Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Sábado 24 de Junio de 2017  
DEPUEMPREGO AUXILIAR ADMINISTRATIVO PDF Imprimir
Martes 25 de Octubre de 2016 06:19

BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (1 AUXILIAR ADMINISTRATIVO ) QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA  AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN  ASINADO COA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, SERVIZOS E CREACIÓN DE EMPREGO “ PROGRAMA DEPUEMPREGO”.

1.-OBXECTO 1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición de UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO  para seren contratados como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Depuemprego de conformidade co convenio asinado  entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Trabada con data 23 de setembro de 2016 para a execución de obras, servizos e creación de emprego ao abeiro do Programa DEPUEMPREGO co obxeto da axuda e colaboracion co obxectivo común de dar cumprimento ás competencias mínimas obrigatorias ou obras esenciais xerando oportunidades de emprego na provincia de Lugo. Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados. Visto que a Lei 48/2015, de 21 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, dispón no seu artigo 21 dous. que durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais. En dependencias de Oficinas Xerais e para o desenrrolo habitual de todas as tarefas de xestión administrativa, Rexistro Xeral  , despacho de correo, atención telefónica e persoal,  Padrón de Habitantes, xestión recadatoria,  tramitación administrativa ordinaria….. únicamente se  conta con unha auxiliar administrativa, funcionaria interina ( por situación de servicios especiais do seu titular)  , a xornada completa,  e unha auxiliar administrativa a media xornada  en sesión matutina,  xa que  na sesión vespertina está vinculada co servizo de biblioteca, e que se encarga do Punto de Información Catastral  ,  Rexistro de Paz,  Rexistro de Facturas e apoio á  Intervención.

Resulta  imprescindible reforzar os servizos administrativos  municipais a fin de  poder prestar os mesmos en termos de eficiencia e paliando a evidente distorsión entre o tamaño da plantilla de persoal e as necesidades  do mesmo.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada de 12 meses, rematando en todo caso o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa. 1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables. 1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición 1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada así como na páxina web da Excma Deputación Provincial de Lugo, na páxina web do Concello  e nun diario de maior tirada na provincia.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO 2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS O obxecto do contrato laboral temporal  que se celebren a resultas do proceso de selección estará integrado polas funcións propias de auxiliar administrativo realizando traballos urxentes e inaprazables a desenvolver en relación co funcionamento dos servizos administrativos do Concello,  tales como tarefas de apoio á Secretaría na tramitación completa de  expedientes de subvencions ou axudas públicas  das que poida resultar beneficiario o Concello , Rexistro Xeral  , despacho de correo, atención telefónica e persoal    e   tramitación administrativa ordinaria….. Reforzar  a plantilla de cara a vacacions,licencias e/ou eventuais permisos por enfermidade .

 

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

 

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Titulación:  Estar en posesión do título de Graduado Escolar, Bachiller Elemental, Enseñanza Secundaria Obligatoria – LOGSE, Formación Profesional de primer grado o equivalente.

f) Acreditación do coñecemento da língua galega:  Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  cinco  (5  ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun dirario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)     Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.       c)     Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

d)     De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero:

A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:

1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios.

4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

e)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

 

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable,  asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. f) Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes. g) Copia compulsada do título de Graduado Escolar, Bachiller Elemental, Enseñanza Secundaria Obligatoria – LOGSE, Formación Profesional de primer grado o equivalente, ou certificado que corresponda. h)     Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas . Infórmase que a sede electrónica do Concello de Trabada está en construcción polo que non está operativa.

 

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 3 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días habiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos. Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase

Concello de Trabada Rúa do Concello, 15, Trabada. 27765 Lugo. Tfno. 982135011. Fax: 982135257

 

interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento. Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación. 7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal. A Alcaldesa  nomeará por decreto os membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no  taboleiro de anuncios Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición: Presidente/a: Un funcionario/a de carreira ou persoal laboral pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada. Secretario/a: o da Corporación ou persoa que faga as súas veces. Vogais: Tres funcionarios/as de carreira ou persoal laboral pertencentes a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada. Na designación dos membros do tribunal se procurará  a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferencia de un entrambolos dous sexos, ó ser a súa composición impar. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando de cada sesión acta, que se autorizará, coa signatura do secretario/a e co visto e prace do Presidente/a. Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas. O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias.

 

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos( 0, 30 x pregunta)  sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala.  O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.  2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito: A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo dous  (2 ) puntos.

-Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,05  puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha  certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos. -   b) Cursos de formación . Máximo un ( 1) puntos. Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e que foran convocados, impartidos ou homologados polas Administracións Públicas .  Valoración dos cursos: Ata 10 horas: 0,05 puntos.  Por cada curso de 10 a 25 horas: 0,15 puntos. Por cada curso de 26 a 50 horas: 0,30 puntos. Por cada curso de 51 a 75 horas: 0,45 puntos. Por cada curso de 76 a 100 horas: 0,60 puntos. Por cada curso de 101 a 200 horas: 0,75 puntos. Por cada curso de más de 201  horas: 1,00 puntos. En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares. A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

 

c)  Dacordo co establecido no convenio asinado coa Deputación, se primará favorecer aos colectivos      con dificultades de integración laboral tales como (máximo  1  puntos): 1.    mulleres: 0,50 puntos 2.    maiores de 45 anos: 0 ,50puntos. 3.    parados de longa duración: 0,50 puntos. Considersae parado de longa  duración estar inscrito ininterronpidamente na oficina de emprego como demandante de emprego durante 12 ou máis meses. 4.    persoas con discapacidade:0,50 puntos 5.    persoas vitimas de violencia de xénero: 0,50 puntos Forma de acreditar estas situacións: segundo o establecido no punto 5 (Solicitudes). Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

 

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 20 días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con tres días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio,  na páxina web do Concello e no  taboleiro  de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio. Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade. Os/as aspirantes serán convocados  en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As xustificacións ou probas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran. Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección. Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  no primeiro apartado, segundo e terceiro, sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por sorteo público. Finalizado o proceso de seleccion elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais. O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación. A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de 2 (2) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación: 1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. 2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO. Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo de 12 meses,sendo en todo caso o data de remate o 30 de outubro de 2017 e a xornada completa.

13. IMPUGNACIÓN. Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

ANEXO I.-TEMARIO TEMA 1.- A Constitución. Idea Xeral . A Corona. As  Cortes Xerais . TEMA 2.- O Goberno e a Administración. O Poder Xudicial . TEMA 3.- As Comunidades Autónomas. A Administración Local. Organismos Autónomos e outros Entes Públicos. TEMA 4.- A Comunidade Autónoma de Galicia . O Estatuto de Autonomía. O Parlamento de Galicia TEMA 5.-  Dereito Administrativo estatal e autonómico: idea xeral. Conceptos básicos do Dereito  Administrativo: o acto administrativo e o procedemento administrativo. Recursos. TEMA 6.- O  persoal ao servizo das administraciones Públicas. Especial mención ao personal laboral. TEMA 7.- Idea xeral do réxime xurídico do persoal laboral. Dereito e deberes. Réxime  disciplinario. TEMA 8.-  Recursos económicos  das entidades locais.  Procedemento recaudatorio. TEMA 9.- CONCELLO DE TRABADA. Encuadre territorial e poboacional. TEMA 10.- Réxime xurídico das subvencions das Administracions Públicas.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) POSTO DE TRABALLO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO DO CONCELLO DE TRABADA , EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.......................................................................................................... ...............provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso ................................................ C.Postal........................Localidade.......................................................... .............................................. Municipio..............................Provincia......................Teléfono................. ................... Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 auxiliar administrativo .

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; -no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

 Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

 Certificación , de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego  na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

 Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

  De se o caso, as persoas que aleguen ser vitima de violencia de xénero: A efectos destas bases , entendese por mulleres en situación de violencia de xénero todas aquelas que cesasen a relación de convivencia co agresor e acrediten a situación de violencia a través de calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: 1. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, testemuño ou copia autenticada pola/o secretaria/ou xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. 2. Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero. 3. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos devanditos indicios. 4. Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local no que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia. 5. Informe dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local en que se recolla dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.

 Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou  estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

 Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

 Copia compulsada do título de Graduado Escolar, Bachiller Elemental, Enseñanza Secundaria Obligatoria – LOGSE, Formación Profesional de primer grado o equivalente, ou certificado que corresponda.

 Relación, segundo a orde que se establece na base 8ª  , dos méritos que as ou os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na bases 8ª.

 

En Trabada, a 25 de outubro de 2016,

 

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos  expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo)

 

 

 

 
PROXIMAS CONVOCATORIAS DE EMPREGO PDF Imprimir
Viernes 21 de Octubre de 2016 06:36

En data 23 de septembro de 2016 pola Alcaldesa do Concello de Trabada asinouse o Texto Consolidado do Convenio de Colaboración

tipo entre a Excma Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Trabada para a execución de obras, servizos e creación de emprego

ao abeiro do " Programa Depuemprego", cunha axuda  económica por importe de 41.844,92 euros.

Ao abeiro de esta axuda, estáse a tramitar  expedientes de selección de persoal laboral temporal, coas seguintes características:

1 Auxiliar Administrativo, xornada completa, doce meses ( en todo caso ata o día 30 de outubro de 2017).

O  Decreto de convocatoria  e aprobación das bases serán publicadas nesta páxina web e na Deputación Provincial

o MARTES  DÍA 25 DE OUTUBRO DE 2016 .O prazo para  a  presentación de instancias e  documentación

será dende o día 26 de outubro de 2016  ata o día 2 de novembro .( sábado e domingo inhábiles ) .

1 Arquitecto técnico/Grado Enxeñeria Edificación, xornada parcial (50%), doce meses

( en todo caso fin o día 30 de outubro de 2017).O  Decreto de convocatoria  e aprobación das bases serán publicadas nesta páxina web

e na Deputación Provincial o MARTES  DÍA 25 DE OUTUBRO DE 2016 . O prazo para a  presentación de instancias e documentación  será

dende o día 26 de outubro  ao 2 de novembro  de 2016 (sábado , domingo e festivo  inhábiles).

1 Técnico Deportivo , nove meses , xornada parcial (50%). O  Decreto de convocatoria  e aprobación das bases serán publicadas

nesta páxina web e na Deputación Provincial o XOVES   DÍA 27 DE OUTUBRO DE 2016 . O prazo para a  presentación de instancias

e documentación  será dende o día 28 de outubro ao 4 de novembro de 2016.

 

 

 
AXUDA SINALIZACION RECURSOS TURISTICOS COFINANCIADOS FEADER PDF Imprimir
Martes 04 de Octubre de 2016 06:31

O Concello de Trabada resoltou beneficiario de unha subvención concedida pola directora de Turismo de Galicia para apoio

ás inversions para uso publico de infraestructura recreativa,

información turistica e sinalización turística a pequena escala mediante o fomento da accesibilidade e

sinalización dos recursos turísticos no medio rural,

cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER)

no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Así, para o proxecto de sinalización das rutas federadas e miradoiros do Concello de Trabada,

cun orzamento base de 5.639,99 euros

obtívose subvención polo 55% do seu importe, isto é, 3.101, 99 euros,

dos cales o 75% son de aportación do FEADER ( 2.326, 49 euros ),

un 7,5% ( 232,65 euros) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente

e un 17,50% ( 542,85 euros) de Turismo de Galicia.

 

Resultado de imagen de feader inviste no rural Resultado de imagen de ministerio agricultura Resultado de imagen de turismo de galicia

 

http://ec.europa.eu/agriculture/rural-development-2014-2020/index_es.htm

 
ANDAINA CAMIÑO DE SANTIAGO TRAMOS RÍA DE ABRES - A CADEIRA PDF Imprimir
Lunes 03 de Octubre de 2016 20:37

O Concello de Trabada realizará unha andaina polo Camiño de Santiago

dende a Ría de Abres ata a Cadeira.

Para inscribirse:

Pincha aquí

 

 
ACTA SELECCIÓN DIRECTOR OBRADOIRO PDF Imprimir
Domingo 25 de Septiembre de 2016 09:54

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 9 de 22
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada