Concello de Trabada

Concello de Trabada - Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
Domingo 24 de Noviembre de 2024  
Concello de Trabada
APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA PDF Imprimir
Miércoles 26 de Septiembre de 2018 18:01

 

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Nº 263/2018, de 26 de setembro

APROBANDO A LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, TÉCNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO E CONVOCATORIA DA PROBA

Expirado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para as probas de selección de persoal para a contratación mediante concurso-oposición en réxime de persoal laboral, da praza de TECNICO DEPORTIVO DEPUEMPREGO

De conformidade coas bases da convocatoria aprobadas xunto coa convocatoria en Resolución de Alcaldía número 232/2018, de 31 de agosto,e en virtude do artigo 20 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado aprobado por Real decreto 364/1995, de 10 de marzo, e do artigo 31.1.g) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar de forma provisional a seguinte relación de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria referenciada,

RELACIÓN DE ASPIRANTES ADMITIDOS:

DNI NOME APELIDOS

76581455B MARTIN LOPEZ GARCIA

76582375B DANIEL GARCÍA FERNÁNDEZ

RELACIÓN DE ASPIRANTES EXCLUIDOS:

DNI NOME APELIDOS

33996105N OLGA VICENTE GONZÁLEZ

SEGUNDO . Publicar a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, aos efectos oportunos. Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de un día hábil, a partir da publicación deste anuncio na páxina web do Concello, para corrixir as faltas ou acompañar os documentos preceptivos que motivasen a súa non admisión. Caso contrario, teráselles por desistido no procedemento.

TERCEIRO.- Nomear os membros do Tribunal de Valoración

-    Presidente/a: Rubén García Piñeiroa. Técnico de deportes, Persoal Laboral Fixo do Concello de Lourenzá.

-     Secretaria: Dna. Laura García Delentero, AEDL do Concello da Pontenova, persoal laboral fixo.

-    Primeiro vogal: Dna. Ana Gonzalez Díaz, persoal laboral fixo concello de Trabada, traballadora social.

-    Segundo vogal: Titular: Dona Aurelia Balseiro Garcia, Directora do Museo Provincial e Técnica en Actividades Socioculturais da Deputación Provincial de Lugo. Suplente: Dona Mercedes Lamela Lápez, Xefa de Servizo IV de Cultura e Turismo e Técnica en Actividades Socioculturais, da Deputación Provincial de Lugo.

- Terceiro vogal: Titular: Don Santiago Rodriguez Tunas, Administrativo no Centro de ArtesanIa e Deseño da Deputación Provincial de Lug¯ Suplente: Don José Antonio Arias Lombardero, Técnico de Xestión da Sección de Innovación e Participación Cidadá da Deputación Provincial de Lugo.

No caso de ausencia do/a Presidente/a, será substituído/a polo primeiro vogal.

No caso de ausencia da Secretaria, será substituída polo segundo vogal.

CUARTO.- O Tribunal de valoración reunirase o día 28 de setembro de 2018, ás 08.30h. Os candidatos deberán comparecer o día 28 de setembro de 2018, ás 9.00 horas na Casa da Cultura do Concello para a realización da proba da fase de oposición, co DNI. A non comparecencia do aspirante determinará a súa automática exclusión do proceso de selección.

Mándao e asínao Alcaldesa, Mayra García Bermúdez, en Trabada, a 26 de setembro de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo. Mayra García Bermúdez

 

 
RESULTADO SELECCION CONDUCTOR TRACTOR PDF Imprimir
Noticias
Lunes 31 de Julio de 2017 12:25

NOME E APELIDOS

FASE OPOSICION

FASE CONCURSO

TOTAL PUNTUACION

ALVARO SEIJO LOPEZ

18

1.50

19.50

BRICIO YANES REDONDAS

14

0

14.00

DANIEL DIAZ SEIVANE

12

0

12.00

Concluídos os exercicios e debidamente cualificados, o Tribunal, sen superar o número de prazas convocadas, acorda propor o nomeamento do seguinte aspirante por ser o que maior puntuación alcanzou:

 

- Álvaro Seijo López, con DNI 33.836.242-F

En Trabada , a 31 de xullo de 2017.

 
ADMITIDOS CONDUCTOR TRACTOR SERVIZO LIMPEZA PDF Imprimir
Noticias
Viernes 28 de Julio de 2017 13:18



 

 

Visto o proceso de selección para a provisión temporal dun posto de conductor de tractor para o servizo de limpeza viaria dos Concellos de Trabada e Lourenzá.

Vistas as bases e a convocatoria do proceso de referencia, aprobadas por Resolución da Alcaldía nº 185/2017, de 21 de xullo foron publicadas mediante inserción de anuncio no periódico La Voz de Galicia de data 22 de xullo de 2017, sábado, así como na páxina web do Concello en data 7 de xullo e na mesma data na sede e na mesma data na sede electrónica do Concello de Trabada.

Durante o prazo de presentación de instancias, de dez dias naturais, que finalizou o día 18 de xullo de 2017, recibíronse instancias presentadas por :

 

Nome y apelidos

Nº Rexistro

Alvaro Seijo Lopez

1353

Alberto Braña Campos

1354

Bricio Yanes Redondas

1355

Daniel Diaz Seivane

1371

Ramón Díaz Otero

1432



De conformidade co indicado na base sexta das que regulan o proceso de selección, esta Alcaldía, en exercicio das competencias legalmente atribuidas polos artigos 21 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e artigo 61 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, RESOLVIN:



PRIMEIRO.- Aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluidos, dispoñendo a súa publicación no Taboeiro de Edictos da Corporación, páxina web e sede electrónica. Non habendo candidato excluidos se entende elevada a definitiva .

CANDIDATOS ADMITIDOS



 

Nome y apelidos

Nº Rexistro

Alvaro Seijo Lopez

1353

Alberto Braña Campos

1354

Bricio Yanes Redondas

1355

Daniel Diaz Seivane

1371

Ramón Díaz Otero

1432

 



CANDIDATOS EXCLUIDOS

Ningun

En Trabada, a 28 de xullo de 2017,

A Alcaldesa.



asdo. Mayra Garcia Bermudez.

 
BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (1 TÉCNICO DEPORTIVO ) QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA AO ABEIRO DO “ PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ” PDF Imprimir
Miércoles 19 de Septiembre de 2018 07:08

BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL (1 TÉCNICO DEPORTIVO ) QUE SE CONTRATE NO CONCELLO DE TRABADA AO ABEIRO DO “ PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ”.

1.-OBXECTO

1.1. Obxecto: Constitúe o obxecto das presentes bases e a correspondente convocatoria  a regulación do procedemento de selección  mediante o sistema de concurso-oposición de UN TÉCNICO DEPORTIVO para seren contratados como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento de Emprego 2018 de conformidade co Plan Único Provincial de cooperacion cos Concellos 2018.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados, engadida a indemnización por fin de contrato. A tales efectos, o salario bruto mensual ascenderá a 591,65 euros por aplicación do Convenio de Instalacions deportivas e Ximnasios da CA de Galicia ( DOGA 06.02.17), de conformidade co seguinte desarrollo: salario base: 480.04 euros, plus de transporte 31.61 euros, paga extra prorrateada 80.01 euros.

Visto que a Lei 3/2017 de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017, dispón no seu artigo 19 dous. que durante o ano 2017 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables .

O Concello de Trabada é propietario de bens de dominio público adscritos a servizos de carácter deportivo como a piscina , campo de fútbol, ximnasio municipal e dous pabillons polideportivos, un na capitalidade e outro en Sante.

Non contando na plantilla cun técnico deportivo , o Concello ten que acudir á contratación subvencionada ao abeiro do Programa de Cooperación coas obras e servizos municipais da Xunta de Galicia para a prestación do servizo de socorrismo na etapa estival xunto co veciño concello de Lourenzá.

Polo que respecta ao ximnasio e ao pabillón , non se contaba con persoal cualificado para controlar o seu uso e aproveitar as infraestructuras existentes para o fomento de unha vida saudable nos distintos sectores de idade ata o ano 2016 cando ao abeiro do programa depuemprego 2016 dispúxose de técnico cualificado, com óptimos resultados que xustifica a súa continuidade, o que se continuou no ano 2017 ao abeiro do mesmo programa.

O contrato de traballo concertaranse cunha duración determinada de 8 meses, rematando en todo caso o 30 de setembro de 2019 e a xornada parcial ( 50 %).

1.2. Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, pólas Bases do Plan Único provincial 2017 ( BOP 30/03/2017), polo establecido na Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, na Lei    2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables.

1.3. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición

1.4. A presente convocatoria e as bases, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello de Trabada así como na páxina web da Excma Deputación Provincial de Lugo, na páxina web do Concello e nun diario de maior tirada na provincia.

2. TIPO E DURACIÓN DO CONTRATO

2.1 O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo  2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro

3.-FUNCIÓNS

O obxecto do contrato laboral temporal que se celebren a resultas do proceso de selección estará integrado polas funcións propias de Técnico Deportivo realizando control de acceso e uso de ximnasio e pabillon, organización de actividades deportivas e saudables ( andainas, cursos, ..) e asesoramento a usuarios de infraestruturas deportivas municipais.En concreto, instrucción deportiva, aprendizaxe, animación, acondicionamiento físico, mellora da condición física, entrenamento ou preparación persoal, monitorización, control, guía, acompañamento e funcions análogas sobre o deportista/usuario se dita actividade non está enfocada á competición deportiva.

4.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes :

a) Nacionalidade:

a.1) Ter a nacionalidade española.

a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes.

b) Capacidade funcional:non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación.

c) Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

d) Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

e) Titulación: Posuír ou en estar en condicións de obter o título de Técnico Superior de animación de actividades físicas e deportivas (TAFAD) ou superior.

f) Acreditación do coñecemento da língua galega: Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

g) Será requisito indespensable que os aspirantes proveñan da situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

5. SOLICITUDES.

5.1. A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de  cinco  (5 ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun dirario de maior tirada na provincia de Lugo  e no taboleiro de anuncios do Concello.

Xunto  coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada:

a)     Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.

b)     Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

c)       Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

d) Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

e) Copia compulsada do título de Técnico Superior de animación de actividades físicas e deportivas (TAFAD) ou superior.

f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

6.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 3 días hábiles, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase no taboleiro de edictos da casa do Concello, sinalándose un prazo de tres (3 )días habiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Na publicación indicarase o nome e apelido, e DNI dos aspirantes, Para tal efecto, a estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva de admitidos e excluídos.

Unha vez transcorrido o devandito prazo, a Alcaldesa dictará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poideran derivar da súa participación no procedemento.

Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación.

7. TRIBUNAL CUALIFICADOR OU COMISIÓN DE VALORACIÓN

O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal.

A Alcaldesa nomeará por decreto os membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no  taboleiro de anuncios

Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente/a: Un funcionario/a de carreira ou persoal laboral pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Secretario/a: o da Corporación ou persoa que faga as súas veces.

Vogais: Tres funcionarios/as de carreira ou persoal laboral pertencentes a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Na designación dos membros do tribunal se garantirá a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferencia de un entrambolos dous sexos, ó ser a súa composición impar.

Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando de cada sesión acta, que se autorizará, coa signatura do secretario/a e co visto e prace do Presidente/a.

Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.

Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas. ( Categoria III, Anexo IV).

O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias.

8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test,  de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala. ( 0,30 por pregunta correcta)

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO  :non  terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba  da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a) Experiencia profesional. Máximo dous (2,5) puntos.

-Por servizos prestados para calquera administración pública como persona funcionaria de carreira ou interina ou contratada laboral fixo ou temporal, en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,10 puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

- Por servizos prestados em empresa privada , en postos da mesma ou superior categoría e no que se desenvolvan  tarefas ou funcións propias do posto que se convoca: 0,05 puntos por cada mes completo de servizo.

Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais. Asemade non se computarán os servizos prestados simultáneamente con outros igualmente alegados e a puntuación reducirase proporcionalmente nos prestados a tempo parcial, tomando como referencia corenta horas á semana.

Forma de acreditar os méritos alegados:

Para acreditar estes traballos as persoas interesadas deberán presentar unha copia compulsada do contrato de traballo ( ou certificación de empresa onde conste a categoria e o período de contratación ) , acompañado de informe de vida laboral . De non presentarse a citada documentación, ou se se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos.

b) Cursos de formación . Máximo un( 1,5) puntos.

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatoria e que foran convocados, impartidos ou homologados polas Administracións Públicas, Cámaras de Comercio e Colexios Oficiais.

Valoración dos cursos:

Ata 10 horas: 0,05 puntos.

Por cada curso de 10 a 25 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de 26 a 50 horas: 0,30 puntos.

Por cada curso de 51 a 75 horas: 0,45 puntos.

Por cada curso de 76 a 100 horas: 0,60 puntos.

Por cada curso de 101 a 200 horas: 0,75 puntos.

Por cada curso de máis de 201 horas: 1.00 punto.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares. A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas

Forma de acreditar estas situacións: segundo o establecido no punto 5 (Solicitudes).

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela

9. DESENVOLVEMENTO DA PROBA

O primeiro exercicio realizarase no prazo máximo de 20 días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con dous días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios o día, hora e lugar onde se celebrará a proba.

Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no lugar onde se realizou o exercicio.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización do  exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carnet de conducir…), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade.

Os/as aspirantes serán convocados en único chamamento, sendo excluídos da oposición os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As xustificacións ou probas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran.

Os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección.

Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, se estará o resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de personal de administración da Comunidad Autónoma de Galicia.

10. RELACIÓN DE APROBADOS.

O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios a puntuación total do proceso selectivo. En caso de empate de puntuacións se resolverá  a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos  no primeiro apartado, segundo e terceiro, sucesivamente..Se persiste o empate, resolverase por sorteo público.

Finalizado o proceso de seleccion elevarase ao órgano competente proposta dos  candidatos para a formalización dos correspondentes contratos laborais.

O tribunal non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato, o órgano convocante poderá requerir ao órgano de selección relación complementaria dos/as aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación.

A devandita relación complementaria poderá tamén servir para constituír unha lista de reserva para cubrir as baixas que se produzan durante o periodo de duración do plan “Depuemprego”.

11. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS.

Os/as candidatos propostos para seren contratados deberán achegar no prazo de cinco (5) días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentara anteriormente xunto coa instancias de participación:

1) Certificación médica actualizada na que se faga constar expresamente que a ou o aspirantes reúne a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. Esta certificación non poderá ter una antigúeidade superior aos  tres (3) meses anteriores ao dia de remate do prazo de presentación de instancias,acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

2) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social.

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que icorreran por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidato que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior.

12.- FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO.

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, a Sra. Alcaldesa resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo de duración determinada por un periodo de 8 meses,s endo en todo caso o data de remate o 31 de setembro de 2019 e a xornada parcial (50%).

13. IMPUGNACIÓN.

Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma poderán, asi como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas polos interesados e interesadas  nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas o e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa .

En Trabada, a 29 de agosto de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo.: Mayra García Bermúdez.

ANEXO I.-TEMARIO

TEMA 1.- A Constitución. Idea Xeral . A Corona. As Cortes Xerais.

TEMA 2.- O Goberno e a Administración. O Poder Xudicial.

TEMA 3.- As Comunidades Autónomas. A Administración Local. Organismos Autónomos e outros Entes Públicos.

TEMA 4.- A Comunidade Autónoma de Galicia . O Estatuto de Autonomía. O Parlamento de Galicia

TEMA 5.- Dereito Administrativo estatal e autonómico: idea xeral. Conceptos básicos do Dereito Administrativo: o acto administrativo e o procedemento administrativo. Recursos.

TEMA 6.- O persoal ao servizo das administraciones Públicas. Especial mención ao personal laboral. Dereito e deberes. Réxime disciplinario.

TEMA 7.- Saúde e actividade física. Efectos positivos e contraindicacións da actividade física. TEMA 8: Nutrición e actividade física. Tipos de actividade física e gasto enerxético.

Tema 9: Aspectos preventivos na práctica na actividade física e actuación en accidentes deportivos. Primeiros auxilios.

TEMA 10 .- CONCELLO DE TRABADA. Encuadre territorial e poboacional.

ANEXO I I a).-MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DUN (1) POSTO DE TRABALLO DE TÉCNICO DEPORTIVO DO CONCELLO DE TRABADA , EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE  CONCURSO-OPOSICIÓN.

D/ª.........................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº................................ con enderezo na R/..............................................................................nº....................piso................................................

C.Postal........................Localidade.................................................................................................

Municipio..............................Provincia......................Teléfono....................................

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Trabada para a contratación laboral temporal (contrato de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de 1 Técnico Deportivo .

DECLARO:

PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reuno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO.- Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ó Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas;

-no caso de ser nacional doutro Estado-, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ó emprego público.

TERCEIRO.- Que autorizo ó Concello do Trabada para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

CUARTO.- Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte:

(TACHAR O QUE PROCEDA)

  • Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente.
  • Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.
  • Declaración responsable, asinado pola ou pola aspirante, de non estar afectadada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separado /a do servizo de calquera das administración públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluto ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer función similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II.

No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada polo ou polo aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

  • Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.
  • Copia compulsada do título de título de Técnico Superior de animación de actividades físicas e deportivas (TAFAD) ou superior.
  • Tarxeta de demandante de emprego.

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE TRABADA

Os datos facilitados serán tratados nos ficheiros de datos dos expedientes e procedementos titularidade do CONCELLO DE Trabada para o exercicio das función e competencias atribuídas ó CONCELLO DE Trabada na lexislación vixente. Os INTERESADOS poderán exercer os dereitos establecidos na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, coas limitacións establecidas legalmente, ó tratarse de datos que obran nos expedientes e procedementos que xestiona a Administración Pública Municipal, no Rexistro Xeral do Concello, na dirección Rúa do Concello 15, 27865, Trabada ( Lugo) .

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 
BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL “PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ”. PDF Imprimir
Miércoles 19 de Septiembre de 2018 07:02

 

MODELO DE BASES XERAIS DA CONVOCATORIA UN ANIMADOR SOCIOCULTURAL “PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018 PLAN PROVINCIAL UNICO ”.

PRIMEIRO. Normas Xerais

O obxecto das presentes bases é a provisión, mediante concurso-oposición dun posto de ANIMADOR SOCIOCULTURAL, en réxime laboral para ser contratado como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento de Emprego do Plan Provincial Único 2018.

Esta colaboración se materializa a través da achega económica por parte da Deputacion Provincial de Lugo do 100% dos custes salariais e da Seguridade Social dos traballadores contratados, engadida a indemnización por fin de contrato.

Contrataráse a unha persoa desempregadas a media xornada por um período de oito meses e três semanas, baixo a modalidade de contrato de traballo temporal con clausulas especificas de traballos de interese social, a fin de dotar o servizo de animación sociocultural para promover a cultura entre o conxunto da veciñanza.

A tales efectos, aplícase o Convenio Colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural (BOE 168/2015 de 15.07.2015), e as retribucións brutas mensuais serán: Salario base: 481,05 euros, paga extraordinaria prorrateada : 80,33 euros. Total salario base mensual bruto: 561,38 euros.

As funcións que ten encomendadas son as seguintes: A realización de actividades de carácter socio-cultural dirixidas especialmente a nenos e nenas e a persoas da terceira idade. Colaborar e xestionar a organización das actividades de ocio municipais da programación anual do Concello e en xeral, aquelas que deriven do seu posto de traballo en función das directrices dos seus superiores.

SEGUNDO. Modalidade do contrato

O contrato laboral que se formalizará coas persoas seleccionadas será de duración determinada na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexilativo 2/2015, , polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro.

TERCEIRA. Condicións de admisión de aspirantes

1, Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os requisitos establecidos no artigo 56 do texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro:

a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 da texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro

b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.

c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao empregado público.

e) Titulación de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior. Ademáis deberá estar en posesión de calquera das seguintes titulacións, diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria

f) Será requisito indespensable que os aspirantes proveñan da situación de desemprego ou de mellora de emprego para os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% da xornada.

g) Estar en posesion do carnet de conducir B vixente.

h) Acreditación do coñecemento da língua galega: Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes.

i) Estar en posesión do carnét de manipulador de alimentos.

j) Estar en posesión do curso de primeiros auxílios en nenos e adultos.

2.- Os anteriores requisitos, deberanse posuír con referencia ao último día do prazo de presentación de solicitudes e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

3.- Será nulo o nomeamento dos que estean incursos nas causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

CUARTO. Forma e prazo de presentación de instancias

A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de cinco (5 ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

Poderanse, así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas .

1.- A solicitude para tomar parte nas correspondentes probas selectivas axustarase ó modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase á Sra. Alcaldesa do Concello de Trabada, no prazo de cinco (5 ) días hábiles contados dende a publicación do anuncio de convocatoria nun diario de maior tirada na provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello.

2.- Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación:

a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.

b) Declaración xurada de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.

c) Declaración xurada de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentencia firme.

d) Declaración xurada de non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

e) Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

f) Fotocopia da Tarxeta de demandante de emprego.

g) Copia compulsada do título de Bacharelato Superior, FP II, semellante ou superior e dos diplomas ou certificados: Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, Monitor de Actividades de Tempo Libre, Animación Sociocultural, Técnico/a de Animación Sociocultural ou Técnico/a de dinamización comunitaria que corresponda.

h) Fotocopia de todos os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en tódolos seus extremos no momento da presentación da instancia

i) Carnet de conducir tipo B vixente.

j) Fotocopia cotexada do Celga III, título de iniciación ou titulación equivalente , ou certificado orixinal expedido polos Centros educativos correspondentes

k) Fotocopia cotexada do carnét de manipulador de alimentos.

l) Fotocopia cotexada do curso de primeiros auxílios en nenos e adultos.

3.- As persoas candidatas poderán presentar o modelo de declaración xurada que se achega como Anexo III nas presentes Bases.

4.- Os erros de feito que puideran advertirse poderán ser emendados en calquera intre, de oficio ou a petición do interesado.

5.- As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes, podendo demandar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido no punto 1 desta base para a presentación de solicitudes, transcorrido o cal non se admitirá ningunha petición desta natureza.

QUINTO. Admisión de aspirantes

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución no prazo de tres días hábiles, declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Na devandita resolución, que se publicará na páxina web do Concello e no Taboeiro de Anuncios , e sinalarase un prazo de tres dias naturais s para corrección.

Na mesma publicación transcorrido o prazo de corrección aprobarase a lista de aspirantes con carácter definitivo, publicándose o anuncio na páxina web do Concello e Taboeiro de anuncios

SEXTA.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN

Consistirá en dúas fases:

1) PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO E ELIMINATORIO

Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 20 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I , durante un período de 30 minutos e determinado polo Tribunal, que se reunirá na data que se acorde no momento da súa constitución, aos efectos da elaboración do mesmo.

Esta proba terá carácter eliminatorio, e puntuarase de 0 a 6 puntos( 0, 30 x pregunta) sendo necesario acadar unha puntuación de 3 para superala.

O aspirante que non supere esta fase non pasará á seguinte.

2) CONCURSO :non terá carácter eliminatorio nin poderá terse en conta para superar a proba da fase de oposición. O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito:

A puntuación máxima total do concurso establécese en catro (4) puntos e serán o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles:

a)Formación Académica: Máximo 2 puntos.

Máster universitário: 2

Licenciatura ou Grado Univeristario: 1

Diplomatura Universitaria ou equivalente: 0,5.

b) Cursos de formación . Máximo 2 puntos.

Cursos de formación, recibidos e acreditados, cuxo contido esté directamente relacionado coas funcións propias da praza obxecto da convocatória.

Valoración dos cursos:

Por cada curso de 50 a 99 horas: 0,25 puntos.

Por cada curso de 100 a 199 horas: 0,50 puntos.

Por cada curso de 200 a 299 horas: 1 puntos.

Por cada curso de 300 a 399 horas: 1,5 puntos.

Por cada curso de 400 ou mais horas : 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetira a súa participación, e valorarase unicamente o de nivel superior ou avanzado .

Non se valorarán os cursos que non acrediten as datas de realización e as horas de duración. Así mesmo non se valorarán, os pertencentes a unha carreira universitaria, os de doutorado, os derivados de procesos selectivos e os diplomas relativos a xornadas, seminarios, simposios e similares. A formación complementaria acreditarase mediante título correspondente ou certificado da entidade/organismo que realizou a actividade formativa, orixinais ou fotocopias debidamente cotexadas .

Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias.

O Tribunal, en ningún caso, poderá valora o non achegado e probado polos e polas aspirantes na documentación aportada coa instancia solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para enmendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela.

SÉPTIMO .- TRIBUNAL DE VALORACION

O tribunal estará constituido por un número impar de membros, funcionarios/as de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un dos cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal.

A Alcaldesa nomeará por decreto os membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no taboleiro de anuncios

Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición:

Presidente/a: Un funcionario/a de carreira ou persoal laboral pertencente a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Secretario/a: o da Corporación ou persoa queo sustitúa.

Vogais: Tres funcionarios/as de carreira ou persoal laboral pertencentes a grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada.

Na designación dos membros do tribunal se procurará a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferencia de un entrambolos dous sexos, ó ser a súa composición impar.

Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando de cada sesión acta, que se autorizará, coa signatura do secretario/a e co visto e prace do Presidente/a.

Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal.

Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas. A tales efectos se entenderá que corresponden as cuantias da categoria II conformo o Anexo IV do citado Real Decreto.

O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias.

OITAVO. Cualificación

A cualificación final será a suma dos puntos obtidos na fase de oposición e a obtida na fase de concurso, aplicando no seu caso, os criterios de desempate acreditados e valorados polo Tribunal.

NOVENO. Relación de aprobados, presentación de documentos e formalización do contrato

Concluídas as probas, elevarase ao órgano competente proposta de candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

O órgano competente procederá á formalización dos contratos previa xustificación das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria.

DÉCIMO. Incidencias

As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Xurisdición competente para resolver as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato laboral será a Xurisdición Social.

Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpor polo interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Alcaldía, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo.

Publíquese esta convocatoria de probas selectivas e das súas correspondentes bases na páxina web do Concello e sexan remitidas á Oficina de Emprego de Ribadeo

No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local; o Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro;  o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2015, de 23 de outubro e os pactos de aplicación ao persoal funcionario e convenio colectivo do persoal do Concello.

En Trabada, a 29 de agosto de 2018.

A Alcaldesa,

Asdo.: Mayra García Bermúdez.

ANEXO I

ANEXO I.-TEMARIO

Tema 1

Concello de Trabada .   Encuadre territorial e poboación. Coñecemento do tecido económico e social e da distribución das parroquias do Concello de Trabada.

Tema 2

Animación sociocultural: Concepto, obxectivos, funcións, modalidades, relacion conconceptos

afíns. Animación cultural en equipo. Planificación do traballo, equipo de traballo. Conduta do

equipo.

Tema 3

A intervención en animación cultural. Momentos do proceso de intervención. Dinamización sociocultural. O Animador sociocultural: A súa formación e modos de actuación.

Tema 4

A infraestrutura para a práctica da animación sociocultural no Concello de Trabada.

Instalacións, espazos e equipamentos.

ANEXO II

INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN EN PROCESO DE SELECCIÓN

 

1.- POSTO DE TRABALLO Ó QUE ASPIRA: ANIMADOR SOCIOCULTURAL PROGRAMA FOMENTO DE EMPREGO 2018

2.- DATOS PERSOAIS:

...........................................      ...........................................    ……..............................

PRIMEIRO APELIDO                                        SEGUNDO APELIDO                                      NOME

............................................  ............................................    ………................................

DATA DE NACEMENTO               LUGAR DE NACEMENTO                    PROVINCIA DE NACEMENTO

..................................  ............................................................    .................................

DNI                                                         DOMICILIO                                                   CP E MUNICIPIO

.............................................   ...................................... ..............................................

PROVINCIA                                                TELÉFONO                                  CORREO ELECTRÓNICO

3.- DISCAPACIDADE

Non    /    Si (Grao ……..%)

4.- DOCUMENTACION QUE SE XUNTA

a.-Fotocopia do DNI

b.-Fotocopia de todos os documentos xustificativos de cumprir cos requisitos de admisión e dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.

 

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso ao  que se refire a presente instancia e declara que son certos todos os datos obrantes nela e que reúne as condicións esixidas nas Bases da devandita convocatoria que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

Lugar e data:  ………………………………………………………       Sinatura: ……………………………………………………………

SRA. ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA

ANEXO III

MODELO DE DECLARACIÓN XURADA

D./Dna. ………………………………………………………………………………………..………, con DNI ………………..……….…….., en relación coa oferta de emprego do Concello de Trabada de …………………………………………….……………….

DECLARO BAIXO XURAMENTO:

1. Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio das funcións públicas.

2. Non estar incurso/a en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

3. Non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidos na lexislación sobre a materia.

4. Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ao posto de traballo ao que opto.

6. Encontrarme na actualidade en situación de desemprego, inscrito/a como tal no Servizo Público de Emprego, e  dispoñible para o posto de traballo ofertado.

Lugar e data: …………………………………………………………….

Sinatura: ……………………………………………………………………

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Fin >>

Página 5 de 35
Sede electrónica
Infraestructuras, espacios naturales, arquitectura... conoce Trabada a través de imágenes
¿Qué tiempo va a hacer hoy en Trabada? Conoce la predicción meteorológica
Teléfonos de interés: Ayuntamiento 982 13 50 11 Centro de Salud 982 13 53 00

ENCUESTAS

¿Desde dónde visita nuestro portal web?
 
© Concello de Trabada