregadas que esgotasen as prestacions e subsidios por desemprego a que tivesen dereito.

7.- O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente/a: Funcionario/ persoal laboral fixo  designado pola Deputación Provincial de Lugo.

- Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

- Primeiro Vogal:  D. Rubén García Piñeiroa, persoal laboral fixo do Concello de Lourenzá

- Segundo Vogal: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Terceiro Vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

SÉTIMA.- RESOLUCIÓN

1.- A Alcaldía resolverá de acordo co baremo establecido na base anterior, sen que o número de persoas seleccionadas poida ser maior ca o número de prazas convocadas e farase público no taboleiro de anuncios das oficinas municipais, na páxina web www.trabada.es e na sede electronica do concello de Trabada trabada.sedelectronica.gal .

2.- Na resolución incluirase unha relación das persoas que non foran seleccionadas, co fin de que, se por calquera circunstancia algunha desas persoas non foran nomeadas, adxudicar a praza ao seguinte candidato/a que acadara a puntuación máis alta. Ademais a relación servirá para poder ser utilizada ata o remate do contrato laboral das persoas contratadas como listaxe de reserva (sempre respectando a orde), para cubrir continxencias como renuncias voluntarias, procesos de incapacidade temporal ou calquera outra circunstancia, nos postos de traballo de socorrista acuático. Cando unha persoa incluída na listaxe fose contactada para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que poderá ser contactada para unha nova contratación.

OITAVA.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- As persoas finalmente propostas presentarán no Rexistro Xeral do Concello, no prazo máximo de 2 día natural , contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título ou certificación de Educación Secundaria Obrigatoria, de estudos equivalentes/superiores, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a súa expedición. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Certificado médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

d) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Acreditación, mediante certificación ou fotocopia compulsada, de estar en posesión dalgún dos títulos establecidos no apartado g) da Base Terceira.

h) Fotocopia cotexada do documento acreditativo de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ou do correspondente distintivo.

i) Fotocopia cotexada da Tarxeta de demandante de emprego.

j) Declaración xurada de non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2015 pola Consellería de Traballo e Benestar no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

k) Fotocopia cotexada do carné de conducir B1 en vigor.

l) Fotocopia cotexada dos documentos xustificativos dos méritos alegados e valorados no procedemento.

m) Os que fixeron valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán acreditar tal condición mediante certificación da Seguridade Social ou fotocopia cotexada da resolución de discapacidade. Así mesmo, deberá acreditar a súa compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes á praza mediante certificación expedida polo Organismo competente na materia.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do/a aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido. Neste caso, a proposta considérase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

NOVENA.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polos/as interesados/as, e sendo a mesma conforme, o Sra. Alcaldesa procederá á designación dos/as seleccionados/as e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba de 15 días, de conformidade co art. 14 do Estatuto dos Traballadores. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posto de traballo, o aspirante non terá dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

5.- O concello procederá á contratación das tres  persoas propostas pola Alcaldía, baixo a modalidade contrato de traballo temporal coas cláusulas específicas de traballos de interese social, tal como establece a Orde do 2 de maio de 2017.

6.- Os contratos de traballo subscritos serán comunicados á oficina de emprego de Ribadeo a través da aplicación CONTRAT@, en consonancia co establecido na Orde do 2 de maio de 2017.

DÉCIMA.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e todos os actos administrativos que dela deriven, poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015 , de Procedemento Administrativo das Administracions Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación o Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público , a lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

Trabada, 9  de xuño de 2017

A Alcaldesa

Mayra García Bermúdez

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Socorrista acuático

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                  CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

5. Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2016 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas.

6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

Lugar e data: …………………………………………………………….

 

Sinatura: ……………………………………………………………………

 
PEON DEPUEMPREGO RESULTADO PDF Imprimir
Noticias
Miércoles 10 de Mayo de 2017 10:22

NOME E APELIDOS

FASE OPOSICION

FASE CONCURSO

TOTAL PUNTUACION

HERNAN JOSE VALLE ALVAREZ

3.30

0.75

4.05

ALBERTO BRAÑA CAMPOS

3.30

1.20

4.50

JOSE RAMON RODRIGUEZ RODRIGUEZ

6.00

2.55

8.55

Concluídos os exercicios e debidamente cualificados, o Tribunal, sen superar o número de prazas convocadas, acorda propor o nomeamento do seguinte aspirante por ser o que maior puntuación alcanzou:

 

-  Don José Ramón Rodriguez Rodríguez, con DNI 76.549.335-E.

 
LUGAR PROBAS DEPUEMPREGO PDF Imprimir
Noticias
Martes 09 de Mayo de 2017 06:15

O LUGAR DE  CELEBRACION DAS PROBAS DE SELECCION DO PEON DE SERVIZOS MULTIPLES DEPUEMPREGO 16/17  (QUE SE DESENRROLARÁN NO DIA DE HOXE A PARTIRES DAS 17.30 HORAS) SERÁ A CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE TRABADA.

 
PEON DEPUEMPREGO 16/17 ADMITIDOS, EXCLUIDOS E CONVOCATORIA PDF Imprimir
Noticias
Jueves 04 de Mayo de 2017 13:32

 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA nº 103/2017 , DE 4 DE MAIO APROBANDO LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PEON DE SERVIZOS MULTIPLES DEPUEMPREGO 16/17 E CONVOCATORIA DE PROBA

 

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de personal para a contratación mediante concurso-oposición en réximen de personal laboral, da praza de Peon de Servizos Múltiples DEPUEMPREGO .

 

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía n.º 84/2017 , de data 10/04/2017 , tendo en conta a brevedade dos prazos e que o aspirante excluido non pode efectuar subsanacion por incumplir a xustificación de un requisito esencial de participación ,

RESOLVO

PRIMERO. Aprobar a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluidos:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOMBRE APELIDOS

77,595,473-H HERNAN JOSE VALLE ALVAREZ

33,831,656-J ALBERTO BRAÑA CAMPOS

76,549,335-E JOSE RAMON RODRIGUEZ RODRIGUEZ

 

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

33544210-K OSCAR GUEIMONDE VEIGA causa: NON CUMPRE O REQUISITO DE ESTAR INSCRITO NO SERVIZO PUBLICO DE EMPREGO COMO DEMANDANTE NON OCUPADO A DATA DE PRESENTACION DE SOLICITUDES.

SEGUNDO.- Comunicar a presente Resolución aos membros designados para o seu coñecemento. O Tribunal reunirase o MARTES DIA 9 DE MAIO DE 2017 ÁS 17,00 HORAS, celebrandose a fase da oposición ás 17,30 horas do mesmo dia.

TERCEIRO.- Publicar na páxina web e no taboeiro de anuncios da Corporación.

En Trabada, a 4 de maio de 2017,

A Alcaldesa

 

Asdo. Mayra García Bermúdez

 
BASES PEON DEPUEMPREGO 2016 2017 PDF Imprimir
Noticias
Viernes 28 de Abril de 2017 08:13

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA DUN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN  ASINADO COA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO “ PROGRAMA DEPUEMPREGO”.

1.-OBXECTO

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición de UN PEON DE SERVIZOS MÚLTIPLES, en réxime laboral, para ser contratado como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego de conformidade co convenio asinado  entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Trabada con data 23 de setembro de 2016 para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa DEPUEMPREGO co obxeto da axuda e colaboracion co obxectivo común de dar cumprimento ás competencias mínimas obrigatorias ou obras esenciais xerando oportunidades de emprego na provincia de Lugo.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados.

Visto que a Lei 48/2015, de 21 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, dispón no seu artigo 21 dous. que durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada de 6 meses, rematando en todo caso o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa ( 100 %).

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.

1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición

1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada así como na páxina web da Excma Deputación Provincial de Lugo, na páxina web do Concello e nun diario de maior tirada na provincia.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO

2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: Efectuarán, baixo a coordinación do Operario de Servizos Múltiples persoal laboral fixo do Concello, tarefas de limpeza e conservación de alcantarillado, mantemento de zonas verdes e beirarrúas e xestión de residuos en punto limpo.

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e)Non se require titulacion académica ( disposicion adicional 7ª EBEP).

f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  tres  (3  ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)     Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

c)     Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

d)     De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

e)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

f)     Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 1 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días naturais  contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento.

Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.

7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN

O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

-     Presidente/a: Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande.

-     Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

-     Primeiro Vogal:  D. Jesús Amor Vizcaíno , persoal laboral fixo concello de Trabada, conductor de tractor

-     Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

- Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado por colaboración coa Excma Deputación provincial ou outro Concello da Provincia.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala. ( 0,30 por pregunta correcta) .

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo un   (1) punto.

Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,05 puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta,  ou ben copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto, acompañado de informe de vida laboral onde figure os períodos aos que se refiren os contratos presentados . De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

b) Cursos de formación . Máximo dous  ( 2 puntos ).

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e que foran convocados, impartidos ou homologados polas Administracións Públicas,  Cámaras de Comercio e  Colexios Oficiais, así como diplomas de participación en Obradoiros de Emprego coordinados pola Xunta de Galicia e nos que o Concello de Trabada teña o papel de entidade colaboradora e/ou promotora:

Valoración dos cursos:

Ata 10 horas: 0,05 puntos.

Por cada curso de 10 a 50 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de 51 a 100 horas: 0,30 puntos.

Por cada curso de 101 a 200  horas: 0,45 puntos.

Por cada curso de máis de 201 horas: 0,75  puntos.

Por curso con formación teórico-práctica con nivel satisfactorio de Obradoiro de Emprego emitido nos Programas de Obradoiros de Emprego en colaboración coa Xunta de Galicia , nos que o Concello de Trabada sexa entidade colaboradora e/ou promotora  ,  cun mínimo de 900 horas en total : 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares.

A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

c)  Dacordo co establecido no convenio asinado coa Deputación, se primará favorecer aos colectivos  con dificultades de integración laboral tales como (máximo 1 punto):

1.    mulleres: 0,50 puntos

2.    maiores de 45 anos: 0,50  puntos.

3.    parados de longa duración: 0,50 puntos. Considerase parado de longa  duración estar inscrito ininterronpidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses.

4.    persoas con discapacidade:0,50 puntos

5.    persoas vitimas de violencia de xénero: 0,50 puntos

Forma de acreditar estas situacións: segundo o establecido no punto 5 (Solicitudes).

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 3 días hábiles dende a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con dous  días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

Os/as aspirantes serán convocados  en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen.

Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección.

Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  na fase oposición, e se ainda persistise, no  primeiro apartado, segundo e terceiro, das valoración do concurso sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por sorteo público.

Finalizado o proceso de selección elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación.

A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de 2 (2) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación:

1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social.

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo de 6 meses,sendo en todo caso o data de remate o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa (100%).

13. IMPUGNACIÓN.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación.

Tema 2

Uso e mantemento de desbrozadoras.

Tema 3

Sinalización vial en traballos de desbroce de cunetas.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE TRABADA , EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.........................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso................................................

C.Postal........................Localidade........................................................................................................

Municipio..............................Provincia......................Teléfono....................................

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 Peón de servizos múltiples.

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

-no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

  • Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.
  • Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.
  • Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.
  • De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

  • Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª.

En Trabada, a  27 de abril de 2017,

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo) .

 

 

 

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 5 de 21
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada