Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 24 de Noviembre de 2024  
Concello de Trabada
convocatoria proba médica peon incendios segundo proceso PDF Imprimir
Noticias
Lunes 14 de Agosto de 2017 08:39

CONTRATACION  PERSOAL LABORAL TEMPORAL

PEON BRIGADA ( segunda convocatoria) MUNICIPAL DE PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

RESULTADO DO CONCURSO  2017

POSICION

Aspirante

Experiencia laboral

Cursos formación

Coñecemento lengua galega

Total

1

Bricio Yanes Redondas

0.00

0.00

0.00

0.000

2

David Fernández Garcia

0.00

0.00

0.00

0.00

CONVÓCANSE  para que asista ás probas físicas de esforzo e ao recoñecemento médico o día 17 de agosto de 2017, a partir das 09.15  horas na clínica PREMAP DE BURELA , o seguinte candidatos, aplicado como criterio de desempate a orde alfabética do primeiro apelido :

  1. David Fernández García

En Trabada, a 14 de agosto de 2017.

A Alcaldesa

 

Asdo. Mayra García Bermúdez.

 
LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA PDF Imprimir
Jueves 27 de Septiembre de 2018 15:35

 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 266/2018, de 27 de setembro

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de TECNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 232/2018, de 31 de agosto,e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar de forma definitiva a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME APELIDOS

76581455B MARTIN LOPEZ GARCIA

76582375B DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

DNI NOME APELIDOS

33996105N OLGA VICENTE GONZÁLEZ

SEGUNDO . Publicar a lista definitival dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración

-    Presidente/a: Rubén García Piñeiroa. Técnico de deportes, Persoal Laboral Fixo do Concello de Lourenzá.

-     Secretaria: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.

-    Primeiro vogal: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social.

-    Segundo vogal: Titular: Dona Aurelia Balseiro Garcia, Directora do Museo Provincial e Técnica en Actividades Socioculturais da Deputación Provincial de Lugo. Suplente: Dona Mercedes Lamela Lápez, Xefa de Servizo IV de Cultura e Turismo e Técnica en Actividades Socioculturais, da Deputación Provincial de Lugo.

- Terceiro vogal: Titular: Don Santiago Rodriguez Tunas, Administrativo no Centro de ArtesanIa e Deseño da Deputación Provincial de Lug¯ Suplente: Don José Antonio Arias Lombardero, Técnico de Xestión da Sección de Innovación e Participación Cidadá da Deputación Provincial de Lugo.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de setembro de 2018, ás 08.30h. Os candidatos deberán comparecer o día 28 de setembro de 2018, ás 9.00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 27 de setembro de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo. Mayra García Bermúdez

 

 
APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, ANIMADOR SOCIOCULTURAL DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA PDF Imprimir
Miércoles 26 de Septiembre de 2018 18:02

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 263/2018,  de 26 de setembro

APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, ANIMADOR SOCIOCULTURAL DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de   ANIMADOR SOCIOCULTURAL DEPUEMPREGO

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 231/2018, de 31 de agosto,e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar de forma provisional a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI                               NOME APELIDOS

33558677K                          ISABEL SUAREZ AMOR

34635574N                         LUCIA LOPEZ VILA

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

76582375B                          DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ

SEGUNDO . Publicar a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de un día hábil, a partir da publicación deste anuncio na páxina web do Concello, para corrixir as faltas ou acompañar os documentos preceptivos que motivasen a súa non admisión. Caso contrario, teráselles por desistido no procedemento.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración

-    Presidente/a: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social.

-     Secretaria: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.

-    Primeiro vogal: Rubén García Piñeiroa. Técnico de deportes, Persoal Laboral Fixo do Concello de Lourenzá.

-    Segundo vogal: Titular: Dona Aurelia Balseiro Garcia, Directora do Museo Provincial e Técnica en Actividades Socioculturais da Deputación Provincial de Lugo. Suplente: Dona Mercedes Lamela Lápez, Xefa de Servizo IV de Cultura e Turismo e Técnica en Actividades Socioculturais, da Deputación Provincial de Lugo.

-  Terceiro vogal: Titular: Don Santiago Rodriguez Tunas, Administrativo no Centro de ArtesanIa e Deseño da Deputación Provincial de Lug¯ Suplente: Don José Antonio Arias Lombardero, Técnico de Xestión da Sección de Innovación e Participación Cidadá da Deputación Provincial de Lugo.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de setembro de 2018, ás 10.00h. Os candidatos deberán comparecer o día 28 de setembro de 2018, ás 10.30 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 26 de setembro de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo. Mayra García Bermúdez


 
CONCESION SUBVENCION INEGA PROXECTO EQUIPAMENTO TERMICO BIOMASA COFINANCIADO FEDER PDF Imprimir
Noticias
Miércoles 09 de Agosto de 2017 06:19

En data  1 de Agosto de 2017 polo  Director do Instituto Enerxético de Galicia ( INEGA) dictouse Resolución  de concesión de axuda para a realización de proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2017, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 para a instalacion de caldeira de biomasa na escola de educación infantil de Trabada , ascendendo a intensidade da axuda ao 80%, 11.616,00 euros, segundo das condicions da Resolución de14/03/2017.

Persíguese unha reducción anual  estimada de gases efecto invernadoiro de 4,468 Tn CO2/ano.

Para un investimento aceptado con IVE de 21.177,24 euros se entende un investimento elexible por potencia con IVE de 14.520 euros, sobre o que se aprica a porcentaxe  de intensidade da axuda.

 

 

Resultado de imagen de conselleria de economia emprego e industriaImage result for inegaResultado de imagen de union europea logoResultado de imagen de galicia el buen camino logo xunta

 
SEGUNDA CONVOCATORIA PEON BRIGADA INCENDIOS PDF Imprimir
Noticias
Martes 08 de Agosto de 2017 08:17

DECRETO DA ALCALDÍA NÚM. 215/2017,  DE 7 DE AGOSTO

Visto o Convenio de Colaboración  suscrito  entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural ( FEADER) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, de data 23 de xuño de 2016.

Visto que de conformidade co citado convenio , debido á especificidade dos traballos a realizar, priorizaranse os candidatos que teñan experiencia nas tarefas de extinción de incendios forestais, polo que se considera que o procedemento que mellor se axusta é o concurso.

O  Concello ten na actualidade, logo dos distintos procesos selectivos, unha brigada composta por un capataz, un peón conductor e tres peóns ; un de estes últimos comunicou renuncia ao contrato de traballo a partir do luns 21 de agosto de 2017; postos en contacto co último integrante da lista, Pablo García Santamarina  desistiu do chamamento por estar traballando.

Enténdese convinte proceder a nova selección de peón para cubrir a renuncia para mellora da operatividade da brigada e para evitar, no caso de nova renuncia ou incidencia, que a brigada non poida ter a composición minima que afectaría  á súa existencia e financiamento.

Sendo necesario proceder á contratación laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo, de  un peon  para a brigada  de prevención e defensa contra incendios forestais, campaña de verán 2017,   a xornada completa, ao abeiro do citado convenio , con data prevista de inicio 21 de agosto de 2017 ata o día 26 de outubro de 2017  , e á vista das competencias recoñecidas no art. 21.1.g) da LRBRL, esta Alcaldía, RESOLVE:

ÚNICO: Aprobar as bases para a selección e contratación como persoal laboral temporal de un  traballador ( peón ) para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais.

CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE CONCURSO, DE UN  PEÓN PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

BASES

1º.- NORMAS XERAIS

A selección rexerase polo previsto nestas bases, Real Decreto Lexislativo 5/2015 , polo que se aproba o Texto Refundido  do Estatuto básico do emprego público, Lei 2/2015, do emprego público de Galicia , Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local, Lei 5/97, de administración local de Galicia, Real Decreto lexislativo 781/86, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, Real Decreto 896/1981, de 7 de xuño, Real Decreto 364/95, Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural  o Concello de Trabada para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais .

2º.- CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

O cometido funcional deste posto de traballo consistirá na realización das tarefas que lle sexan encomendadas polo persoal responsable dos servizos municipais correspondentes do Concello de Trabada, e polo Distrito Forestal VI, de acordo coas instrucións recibidas ao efecto.

De conformidade co Convenio de colaboración coa Consellería de Medio Rural, os compoñentes da brigada realizarán labores  de prevención de incendios forestais, sempre que non sexan requeridos para a defensa de eles durante cada un dos tres meses de operatividade da brigada, con plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como quendas de noite necesarias.

3º.- DURACIÓN DO CONTRATO

O contrato de traballo, cunha duración prevista ata o día 26 de outubro de 2017 , asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de obra ou servizo, a xornada completa, con data prevista de inicio o próximo día 21 de agosto  de 2017, no horario que estableza o Distrito Forestal VI, segundo demande o servizo.

4º.- RETRIBUCIÓNS

A retribución será de 900 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

5º.- REQUISITOS DOS CANDIDATOS

1.- Para seren admitidos ao presente procedemento os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos.

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. Os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

e) Non estar incurso nos supostos de incompatibilidades previstas na lexislación vixente.

f) Estar en posesión do carné de conducir B.

g) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

h) Non se require titulación académica ( disposicion adicional 6ª EBEP).

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

6º.- TRAMITACIÓN

1.- O Concello de Trabada abrirá un prazo de solicitude de participación no proceso selectivo de (3) TRES días hábiles a contar dende o día seguinte á  publicación de anuncio  de convocatoria.

2.- O Concello publicará a presente convocatoria mediante anuncio en prensa nun dos xornais de maior difusión no municipio. As presentes bases serán publicadas na páxina web municipal (www.trabada.es) e na sede electrónica do Concello ( trabada.sedelectronica.gal).

3.- Na súa formulación, a oferta non poderá conter elementos que poidan servir de base para calquera tipo de discriminación que non responda aos criterios preferenciais establecidos no convenio asinado coa Consellería do Medio Rural , en virtude do cal se realizarán as contratacións.

4.- A  valoración da fase de concurso   terá lugar o día 14 de agosto  na Casa da Cultura de Trabada, a partir das 10.00 h.

5.- Seleccionados o traballador, será convocado para a realización dun recoñecemento médico e unha proba física de esforzo ,  nos termos establecidos no convenio asinado coa Consellería de Medio Rural , cuxa superación será requisito indispensable para a súa posterior contratación como peón  de brigada. De non  superarse, convocarase ao seguinte aspirante que acadara unha maior puntuación, e así sucesivamente.

6.- Os traballadores finalmente seleccionados serán convocados para a realización dun curso previo de extinción de incendios forestais nos termos establecidos no convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural  e o Concello de Trabada.

7.- O concello procederá á contratación das persoas propostas que superaran o exame médico  e a proba de esforzo baixo a modalidade de "obra ou servizo determinado”.

8.- O resultado da selección será publicado na páxina web municipal.

7º.- SOLICITUDES

1.- As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais do Concello de Trabada, mediante o modelo de instancia que se achega como Anexo I.

2.- O prazo de presentación quedará aberto desde as 8.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao de publicación do anuncio de convocatoria ata as 15.30 horas do terceiro  día hábil .

3.- Á instancia acompañarase inescusablemente:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada (Anexo II)

c) Documentación que acredite o cumprimento dos requisitos para a participación no proceso de selección.

d) Documentación acreditativa dos méritos a valorar na fase de concurso, isto é, da experiencia laboral, da formación complementaria e do coñecemento certificado do idioma galego.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- Os aspirantes quedan vinculados aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no nesta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

8º.- TRIBUNAL DE VALORACIÓN

Estará integrado polos seguintes membros:

- Presidente: D. José Luis Reigosa Espasande, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Primeiro vogal: D. Jesús Amor Vizcaíno, persoal laboral do Concello de Trabada.

- Segundo vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Terceiro vogal: Persoal designado  pola Excma Deputación Provincial de Lugo

- Secretaria: Dna. Mª Sofía Sanmartín Novoa, secretaria do Concello de Trabada.

No caso de ausencia do Presidente, será substituído polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída pola segundo vogal.

Aos efectos previstos no Real Decreto 462/2002 , de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, O Concello de Trabada farase cargo dos custos de indemnización por desprazamento a razón de 0,19 euros/Km., así como das contías por asistencia a tribunais de conformidade co Anexo IV, categoría terceira.

9º.- SISTEMA DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección é o de concurso cunha puntuacion máxima de cinco puntos  ;  o Tribunal  valorará os  méritos dos aspirantes admitidos  baseándose na documentación aportada durante o prazo de solicitude:

Experiencia laboral (máximo 3 puntos)

Os servizos prestados como xefe de brigada de incendios, coordinador técnico, capataz  de GRUMIR valoraranse a razón de 0,15 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Os servizos prestados  como peón de brigada de incendios/GRUMIR  valoraránse a razón de 0,10 puntos por mes traballado a xornada completa. A puntuación minorarase de forma proporcional en función da porcentaxe de xornada, cando esta fora parcial. Acreditarase mediante a presentación de copias da vida laboral e do/s contrato/s de traballo, ou da certificación da entidade, de forma que queden acreditadas entidade, posto de traballo, xornada e duración.

Cursos de formación (máximo 1,50 puntos)

Por ter realizado curso básico de protección civil impartidos pola Academia Galega de Seguridade Pública de Galicia   e cursos de formación relacionados coa protección do ecosistema e efectos de lume, comportamento do lume, técnicas de extinción, apertura dunha liña de defensa, mantemento de ferramentas, manexo da emisora, seguridade,   e en xeral de protección de incendios impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública ou calquera centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promovidos polos Concellos:

- Por cada curso de 60 ou máis horas de duración ou de 10 xornadas: 0,50 puntos

- Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou de 5  a 9 xornadas: 0,40 puntos

- Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou de 2 a 4 xornadas: 0,20 puntos

Será acreditado mediante presentación de fotocopia do correspondente diploma ou certificado da actividade formativa, no que debe figurar a súa duración, en número de horas ou xornadas.

Coñecemento da lingua galega (máximo 0,50 puntos)

- Por estar en posesión do Celga 3 ou equivalente (curso de iniciación á lingua galega): 0,25 puntos

- Por estar en posesión do Celga 4 ou equivalente (curso de perfeccionamento): 0,50 puntos

Será acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística ou do centro educativo correspondente.

2.- Os méritos que se aleguen polos/as aspirantes acreditaranse, como data límite, o día de remate do prazo de presentación de solicitudes. Non se valorarán aqueles que non estean suficientemente acreditados documentalmente.

3.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración decidirá en función da puntuación obtida no apartado de experiencia , incluso si excedese da puntuación máxima do citado apartado . De persistir o empate se atenderá á  maior experiencia  como xefe de brigada sobre o de peón de brigada; de persistir o empate, atenderáse ó  maior número  de cursos de formación dos aspirantes nesta situación sen o límite establecido de 1,50 puntos. Si  aínda así persistira, se atenderá á orde alfabética do primeiro apelido.

4.- Serán propostas para o posto de traballo convocado a  persoa que acadaran as maiores puntuacións, quedando as restantes conformando unha listaxe de reserva, ordenada segundo a puntuación obtida, aos efectos de renuncia, baixa, non superar o recoñecemento médico e/ou proba física de esforzo ,  ou calquera outra continxencia das persoas candidatas propostas, sendo requirida a que figure na listaxe no seguinte lugar, sucesivamente, cando as circunstancias o requiran.

5.-  O Tribunal de valoración reuniráse  o día 14 de agosto  na Casa da Cultura en Trabada, a partir das 10.00 h. Os recoñecementos médicos e as probas físicas de esforzo desenvolveránse nos días seguintes, sendo convocados polo Concello con indicación do día, hora e lugar onde se efectuarán as  probas físicas e recoñecementos médicos por persoal técnico cualificado.

10º.- RESOLUCIÓN

A resolución do concurso e os nomeamentos serán realizados pola Presidenta da Corporación Municipal, a proposta do Tribunal cualificador.

11º.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

1.- A persoa proposta presentará na Secretaría do Concello, no prazo de 1 día hábil, contado a partir da publicación da relación de aprobados no Taboleiro de Anuncios de Concello, os documentos seguintes:

a) Fotocopia cotexada do Documento Nacional de Identidade.

b) Fotocopia cotexada do título, ou ben xustificante de ter cumpridos tódolos requisitos para a expedición do mesmo. Se estes documentos estiveran expedidos despois da data de terminación do prazo de presentación de instancias, deberá xustificar a data en que se finalizaron os correspondentes estudos.

c) Fotocopia cotexada do carné de conducir B.

d) Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

e) Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

f) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

g) Fotocopia cotexada da documentación acreditativa dos méritos alegados e valorados.

h) Número de afiliación á Seguridade Social

i) IBAN da conta bancaria da súa titularidade onde ingresar as correspondentes nóminas.

2.- A non presentación dentro do prazo fixado no parágrafo anterior da presente base da documentación antes referida, agás os casos de forza maior, ou cando da presentación dos documentos se desprenda o non cumprimento dos requisitos da convocatoria ou supostos de falsidade na instancia presentada para tomar parte no proceso selectivo, dará lugar á invalidez das actuacións do aspirante, e xa que logo, a nulidade dos actos do Tribunal en relación co aspirante e a imposibilidade de efectuar o seu nomeamento, sen prexuízo da esixencia das responsabilidades nas que puidese ter incorrido.  Neste caso, a proposta considerase feita a prol dos aspirantes que, segundo á orde de puntuación obtida, teñan cabida no número de postos convocados; todo ilo como consecuencia da citada anulación.

12º.- DESIGNACIÓN E FORMALlZACIÓN DO CONTRATO

1.- Presentada a documentación polo interesado, e sendo a mesma conforme, e habendo superado o recoñecemento médico ea a proba física de esforzo  ao que fai referencia a base 6ª.5. das presentes, a Sra. Alcaldesa procederá á designación dos aspirantes seleccionados e procederá á formalización dos correspondentes contratos laborais.

2.- Establécese un período de proba dun mes. Transcorrido este período se a persoa da que se trate o superase satisfactoriamente, adquirirá plena eficacia o contrato subscrito. O seleccionado deberá asistir e superar os cursos de formación específicos que se impartirán por persoal cualificado.

3.- Mentres non se formalice o contrato e non se incorpore ó posta de traballo, a persoa designada non terán dereito a percepción económica de ningunha clase.

4.- Quen sen causa xustificada non concorrese a formalizar o contrato na data sinalada, perderá todos os dereitos derivados da superación das probas selectivas.

13º.- INCIDENCIAS

1.- A presente convocatoria, as súas bases, e tódolos actos administrativos que dela deriven,poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

2. Para o non previsto nestas bases, será de aplicación a Lei 7/1985 de 2 de abril, o Real Decreto Lexislativo 781/86 de 18 de abril, o Real Decreto 896/1991 de 7 de xuño, o Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo e a normativa laboral de aplicación.

En Trabada, a 7 de agosto de 2017.

A Alcaldesa.

Asdo. Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: Peón de Brigada  SEGUNDA CONVOCATORIA

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                 CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO II

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 4 de 35
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada