Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 24 de Noviembre de 2024  
Concello de Trabada
convocatoria CONDUCTOR TRACTOR servizo limpeza viaria Lourenza e Trabada PDF Imprimir
Noticias
Viernes 21 de Julio de 2017 12:10

PRAZO DE PRESENTACION: ATA AS 15.30 HORAS DO DIA 27/07/2017.

 

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA  PERSOAL LABORAL TEMPORAL UN OFICIAL CONDUCTOR DE TRACTOR PARA O SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA PARA O CONCELLO DE TRABADA E DE LOURENZÁ.

PRIMEIRO. Normas Xerais

O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de OFICIAL CONDUCTOR DE TRACTOR PARA O SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA, en réxime laboral, baixo a modalidade de contrato de traballo temporal.

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: Efectuarán, baixo a coordinación do Conductor de Tractor persoal laboral fixo do Concello, tarefas de desbroce de vias non urbans .

Na anualidade do 2016 ambos Concellos solicitaron, ao abeiro da Orde de 21 de Decembro do 2015 (publicada no DOG. núm. 246 de 28/12/15), pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas ás entidades locais de Galicia, a adquisición de un tractor para o reforzo de dito servizo, así como para os gastos de persoal de dito servizo durante os meses de Xaneiro a Setembro.

No exercicio de 2017  de novo solicitouse subvención ao abeiro da mesma liña de axudas para os gastos de funcionamento do referido servizo, o que, de ser concedida, permitirá unha optimización de recursos económicos para facilitar o reforzo do mesmo.

SEGUNDO. Modalidade do contrato

A modalidade do contrato é contrato de traballo temporal, na modalidade de eventual por circunstancias da producción .

A duración do mesmo será de 5 meses, en todo caso con data limite o ata o 31 de decembro de 2017, e en réxime de dedicación a tempo completo, cunha xornada de 40 horas semanais de luns a viernes , con horario en función das necesidades do servizo.

Fíxase unha retribución neta de 1.348, 29 €  , que inclúe o rateo das pagas extraordinarias, aplicándose o Convenio Colectivo de Edificación e Obras públicas de Lugo.

TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes.

1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.

e)Non se require titulacion académica ( disposicion adicional 7ª EBEP).

f) Estar en situación de desemprego e inscritas como tal no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, así como estar dispoñible para o emprego.

g) Estar en posesion do carnet de conducir B vixente.

h) Non ter prestado servizos no Concello de Trabada con carácter temporal por un período de 20 meses nos últimos 30 meses, con independencia de que a relación laboral tivera ou non continuidade en dito período.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias

1.- O Concello de Trabada convocará ás persoas candidatas mediante  convocatoria  na páxina web , sede electronica e anuncio nun dos xornais da provincia.

QUINTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1.- As persoas candidatas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Trabada as solicitudes e a documentación adicional para participar no proceso selectivo, no modelo que se achega como Anexo I, sendo o último día de prazo o 27/07/2017 , ás 15.30 h:

2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

g) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia.

h) Carnet de conducir tipo B vixente.

3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo III nas presentes Bases.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

QUINTO. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo  de tres   días hábiles, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios , e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección.

Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

1.- O sistema de selección será o de concurso - oposición. Non se avaliará o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar as solicitudes.

2.- A fase de oposición terá lugar o 31/07/17  ás 10,00 h na Casa da Cultura do concello de Trabada (Rúa do Concello, 40), e consistirá en dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio.

Un primeiro exercicio para contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 10 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 15 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 10 puntos : para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos.

O aspirante que non supere esta proba  non pasará á seguinte.

Un segundo exercicio, práctico, de manexo de tractor e desbrozadora así como de mantemento dos mesmos, que en todo caso acreditará o manexo da maquinaria empregada para o exercicio das funcións do  posto .

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuaráse de  0 a 10 puntos: para superalo deberá sacarse un mínimo de 5 puntos.

O aspirante que non supere esta proba  non pasará á seguinte.

A puntuación máxima na fase de oposición é de 20 puntos .

3, Na fase de concurso serán valorados os seguintes méritos:

3,1,Formación contínua. ( Máximo  4 puntos),

Por haber superado e acreditar a superación de cursos de formación relacinados coas funcions do posto a desempeñar impartidos por organismos oficiais competentes. Máximo de catro puntos, de conformidade coa seguinte escala :

Inferiores a 10 horas: 0,05

Duración de 10 a 20 horas: 1,00

Duración de 21 a 50 horas: 1,50

Duración de 51 a 80 horas: 2, 00

Duración de 81 a 100 horas: 3, 00

De máis de 101 horas:4, 00

Valoraránse aqueles cursos, xornadas ou diplomas impartidos e expedidos por centros oficiais ou entidades homologadas con contido que esté directamente relacionado coa praza convocada. No diploma ou certificación deberá constar o nome do curso, contidos impartidos, entidade que expide e carga horaria .

3,2, Estar en posesión dalgunha das seguintes Certificacións en lingua galega (ou equivalentes) ( MÁXIMO 1 PUNTO)

Celga 3: 0,50 puntos

Celga 4: 1, 00 puntos

Será acreditado mediante a correspondente certificación do centro educativo ou da Dirección Xeral de Política Lingüísica. No caso dos cursos equivalentes, mediante os correspondentes diplomas.

6.- No caso de producirse empates, o Tribunal de Valoración terá en conta a puntuación da proba práctica;  no caso de persistir no resultado da proba teórica ,e por último da fase do concurso.

No caso de persistir o empate , resolveráse por orden de presentación da instancia por Rexistro.

SÉPTIMO .- TRIBUNAL DE VALORACION

7.- O Tribunal de Valoración estará integrado polos seguintes membros:

-     Presidente/a: D. Jesús Amor Vizcaíno , persoal laboral fixo concello de Trabada, conductor de tractor

-     Secretaria: Dna. María Sofía Sanmartín Novoa, secretaria-interventora do Concello de Trabada.

-     Primeiro Vogal:  Operario de servizos multiples do Concello de Trabada, persoal laboral fixo, Don José Luis Reigosa Espasande.

-     Segundo vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado polo Concello de Lourenzá.

- Terceiro vogal: funcionario ou persoal laboral fixo designado polo Concello de Lourenzá.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte dos órganos de selección.

A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.

A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade coa normativa vixente.

OITAVO. Cualificación

A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal .

NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato

Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

DÉCIMO. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.

Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello .

No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro;  o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello.

En Trabada, a 21 de xullo  de 2017.

Alcaldesa,

Asdo.: Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación.

Tema 2

Uso e mantemento de tractor .

Tema 3

Sinalización vial en traballos de desbroce de cunetas.

ANEXO II

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: OFICIAL CONDUCTOR TRACTOR PERSOAL LABORAL TEMPORAL

2.- DATOS PERSOAIS:

............................................       ...........................................    ………..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................   ............................................     ………................................

DATA DE NACEMENTO                         LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................   ............................................................    ..................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................    ......................................  ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                  CORREO ELECTRÓNICO

 

 

3.- DISCAPACIDADE

 

Non    /    Si (Grao ……..%)

 

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

 

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

5. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

 

Lugar e data: …………………………………………………………….

 

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
ACTA TRIBUNAL DE CONDUCTOR MOTOBOMBA PDF Imprimir
Jueves 12 de Julio de 2018 13:33

 
LISTA DEFINITIVA DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS PDF Imprimir
Miércoles 11 de Julio de 2018 13:30

 

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº 182/2018 DE 11 DE XULLO DE 2018

APROBANDO A LISTA DEFINITIVA DE TRES CONDUCTORES DE MOTOBOMBA PARA A BRIGADA MUNICIPAL DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso, en réxime de persoal temporal, de tres conductores de motobomba para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios.

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía nº 174/2018 de data 2 de xullo, e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO

PRIMEIRO. Aprobar a seguinte relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos:

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME E APELIDOS

33994081N MARTÍN RODRÍGUEZ GASALLA

34638742Y JUAN CARLOS REGO REGO

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUÍDOS:

NINGÚN

SEGUNDO.- Publicar a relación definitiva de admitidos e excluídos na páxina web do Concello.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración:

Presidente: Don José Luís Reigosa Espasande, operario SSMM Concello de Trabada

Secretario: Don Jesús Amor Vizcaino, condutor concello de Trabada

Vogales:

Dna. Laura García Delantero, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, Axente de Emprego.

D. José Antonio Arruñada Amor, persoal laboral fixo do Concello de A Pontenova, capataz de obra.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 12 de xullo de 2018 ás 10,00 horas para a valoración da fase de concurso.

En Trabada, a 11 de xullo de 2018.

A Alcaldesa, Ante min, Secretaria-Interventora accidental

Asdo. Mayra García Bermúdez Asdo. Isabel Catalina Alonso Lombardero

 

 
CONDUCTOR MOTOBOMBA SEGUNDA CONVOCATORIA RESULTADO PDF Imprimir
Noticias
Viernes 21 de Julio de 2017 10:39

Dase conta da relación de admitidos:

ASPITANTES ADMITIDOS

MANUEL BARGUEIRAS LOPEZ

MANUEL RAMALLAL LOPEZ

DEMETRIO A. PARDEIRO OROSA

Iníciase a valoración dos méritos alegados polos aspirantes admitidos de conformidade co  establecido na cláusula novena das bases que rexen a selección :

Aspirante

Experiencia laboral

Cursos formación

Coñecemento lengua galega

Total

MANUEL BARGUEIRAS LOPEZ

0.30

0

0

0.30

MANUEL RAMALLAL LOPEZ

0.45

0.60

0.25

1.30

DEMETRIO A. PARDEIRO OROSA

0

0

0

0.00

Á vista do resultado, o Tribunal de Selección efectúa pronunciamento sobre a puntuación final resultante da fase do concurso, e se propón o seguinte listado de candidatos propostos para os postos de traballo conforme as seguintes puntuacións   e orde de preferencia, aos efectos de ser  convocados para a realización da proba de recoñecemento médico e física de esforzo:

1.- Manuel Ramallal López.

2.- Manuel Bargueiras López.

 

3.- Demetrio A. Pardeiro Orosa

Trabada, a 21 de xullo de 2017.

 

 
A XESTIÓN FORESTAL EN TRABADA PDF Imprimir
Noticias
Martes 28 de Mayo de 2013 07:02

Artículo de La Voz de Galicia

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 6 de 35
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada